
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: SEIJO REY, MARIA BEGO�A
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos foi verificado positivamente polo Consello de Universidades (o 15 de xullo de 2009) e obtivo a Mención cara á Excelencia (MEE) á que puideron optar os programas de doutoramento que cumpren uns estándares de calidade moi esixentes, os cales logrou superar con éxito (MEE2011-0097), recibindo ademais a puntuación máis elevada de todos os programas de doutoramento da USC (puntuación obtida 93/100). Esta circunstancia fixo que a demanda de alumnos neste Programa aumente nos últimos anos, en particular no presente curso académico, o que demostra o seu interese para a sociedade. Asi mesmo, como índice da calidade do Programa, pódese destacar tamén o feito de que o Programa contou cun número estable e elevado de alumnos matriculados, sendo igualmente moi elevado o número de Teses Doutorais defendidas con niveis de calidade moi altos. Igualmente, débese sinalar o incremento paulatino no número de teses defendidas como Doutoramentos Europeos, o que loxicamente leva implícito por unha banda a realización de estancias de investigación en laboratorios doutras universidades europeas de recoñecido prestixio por parte dos alumnos de doutoramento pero, ademais, a necesidade tanto de someter o traballo realizado a un proceso de avaliación previo á defensa por parte de expertos internacionais, como de contar con expertos doutros paises no Tribunal encargado de xulgar o traballo realizado, sen esquecer que o acto de defensa debe facerse noutro idioma ademais do español. Durante todos estes anos, para elevar o nivel de calidade das actividades desenvoltas no programa, foi habitual contar coa colaboración de destacados profesores e investigadores externos, tanto de universidades como de laboratorios farmacéuticos, nacionais e estranxeiros e que, nalgúns casos, colaboran estreitamente cos profesores e investigadores integrados nos grupos de investigación encargados do desenvolvemento do Programa de Doutoramento. Para iso contouse tanto con financeamento procedente das axudas propias da USC asi como coas establecidas polo MEC para favorecer a mobilidade de profesores e alumnos en Programas de Doutoramento con Mención de Calidade. O Programa conta cunha ampla aceptación internacional, do que é proba a elevada porcentaxe de alumnos estranxeiros, na súa maioría procedentes de paises europeos e sudamericanos, que realizaron o seu doutoramento dentro do mesmo.