
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en enxeñaría e ciencias aplicadas
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: BERMUDEZ DE CASTRO LOPEZ-VARELA, ALFREDO
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Na actualidade, coa rápida evolución da enxeñaría e as ciencias aplicadas, ponse de manifesto a necesidade de formar especialistas no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, de maneira que, neses ámbitos se impulse desde a Universidade a transferencia do coñecemento e a incorporación de doutores aos departamentos de I+D+i, cunha formación encamiñada a optimizar procesos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar novas tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación medioambiental, etc. Este programa pretender cubrir esas necesidades. A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa ponse de manifesto na produtividade científica dos grupos de investigación responsables, valorable, por exemplo, en términos de sexenios de investigación, teses dirixidas e publicacións en revistas do JCR. A oferta proposta adecúase á actuación consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Consideramos que a oferta formativa que propoñemos aporta á contorna local unha especialización única desde a educación pública.
No caso de que o alumno careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos. De ser o caso, a CAPD determinará os complementos de formación que deberán ser concretados para cada alumno, sen que poidan superarse os 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica, no programa. En caso de realización simultánea o alumno deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. En caso de ser previa, só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumno causará baixa no programa. Os devanditos complementos de formación específica poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de becas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non se computarán aos efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doctorado. PERFÍS DE INGRESO: Perfil de ingreso sen complementos de formación: De forma xeral os estudos de máster que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación serán: Máster en Enxeñaría Matemática ofertado pola USC, UDC e Uvigo, ou aquel que o substitúa. Tamén terán acceso sen complementos de formación os estudantes co título de DEA obtido a través do programa “Programa de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas” na USC, UDC e Uvigo OUTROS PERFÍS: En caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de forma individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixir complementos de formación de materias do “Máster en Enxeñaría Matemática” ofertado pola USC, UDC e Uvigo, ou no que este continúe (como máximo ata 15 ECTS). En caso doutros perfís que non realicen un máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, en número non inferior aos do máster que dá acceso directo, é dicir, 60 ECTS. Alumnos con titulacións estranxeiras: Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que ademais faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos.
Requisitos e criterios adicionais para a selección e admisión dos estudantes: No momento de solicitar a admisión, o alumno debe presentar un anteproxecto de tese avalado por un doutor que cumpra os requisitos para ser director. Con este fin, daranse facilidades aos solicitantes para que se poñan en contacto cos profesores do programa. Este anteproxecto de tese será analizado pola Comisión Académica do programa, que deberá dar o seu visto bo para a admisión en función desa análise e do currículum vítae do alumno, tendo presente en todo caso o seu expediente académico. Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso poderán solicitar a admisión no Programa de Doutoramento, para o que se establecerá un prazo de preinscrición. Dita solicitude presentarase de acordo co procedemento que sinale a convocatoria. Finalizado este prazo, a CAPD publicará a relación provisional de alumnos admitidos, coa súa correspondente lista da espera, de acordo cos criterios de selección establecidos.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html