
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
As principais fortalezas desta proposta de Programa de Doutoramento céntranse na especialización en contidos que abranguen dende o coñecemento das arquitecturas de computación actuais e o seu uso, ata a intelixencia artificial e robótica, pasando polos sistemas distribuídos de información, ou a análise e síntese de información visual ou o deseño electrónico. Este Programa de Doutoramento permitirá dotar de continuidade á oferta curricular de ambas universidades e para manter o elevado nivel de investigación dos grupos que participan no Programa, recoñecido en múltiples convocatorias públicas e a través da avaliación da actividade investigadora dos seus membros. Salientar tamén o elevado número de titulados que cobren a demanda de profesionais con capacidade de investigación nas áreas TIC nas empresas e centros de investigación non só nacionais senón tamén a nivel internacional.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación serán os seguintes: -Universidade de Santiago de Compostela •Máster en Tecnoloxías da Información. •Máster en Computación de Altas Prestacións. •Máster en Enxeñaría Matemática. •Máster en Matemáticas. •Máster en Técnicas Estatísticas. •Máster en Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética. -Universidade da Coruña •Máster de Computación de Altas Prestacións. •Máster en Enxeñaría Informática. •Máster en Enxeñaría Matemática. •Máster en Técnicas Estatísticas. •Máster en Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Redes Móbiles. •Máster en Computación. •Máster en Enxeñaría de Sistemas Informáticos. Salientar que o perfil de ingreso máis idóneo para a maior parte das liñas de investigación corresponde ao s Máster de Tecnoloxías da Informacion da USC, Máster en Enxeñaría Informática da UDC e ao Máster en Computación de Altas prestacións, aínda que debido ás particularidades de cada liña os outros Másteres poderían axustarse perfectamente Tamén terán acceso sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Tecnoloxías da Información na USC o una UDC. No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixiles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS). No caso doutros perfís que non tivesen realizado Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais alomenos aos do Máster que dá acceso directo, que serán 60 ECTS.
- Expediente académico 30% - Coñecementos de inglés Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.) 10% - Curriculum 30% - Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 10% - Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 20%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html