
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Medicina Molecular
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: VIDAL FIGUEROA, ANXO
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa pretende continuar coa formación de calidade de investigadores no ámbito das bases moleculares das enfermidades humanas. A investigación en saúde humana é un eixe prioritario dos distintos programas de xestión do coñecemento e a innovación, tanto no ámbito autonómico, como estatal e europeo. En particular, o estudo das bases celulares, moleculares e xenéticas das enfermidades humanas é un dos campos que experimentaron unha expansión máis forte nos últimos anos. Estes estudos son unha fonte constante de información relevante para o coñecemento das patoloxías humanas, contribuíndo decisivamente a mellora en diagnóstico, pronóstico e tratamento, aspectos todos que se beneficiaron directamente da irrupción das técnicas moleculares na medicina. Así pois, existe unha elevada necesidade de formar investigadores cualificados nestes ámbitos, que nutran os ámbitos académico, sanitario e biotecnolóxico. O principal obxectivo formar, cunha formación investigadora de calidade baixo estándares internacionais, estudantes para que realicen unha tese doutoral no estudo das bases moleculares das enfermidades humanas, nunha contorna de investigación básica e traslacional de excelencia científica. Ao acabar os seus estudos de doutoramento, os estudantes adquirirían as competencias básicas e as destrezas e capacidades do artigo 5 do RD99/2011.
De forma xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramentos sen complementos de formación serán os Máster da USC: -Investigación Biomédica (P2061) - Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (P2101) -Neurociencia (P2012) -Biotecnología (P1022) No caso doutro tipo de perfís de acceso diferente, a CAPD avaliará de forma individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixir aos alumnos complementos de formación (como máximo ata 15 créditos) de entre as materias ofertadas polo Máster de Investigación Biomédica. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa. Tamén terán no programa acceso sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos Programas da USC - Medicina Molecular - Ciencias Forenses e Patoloxía - Bioquímica e Bioloxía Molecular -Interuniversitario en Endocrinoloxía - Bioloxía Celular No caso doutro tipo de perfís de acceso diferente, a CAPD avaliará de forma individualizada cada caso. No caso doutros perfís que non realicen Máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dá acceso directo, que serán 60 ECTS. Os alumnos deberán acreditar un coñecemento de lingua inglesa de NIVEL B1 do Marco Común Europeo de Referencia sobre Coñecemento de Linguas, ou equivalente.
1. Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso e admisión poderán solicitar a admisión nun programa de doutoramento, para o que se establecerá un prazo de preinscripción. Dita solicitude presentarase no lugar que sinale a convocatoria. 2. Proceso de selección: A CAPD seleccionará aos alumnos en base aos seguintes criterios específicos: 1. Preacordo de titorización cun profesor do programa. 2. En caso de non existir un preacordo, a CAPD concertará unha entrevista persoal co candidato, á que poderán asistir, previa invitación da Comisión, os profesores do PDMM. 3. Expediente académico e Curriculum Vitae. A valoración realizarase de acordo ao seguinte baremo: · Preacordo de titorización ou entrevista persoal: ata 6 puntos · Valoración do expediente e curriculum: ata 4 puntos Para ser admitidos no PDMM, os candidatos deben obter polo menos 5 puntos na valoración de criterios específicos.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html