
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Dereito
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: GARCIA RUBIO, MARIA PAZ
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento en Dereito é unha proposta sólida, ambiciosa e con vocación de futuro. Intégrase na Escola de Doutoramento Internacional da USC e é un Programa totalmente vinculado a esta Universidade, sen prexuízo de que deixa aberta portas á posibilidade de colaboración futura con outras institucións españolas ou estranxeiras coas que xa se posúen fortes vínculos que se especifican no Programa. O devir e o asentamento do Programa, así como a súa previsible fortaleza en canto ao número e calidade das teses doutorais que se dirixan, determinarán a concreción desas colaboracións. Tomando o concepto da propia Universidade, trátase dunha proposta que aglutina practicamente todas as ramas do Dereito. Esta opción fuxíu, ademais, dunha atomización de liñas de investigación en aras da consolidación de múltiples perspectivas en sete grandes liñas que permite dotar a esta etapa formativa dun enfoque superador da división en áreas de coñecemento favorecendo sinerxias entre grupos. Iso xa supuxo un primeiro compromiso por parte dos doutores participantes: o compromiso de definir esas liñas e atopar o común denominador con outros doutores de disciplinas non afíns. O compromiso de compartir esforzos que traducirase, sen dúbida, en beneficio dos doutorandos que poderán atopar entre os docentes do Programa non meramente a un titor e/ou director de tese, senón a un grupo de apoio eficaz para a boa fin do seu traballo de doutoramento. Esta opción aglutinadora tamén permite a suma de masa crítica e a exhibición duns resultados científicos solventes. O Programa vén avalado non só pola actualidade dun apoio financeiro importante, captado en convocatorias competitivas de distinto ámbito (autonómico, nacional e internacional), senón, quizais o máis importante, por unha traxectoria dos docentes e grupos que o integran que acredita que tal recoñecemento académico, científico e financeiro non é pasaxeiro, senón que ten asentadas raíces e unha sólida traxectoria. Con estas características, o Programa non pode senón ser ambicioso e ter unha vocación de permanencia no tempo de xeito indefinido. Todo isto, sen prexuízo da súa apertura á evolución, mellora e concreción de relacións estables con outras institucións.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formacón serán os estudos de Máster de natureza predominantemente xurídica ofertados pola USC, ou por outras universidades españolas ou europeas. - Estudantes co título de DEA obtido a través dos programas xurídicos da USC ou doutras universidades realizados segundo a normativa vixente no momento en que foron realizados. Outros perfís: - No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a CAPD avaliará de xeito individualizado cada caso, coa posibilidade de esixiles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS) en materias ou módulos de grao/máster de contido predominantemente xurídico. - No caso doutros perfís que non tivesen realizado Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dá acceso directo. - Os estudantes co título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente ao do título oficial español de Máster Universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en caso ningún, a homologación do título previo nin o recoñecemento para outros efectos que os de acceso a estas ensinanzas.
Criterios de valoración para a admisión: - Expediente académico das titulacións de grao e posgrao que dán acceso ao Doutoramento, valorado segundo a Normativa de calificacións e valoración dos expedientes académicos da USC (70%). - Recomendacións ou avais académicos (dúas cartas) (30%) Como criterios de calidade na admisión do alumnado establécese un límite de admisión de doutorandos por director/titor e ano. Preténdese garantir a atención necesaria ao alumnado polo que cada responsable de os labores de dirección poderá asumir un máximo de dous estudantes por ano en réxime de dedicación exclusiva ou catro no caso codirección.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html