
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Fernández Pérez, Josefa
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Termodinámica de Fluídos é un Programa científico-tecnolóxico definido a partir de dous conceptos, termodinámica (do grego forza da calor) e fluído como sistema material de traballo. As súas liñas de investigación se articulan a partir da enerxía, as súas transformacións, os fluídos de traballo e os procesos químicos e os seus obxectivos céntranse na eficiencia e sustentabilidade como alicerces do desenvolvemento tecnolóxico da sociedade. Os cinco grupos de investigación teñen unha extensa experiencia neste eido e levan anos colaborando na formación doutoral, o desenvolvemento de proxectos de investigación, a organización de simposios internacionais, e a difusión dos seus traballos en publicacións e comunicacións en congresos. O Programa enmárcase dentro da estratexia de investigación, transferencia e formación doutoral das catro universidades participantes dentro do contexto científico, académico, económico e social das tres comunidades autónomas ás que pertencen. A enorme variedade de necesidades e métodos de formación investigadora dos distintos ámbitos do coñecemento aconsella que as universidades utilicen un alto grao de flexibilidade na regulación destes estudos potenciando a colaboración de diversas entidades e organismos na formación doutoral. Nese sentido a Universidade potenciará a colaboración no doutoramento de todos os sectores sociais, particularmente das industrias, empresas e centros tecnolóxicos. O obxectivo que se persegue é colaborar na formación de bos investigadores e doutores que terán que liderar e cooperar no trasvase do coñecemento desde a Universidade cara á sociedade. Deste xeito promóvese un modelo de formación doutoral con base na universidade pero no que se integre de forma harmonizada a colaboración doutros organismos, entidades e institucións implicadas no I+D+i tanto a nivel rexional, nacional como internacional.
Os estudos de máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación deberán ter un perfil investigador nas ramas de ciencias e enxeñaría e cunha formación equivalente ao Máster en Investigación en Enxeñaría Termodinámica de Fluidos con respecto ao tema no que se vaia desenvolver a tese doutoral. Los complementos serán decididos pola Comisión Académica en cada Universidade participante.
Os criterios de selección para acceder ao Programa de Doutoramento en Enxeñaría Termodinámica de Fluidos serán os seguintes: - Estudos previos de carácter técnico ou científico nos ámbitos da Enxeñaría, Arquitectura, Física, Química/Bioquímica, Informática, Matemáticas ou similares. - Solicitude de admisión avalada por algún profesor do Programa para dirixir a tese doutoral do solicitante. - Baremarase o expediente académico. - Valorarase tamén o feito de que o candidato realizara mobilidade durante os seus estudos de acceso. - Coñecementos de idiomas con certificado oficial. - Calquera otro mérito que os candidatos manifesten e teña repercusión no desenvolvemento da súa tese doutoral. - Ter cursado un máster con perfil investigador e na temática das liñas de investigación do doutoramento.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html