
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Matemáticas
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: GOMEZ TATO, ANTONIO
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento en Matemáticas posúe unha longa traxectoria nesta Universidade. En 2008, o Programa de Doutoramento obtivo a mención de calidade. Atópase en proceso de incorporación ao "Campus Vida" de Excelencia Internacional da USC. Os doutores formados crearon grupos de investigación que concorreron con éxito a convocatorias rexionais, nacionais e europeas de financeamento. As súas publicacións acadarón cotas de gran calidade e repercusión. Segundo o ránquin 2011 QS World University, a Universidade de Santiago figura entre as 200 mellores do mundo e segundo o da Universidade de Granada, é a primeira de España e está entre as cinco mellores europeas no rendemento investigador na especialidade de matemáticas. O Programa abrangue todas as ramas fundamentais da matemática: álxebra, análise, xeometría, topoloxía e astronomía, o que permite unha ampla oferta de formación para os estudantes.
-De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso neste Programa de Doutoramento sen complementos de formación serán: • Máster en Matemáticas • Máster en Enxeñaría Matemática • Máster en Técnicas Estatísticas Todos eles da rama de Ciencias ofertados pola USC. - Tamén terán acceso ao Programa sen complementos de formación os estudantes co título de DEA obtido a través dos Programas da Facultade de Mátemáticas da USC. - No caso doutras universidades, as titulacións con acceso directo serán por analoxía coas da USC e/ou por áreas de coñecemento cuxa temática sexa acorde coa formación previa requirida, os obxectivos e as liñas de investigación adscritas ao Programa de Doutoramento. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento será o órgano que decida sobre a admisión directa ou condicionada do solicitante á superación duns complementos de formación en función da documentación aportada. Outros perfís: No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixiles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS).
• Expediente académico 50% • Coñecementos de Inglés. Recomendables: Francés, alemán. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.) 5% • Currículo 20% • Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 5% • Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 20%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html