
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: BENEDITO CASTELLOTE, JOSE LUIS
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria provén da actualización daquel primeiro Programa de Doutoramento no Campus de Lugo denominado Introdución á Investigación en Patoloxía Animal (1989) ás distintas lexislacións estatais e autonómicas dos estudos de doutoramento, e que o seu fin fundamental foi formar doutores que puideran desenvolver os máis altos postos académicos, administrativos e profesionais; esta afirmación a confirman os excelentes currículos dos doutorandos egresados no noso Departamento. O Programa forma doutores pero tamén persoas, que saiban desenvolverse no amplo eido da Veterinaria, para desenvolver os seus coñecementos así como para obter no futuro outros novos, que permitan a estes doutores ser líderes e persoas de confianza nas grandes empresas, administración e educación. Todo iso conséguese facendo atrainte a busca do coñecemento xeral e específico, estimular a crítica e o buscar as solucións ao problema formulado. Todo isto baseado na comunicación e no respecto mutuo profesor - doutorando, e como é normal no currículo de cada un dos profesores que forman o claustro docente do doutoramento, recoñecido polos seus amplos méritos investigadores, docentes e asistenciais.
-Con carácter xeral, para o acceso ao Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinaria será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao en Veterinaria, Medicina, Farmacia, Bioloxía, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos u outros títulos que a Comisión Académica estude e considere aceptables e un título de Máster en Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria ou outro/s, que a Comisión considere equivalente. - Estar en posesión dun título oficial español de Grao en Veterinaria, con 300 créditos ECTS, que realizaran na materia Traballo de Fin de Grao un traballo de investigación, equivalente en valor formativo aos créditos en investigación procedentes dos estudos de Máster. De non existir a devandita equivalencia deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación específicos. A equivalencia será avaliada polo Comisión Académica do Programa de Doutoramento. - Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación polo Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster Universitario en Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria e que faculta no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. - Estar en posesión doutro título español de doutor en áreas equivalentes obtido conforme ás anteriores ordenacións universitarias.
Dentro dos criterios específicos e neste sentido a Comisión Académica do Programa de Doutoramento solicitará ao candidato a documentación complementaria necesaria (Currículo e expediente académico do título universitario e do máster ou doutros estudos académicos dos que puidera estar en posesión o futuro doutorando), e reunirase para valorar aos candidatos, emitir un informe razoado de afinidade e determinar cales son os candidatos aceptados e rexeitados. No caso de que a proposta ou o informe presenten incertidumes, oirase ao candidato e ao titor/director proposto ante a Comisión. A valoración dos criterios específicos será a siguiente: .- Expediente académico persoal (ata 10 puntos) .- Currículo (ata 10 puntos) .- Proposta de proxecto de tese (ata 20 puntos) .- Coñecemento de inglés (ata 5 puntos) Neste proceso seguiranse os procedementos establecidos pola Universidade de Santiago de Compostela para garantir os principios de igualdade de oportunidades e transparencia.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html