
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Lingüística
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Regueira Fernández, Xosé Luís
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Este programa reúne os equipos e os investigadores que forman o núcleo de referencia dos estudos lingüísticos no Sistema Universitario Galego, con investigadores de diferentes áreas de coñecemento e de diferentes linguas nunhas mesmas liñas de investigación. Esta cooperación entre diferentes áreas e disciplinas permite ofrecer unha formación máis aberta, con enfoques teóricos e metodoloxías actuais, ademais de permitir traballar con diversas linguas. Conta, ademais, coa colaboración dun número importante de expertos internacionais de relevo. Desta maneira, ofrece aos novos doutores unha formación completa e coherente, dentro dunha maior cooperación internacional e nun ambiente apropiado para o traballo multidisciplinar, consonte as demandas da sociedade actual. As liñas de investigación ofertadas no programa garanten tanto a formación avanzada en teoría gramatical e nas liñas xa consolidadas de investigación lingüística, como unha formación en liñas máis recentes, como lingüística de corpus, procesamento da linguaxe natural, lingüística aplicada, lingüística variacionista, entre outras.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación serán: -Calquera máster especializado en Lingüística ofertado por unha universidade española ou do EEES. - alumnos/as que realizaran o Máster en Estudos Lingüísticos, o Máster en Estudos Ingleses, actualmente ofertados na USC, ou aqueles que poidan implantarse no futuro como resultado da transformación dos actuais. - Alumnos/as procedentes dos másteres de Lingüística e as súas aplicacións (Univ. de Vigo e A Coruña) e de Lingua e Usos Profesionais (Univ. de A Coruña), ou aqueles que no futuro se implanten como resultado da súa transformación. - Titulados/as en másteres doutras universidades españolas e europeas con especialización en Lingüística,como os Másteres Universitarios en Lingüística Apicada e Adquisición de Linguas en Contextos Multilingües (Univ. de Barcelona), Lingua Española e Lingüística (Univ. de Oviedo), Lingua Española: Investigación e Prácticas Profesionais (Univ. Autónoma de Madrid), Español como Segunda Lingua (Univ. Complutense de Madrid), Ensinanza do Español como Lingua Extranxeira (Univ. de Salamanca), Ensinanza de ELE: Lingua,Cultura e Metodoloxía (Univ. de Granada), Estudos Superiores de Lingua Española (Univ. de Granada). - Estudantes co título de DEA obtido a través dos programas “Lingüística”, da USC, en "Lingüística Galega", interuniversitario da USC, UdC e UVigo. Outros perfís: no caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixiles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS). No caso doutros perfís que non realizaran Máster cumprirá unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos dos másteres que dean acceso directo, que serán 30 ECTS.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html