
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Liñares Beiras, Jesús
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O programa de doutoramento en Láser, Fotónica e Visión recolle a experiencia docente e investigadora de diferentes grupos de investigación moi activos na área da óptica e especializados nos campos do láser, a fotónica a a visión. A finalidade do programa é a formación nestos campos, tanto nos seus aspectos máis fundamentais coma nas súas crecentes e espectaculares aplicacións, de científicos, técnicos e emprendedores internacionalmente demandados tanto no sector académico coma industrial. O Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbeto do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeneración, transmisión, detección, control e manipulación da luz e o desenvolvemento de tecnoloxías ópticas con aplicacións dun alto interés en múltiples e dispares sectores socio-económicos. Abrangue dende elementos que forman parte da vida cotián até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico, e está a ser de extrema importancia para os grandes retos científico-técnicos do século XXI e para o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribúen de forma directa aao progreso e á innovación.
Consideración xeral: non existen requisitos e criterios adicionais para a selección e admisión dos estudantes provenientes de másters oficiais con temáticas afines ao Programa de Doutoramento, por exemplo: o Máster Interuniversitario USC-Uvigo-UDC en "Fotónica e tecnoloxías do láser", Master Interuniversitario USC-U.Valladolid, U.Coimbra, U.Murcia, UCM,UMH,en "Investigación en Ciencias da Visión", Máster Uvigo -UdC en "Física Aplicada", Máster Uvigo en "Investigación en tecnoloxías e procesos avanzados na industria", Máster UPCUAB-UB-ICFO en "Fotonica", Master UCM "Tecnoloxías Opticas e da Imaxe", "Master USAL " Fisica e Tecnoloxias dos Laseres",Máster de Ciencia e tecnoloxía de materiais, Máster de Enerxías renovables, Máster de Enxeñaría matemática, Máster en Física Nuclear e de partículas e as súas aplicacións tecnolóxicas e médicas,e outras a determinar pola CAPD. Alumnos con Titulaciones Estranxeiras: Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión no programa de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos. A CAPD poderá establecer unha cota para alumnos con titulacións estranxeiras, podendo establecer e acordar, con anterioridade aos prazos de preinscrición, preadmisións condicionadas ao cumprimento dos requisitos e criterios de selección.
- Criterios específicos de admisión e o seu cómputo na cualificación global de admisión: aplicaranse os seguintes criterios específicos para a admisión no Programa de Doutoramento: a.- Expediente académico. Computará o 65% na cualificación global de admisión. b.- Curriculum Vitae: valorarase preferentemente formación e experiencias profesional e investigadora, e coñecemento de idiomas. Computará o 20% na cualificación total de admisión. c.- Entrevista Persoal: valorarase capacidades e motivación para o traballo científico. Computará o 15% na cualificación global de admisión. d.- En caso daqueles alumnos que procedan de Másteres cuxo contido non sexa afín ao Programa de Doutoramento, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos e que deberán ser concretados para cada alumno pola CAPD. Os devanditos complementos de formación corresponderán, como máximo, a 12 ECTS e a súa realización poderá ser simultánea coa matrícula en tutela académica. No caso de realizalos previamente, o alumno só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumno causará baixa no programa. Ditos complementos de formación específica poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de becas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán aos efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. e.- En canto ao grao de coñecemento do idioma Inglés é conveniente dispoñer de acreditación dun nivel intermedio B1 de devandito idioma (nivel establecido dentro do Marco Europeo de Referencia sobre Coñecemento de Linguas) e acreditado ante a CAPD mediante calquera certificación oficial (nivel intermedio: B1, TOEFL, Cambridge, Escola Oficial de Idiomas…). En caso de carecer de dita certificación oficial a CAPD realizará as probas que considere oportunas: proba oral e/ou escrita e/ou entrevista persoal, para avaliar o coñecemento da lingua inglesa do alumno, pero sempre se lle requirirá que se adquira dita certificación durante os dous primeiros anos do programa. f.- Recomendación complementaria: finalmente, como información e recomendación complementaria ao proceso normativo de acceso e admisión no programa de doutoramento, é conveniente indicar algúns aspectos sobre actitudes, capacidades, coñecementos previos, idiomas, etc, que se consideran moi recomendables para aqueles estudantes interesados no programa de doutoramento: Interese polas tarefas de investigación científico-técnica, en particular no ámbito do láser, a fotónica e a visión; Saber realizar procuras bibliográficas sistemáticas sobre algún aspecto científico-técnico concreto; Saber estruturar e desenvolver un traballo científico, tomando como base a experiencia adquirida no Grao e no Máster; Posuír coñecementos sobre óptica en xeral e láser, fotónica e visión en particular. Cantas máis materias, cursos, etc. haxa cursado o alumno relacionadas coa óptica máis fácil será o seu tránsito no programa; O idioma de traballo preferencial será o inglés. Un inglés científico considérase fundamental para o programa.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html