
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Marketing Político, Actores, e Institucións nas Sociedades Contemporáneas
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: MAIZ SUAREZ, RAMON
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento MARKENTING POLÍTICO, ACTORES E INSTITUCIÓNS NAS SOCIEDADES CONTEMPORANEAS insérese no ámbito da investigación en Ciencia Política, Administración Pública e Socioloxía, presentando ao alumno de doutoramento un escenario de investigación desde a construción de pensamento crítico así como de discusión, profundización empírica e teórica en problemas craves sociais e políticos, a formulación de cuestións relevantes de investigación e identificación dos baleiros de coñecemento no ámbito das ciencias políticas e sociais. Aínda que o programa permite a realización de teses doutorais en calquera ámbito das ciencias sociais e políticas, préstase unha atención especial aos actores, as institucións políticas, á xestión pública e á análise das políticas públicas, e insístese nos procesos de comunicación política e institucional, así como ás transformacións das sociedades contemporáneas e os seus sistemas políticos.
En canto aos criterios de admisión, no caso de que o número de preseleccionados non exceda do número de prazas de novo ingreso ofertadas polo programa de doutoramento, a Comisión Académica procederá á súa admisión. No caso de que o número de preseleccionados exceda do número de prazas de novo ingreso ofertadas polo programa de doutoramento para estudantes en réxime de tempo completo, a Comisión Académica procederá á súa admisión de acordo cos seguintes criterios, citados por orde de prevalencia: - Os titulados en calquera dos másteres que se imparten na Facultade de Ciencias Políticas da USC: Máster de Marketing, Consultoría e Comunicación Política da USC, Máster en Xestión Pública da USC, Máster en Xuventude e Sociedade, e Máster en Xestión das ONgs e da Cooperación Internacional (en proceso de acreditación). - Os titulados nun Máster en Ciencia Política, Administración e/ou Xestión Pública, Socioloxía ou Comunicación respecto de os demais. - Os graduados/licenciados en Ciencia Política e Administración, Xestión Pública, Socioloxía e Comunicación respecto de os demais. - Os graduados/licenciados en ciencias e disciplinas académicas vinculadas á Ciencia Política e da Administración respecto das demais. Baixo a denominación “ciencias vinculadas á Ciencia Política e Administración ou Xestión Pública” intégranse indistintamente todas aquelas con presenza nos Plans de Estudo dos Títulos de Grao en Ciencia Política e Xestión Pública das Universidades participantes.
A Comisión Académica terá en consideración os seguintes criterios: a) Expediente académico nos ensinos de Grao e Máster. Este criterio non poderá exceder do 50% da valoración total. b) Unha avaliación completa e exhaustiva do currículo académico, que non poderá exceder do 25% da valoración total. c) Unha avaliación dos méritos de especial relevancia ou significación en relación co programa de doutoramento solicitado, incluíndo a traxectoria profesional do solicitante, que non poderá exceder do 25% da valoración total. No caso de que houbese varios candidatos sobre os que non puidese establecerse ningún criterio de diferenciación, valorarase a preparación e motivación do estudante para acceder ao Programa de Doutoramento.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html