
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en historia, xeografía e historia da arte
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: REY CASTELAO, OFELIA
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Programa proposto pola maior parte da Facultade de Xeografía e Historia da USC para completar as súas tres titulacions, todas cunha acreditada traxectoria en docencia e investigación constatable na calidade dos Grupos de Investigación, no número de teses defendidas, de bolseiros e de proxectos de convocatorias competitivas, e nas relacións con institucións internacionais. Ofrécese aos doutorandos unha formación que os capacite para unha investigación básica e aplicada. Os ámbitos preferentes son: Expresións artísticas e procesos históricos; Historia económica e social; Cultura, relixión e sociedade; Patrimonio Arquitectónico e urbanismo; Análise e xestión do territorio e da paisaxe; Patrimonio cultural e natural; Arqueoloxía e cultura material; Poder e instituciones, e Estudios de Xénero. Estas liñas respostan a estándares internacionais e á investigación do profesorado, favorecendo o desenvolvemento de temas transversais e os enfoques multidisciplinares.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación serán: - Os ofertados pola USC nas áreas de Humanidades ou Ciencias Sociais, preferentemente "Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade", "Lecturas sobre a Cidade Histórica. Arte, Patrimonio Cultural e a súa Xestión"; "Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial"; "Monarquía de España". - Calquera Máster relacionado coas liñas de investigación do Programa, preferentemente en Humanidades ou Ciencias Sociais. - Ter superados 300 créditos ECTS de grao e posgrao, preferentemente en estudos de Humanidades ou Ciencias Sociais. - Alumnos co título de DEA obtido a través dos programas regulados polos RD 778/98 e RD 1393/2007. - Alumnos estranxeiros de acordo ás normas oficiais Dados os criterios de admisión establecidos e de que existirá un control dos CV dos candidatos/as por parte da CAPD, non se contemplan Complementos de Formación.
- Expediente académico 30% - Coñecementos de linguas 15% Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.) - Currículo 5% - Experiencia profesional 15% Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) - Experiencia investigadora 30% Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) - Outros méritos 5%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html