
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Física Nuclear e de Partículas
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: VAZQUEZ RAMALLO, ALFONSO
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O programa de doutoramento desenvólvese no prestixioso campo da Física Nuclear e de Partículas, que trata de coñecer a estrutura da materia mediante o estudo das súas compoñentes máis elementais en termos de núcleos, partículas e as interaccións entre elas. Este campo xerou nos últimos 50 anos unha grande variedade de aplicacións tecnolóxicas nos eidos da enerxía, medicina e industria en xeral. As liñas de investigación propostas no doutoramento son punteiras nos campos da física experimental nuclear e de partículas dos grandes aceleradores LHC do CERN ou do GSI, en eidos máis aplicados das radiacións ionizantes na medicina, industria e na física ambiental, na exploración do universo por medio de partículas e radiación de alta enerxía, na descripción da estructura dos hadróns e do confinamento dos quarks, nas teorías modernas de unificación das interaccións fundamentais, supersimetría, extensións do modelo estándar das partículas elementais e das teorías de campos integrables.
No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos. De ser o caso, os programas, a través da súa memoria, determinarán os complementos de formación, que deberán ser concretados para cada alumno pola CAPD, sen que poidan superarse os 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa. Os devanditos complementos de formación específica poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de becas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán aos efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. Esixirase un dominio intermedio da lingua inglesa. O devandito dominio será acreditado ante a CAPD mediante calquera certificación oficial (nivel intermedio: B1, TOEFL, Cambridge, Escola Oficial de Idiomas...). En caso de carecer de dita certificación oficial, a CAPD realizará as probas que considere oportunas: proba oral e/ou escrita e/ou entrevista persoal, para avaliar o coñecemento da lingua inglesa do alumno. Perfís de ingreso: En canto ás capacidades e aptitudes persoais dos estudantes, o perfil de ingreso recomendado correspóndese co dun estudante altamente motivado, interesado pola investigación en Física Nuclear e de Partículas e cuns niveis de curiosidade intelectual e creatividade adecuados para realizar investigacións de alta calidade. Perfil de ingreso sen complementos de formación: - De forma xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación serán: Máster en Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Científicas e Técnicas ofertado pola Universidade de Santiago. Perfil de ingreso con complementos de formación: RAMA DE CIENCIAS: Máster de Biotecnoloxía, Máster de Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases, Máster de Ciencia e tecnoloxía de Materiais, Máster de Enxeñaría Matemática, Máster en Fotónica e Tecnoloxías do Láser, Máster en Matemáticas, Máster en Química Avanzada, Máster en Química Teórica e Modelización Computacional, Máster en Técnicas Estatísticas. RAMA DE CIENCIAS SANITARIAS: Máster en Investigación Biomédica, Máster en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos. RAMA DE ENXEÑARÍA E ARQUITECTURA: Máster en Computación de Altas Prestacións, Máster en Tecnoloxías da Información. Todos eles ofertados pola USC. No caso doutras universidades, as titulacións con acceso directo serán por analoxía coas da Universidade de Santiago e/ou por áreas de coñecemento cuxa temática sexa acorde coa formación previa requirida, os obxectivos e as liñas de investigación adscritas ao Programa de Doutoramento. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento será o órgano que decida sobre a admisión directa ou condicionada do solicitante á superación duns complementos de formación en función da documentación aportada por este. Outros perfís: no caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a comisión académica avaliará de forma individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixirlles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS). No caso doutros perfís que non realicen Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dá acceso directo, que serán 12 ECTS. Alumnos con titulacións estranxeiras Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos.
Procedemento de admisión: 1. Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso e admisión poderán solicitar a admisión nun programa de doutoramento, para o que se establecerá un prazo de preinscripción. Dita solicitude presentarase no lugar que sinale a convocatoria. 2. Finalizado este prazo, a CAPD publicará a relación provisional de alumnos admitidos, coa súa correspondente lista de espera, de acordo cos criterios de selección establecidos no programa. Así, o proceso de admisión dos novos estudantes no presente Programa de Doutoramento completarase en base á valoración dos méritos achegados coa solicitude de matrícula por parte da CAPD. Para iso, teranse en conta: a) O expediente academico do solicitante (65%) b) Experiencia investigadora previa no ámbito da Física Nuclear e de Partículas (participación en proxectos de investigación, publicacións, congresos, etc.) (35%).
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html