
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Historia Contemporánea
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Forcadell Álvarez, Carlos
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
A Historia Contemporánea é unha área plenamente consolidada no ensino e na investigación universitaria. Máis aló dos límites das Humanidades, goza tamén dun crecente recoñecemento e interese notorio entre científicos e profesionais da macroárea científico-social. É así pola súa capacidade para explicar os tempos recentes e, en consecuencia, proporcionar ese depósito de experiencias imprescindibles para poder comprender o presente e afrontar a toma de decisións, así como para contribuír a forxar a memoria colectiva, ingrediente imprescindible de cohesión social. Está fóra de toda dúbida, pois, a transcendencia da Historia Contemporánea na articulación das sociedades actuais. Formular un Programa de Doutoramento neste eido está así mesmo xustificado pola necesidade de formar profesionais competentes en diferentes liñas de traballo. Os doutores en Historia Contemporánea formados neste Programa poderán integrarse, entre outros sectores socio-profesionais, no ensino universitario, en centros públicos e privados de investigación, en empresas da industria cultural, en empresas ou organismos públicos encargados da xestión do patrimonio cultural, en empresas e institucións de análise social e prospectiva ou en medios de comunicación. En todos estes sectores, polo menos, estarán capacitados para exercer funcións do máis alto nivel. Tamén está xustificado este Programa de Doutoramento pola necesidade de atender unha apreciable demanda, que vén avalada polas cifras de matrícula que mostran un sostido interese por doutorarse en Historia Contemporánea tanto por parte de estudantes españois como estranxeiros. Así pois, a traxectoria do Programa de Doutoramento Interuniversitario de Historia Contemporánea nos anos en que leva impartíndose demostra a demanda (neste caso non potencial, senón real) destes estudos de Doutoramento. Así mesmo, o futuro destes estudos está garantido polo progresivo incremento que se produciu nos últimos anos, nas diversas universidades participantes no Programa de Doutoramento, do número de estudantes matriculados no Grao de Historia.
O perfil de ingreso recomendado é o de estudantes que posúan as capacidades e coñecementos seguintes: En relación coas técnicas e métodos historiográficos e das ciencias sociais: Manexar as ferramentas teóricas das ciencias humanas e sociais. • Comprender en profundidade e analizar criticamente textos historiográficos e teóricos. • Coñecer os debates e tendencias da investigación historiográfica actual • Distinguir os métodos e obxectos de investigación nas diferentes ramas da historiografía • Manexar as técnicas de análise de fontes primarias • Saber efectuar unha lectura crítica das fontes secundarias • Aplicar a perspectiva histórica a contextos multidisciplinares ou a áreas de estudo diferentes. En relación coa autoaprendizaxe e o manexo da información: • Destreza para adquirir información de forma autónoma e integrar coñecementos de diversas disciplinas sobre un obxecto de es- tudo específico. • Habilidade para buscar, filtrar sintetizar os coñecementos historiográficos en soporte bibliográfico e en publicacións periódicas. • Saber utilizar os recursos dixitais dispoñibles na rede para recoller información, así como aplicar procedementos específicos para depurala • Habilidade para someter á crítica a información, elaborala e analizala empregando as técnicas aceptadas entre os historiadores. • Elaborar exposicións orais, escritas e audiovisuais sobre temas historiográficos. • Escribir ensaios académicos e informes profesionais sobre cuestións históricas En relación coa iniciación á investigación histórica: • Habilidade para realizar análise de situacións históricas complexas e saber diferenciar e integrar as diversas dimensións dun problema social. • Disposición teórica para a definición de temas de investigación relevantes para o desenvolvemento do coñecemento. • Capacidade para realizar estados da cuestión sobre problemas historiográficos e identificar liñas de investigación • Habilidade para contextualizar históricamente os fenómenos e os acontecementos contemporáneos. • Habilidade para comunicar os resultados dun traballo de análise ou de investigación a públicos especializados e non especializados, dun xeito claro e rigoroso • Saber delimitar un obxecto de análise e deseñar estratexias de investigación empírica sobre problemas históricos. • Capacidade para deseñar proxectos de investigación para presentalos en convocatorias de financeamento competitivas. En relación con coñecementos de linguas: • Coñecemento do español a nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. • Coñecemento do inglés a nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Os criterios de selección que aplicará a Comisión Académica serán os seguintes: 1. Expediente académico obtido nos anteriores estudos que dan acceso ao doutoramento.(ata 40%) 2. Currículo do candidato (ata 40%). Valoraranse especialmente: · As titulacións con competencias e coñecementos relacionadas coas áreas de especialización do Programa de Doutoramento. · As estancias académicas no estranxeiro realizadas no marco dos estudos de grao ou máster, en Universidades ou centros de investigación recoñecidos oficialmente. · A obtención de axudas ou bolsas de estudo competitivas nos niveis de grao e máster, especialmente as relacionadas coa área de especialización do Programa. 3. Nivel de coñecemento do inglés B2 ou doutras linguas relevantes no contexto científico do Programa. (ata 10%). 4. Entrevista persoal co candidato. Nela valorarase, a través de proba escrita ou oral, se fose preciso, a madurez intelectual do candidato, a súa capacidade de expresión oral ou escrita, a motivación para emprender estudos de doutoramento. (ata 10%).
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html