
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en investigación agraria e forestal
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Mosquera Losada, María Rosa
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O centro responsable deste programa é a Escola Politécnica Superior na USC e o Instituto Universitario de Xeoloxía na UDC. Ademais tamén se imparte nas Facultades de Biología e Veterinaria da USC e na Facultade de Ciencias da UDC. Este é un Programa marcado pola multidisciplinaridade en canto ás titulacións do profesorado e do alumnado xa que nel participan investigadores de catro departamentos distintos da Universidade de Santiago de Compostela (Produción Vexetal, Edafoloxía e Química Agrícola, Fisioloxía Vexetal e Botánica) e tres centros de investigación (Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, Estación Fitopatolóxica de Areeiro e Misión Biolóxica de Galicia) e dous centros da Universidade da Coruña (Instituto de Xeoloxía e Facultade de Ciencias) o que ofrece ao alumno un amplo abano para a elección da temática relacionada coa produción agraria e forestal de Galicia e da rexión bioxeográfica Atlántica de Europa. Entendemos que o elevado número de alumnos e teses doutorais, así como o grao de internacionalización do programa constitúe unha base sólida que garante o éxito do programa que xa obtivo a súa mención de calidade na súa adaptación ao RD 1993/2007. O interese do Programa de Doutoramento é manifesto, non só polo ámbito no que se enmarca: a investigación agraria, forestal e agroforestal, de gran importancia socio-económica, senón tamén pola necesidade de expertos con formación superior específica nestes ámbitos que inclúa unha perspectiva produtiva e medio ambiental, tal e como ofrece este Programa, que ademais de formar a estudantes de ámbito nacional ten entre as súas prioridades a formación de doutores de nacionalidade estranxeira que contribúan á mellor visibilidade do ensino español a este nivel. A implementación deste obxectivo alcanzarase a través dos diferentes programas de financeamento existentes no ámbito europeo e internacional, cuxas relacións contractuais xa existentes promocionaranse.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación será o Máster de Investigación Agraria e Forestal ofertado pola USC, ao incluir éste as materias que se describen nos complementos de formación. -alumnos que cursen os Másteres en "Enxeñaría en Agronómica" ou Máster en "Enxeñaría de Montes" entre as titulacións da USC e os Másteres de "Ciencias, Tecnoloxía e Xestión Ambiental", "Biotecnoloxía Avanzada", "Enxeñaría da Auga" e "Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega"entre as titulacións da UDC. - estudantes co título de DEA obtido a través dos programas “Investigación Agraria e Forestal” da USC. Otros perfís: No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixiles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS). NO caso doutros perfís que non realizaran Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dea acceso directo, que serán 60 ECTS. Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos.
Como requisitos e criterios de admisión específicos teranse en conta os seguintes aspectos nos que se fundamentará a selección e admisión dos estudantes: 1.- Avaliación do expediente académico no grao, enxeñaría ou licenciatura e nos estudos de máster ou posgrao oficiais. Puntuarase de 1 a10 puntos. 2.- Opcionalmente entrevista coa Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD). Servirá no caso de empate.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html