
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Neurociencia e Psicoloxía Clínica
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: CADAVEIRA MAHIA, FERNANDO
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Desde o punto de vista científico, o Programa de Doutoramento proposto pretende formar investigadores primando a interdisciplinariedade e abranguendo áreas da neurociencia básica, aplicada e a psicoloxía clínica e a psiquiatría. Entre os maiores retos da investigación está chegar a entender o funcionamento do cerebro, dende o substrato molecular ata as bases da memoria, a intelixencia e a acción consciente; os mecanismos que as sustentan, e as estratexias de intervención máis axeitadas para mellorar a saúde e a calidade de vida. Con este obxectivo, o Programa inclúe investigadores adscritos a diferentes áreas de coñecemento, encadradas nos eidos de especialización da neurobioloxía, a neurociencia cognitiva, a psicoloxía clínica e a psiquiatría, tal como reflicte a denominación proposta e recollen as liñas de investigación incluídas. Preténdese, xa que logo, proporcionar a formación técnica e os coñecementos específicos para a investigación nos ámbitos incluídos na proposta e facilitar un marco de interrelación con outros doutorandos que fomente a interdisciplinariedade. Proponse fomentar un espazo científico integrador de carácter multidisciplinar, que aborde o estudo do cerebro dende un punto de vista morfolóxico, estrutural, funcional, computacional, e do desenvolvemento, ademais da súa relación recíproca con variables psicosociales, co fin de entender o comportamento humano para facilitar o desenvolvemento de estratexias preventivas e terapéuticas para as principais enfermidades neurolóxicas e trastornos psiquiátricos. O estudo do sistema nervioso en xeral e do encéfalo humano en particular é unha das liñas prioritarias de investigación en todo o mundo. Un dos maiores retos da investigación é descubrir os misterios do cerebro, dende o funcionamento das pequenas moléculas que o forman, ata as bases da memoria, a intelixencia, a vontade e a súa interacción co medio. O coñecemento do sistema nervioso permitirá combater as enfermidades que o afectan e mellorar a calidade de vida.
Para a admisión no Programa será requisito estar en posesión dun título de Máster Universitario oficial en Neurociencia, en Psicoloxía Clínica e da Saúde, en Psiquiatría ou doutros másteres do ámbito biomédico, ou de formación sanitaria especializada (dous anos avaliados positivamente) en áreas relacionadas co máster (Psicoloxía, Psiquiatría, Neuroloxía, ...) así como outras titulacións consideradas equivalentes a xuízo da Comisión Académica do Programa de Doutoramento. Tamén poderán ser admitidos, previo informe da CAPD, diplomados, licenciados e máster con experiencia e/ou intereses específicos nas distintas áreas de coñecemento da Neurociencia, sempre que cumplan os requisitos xerais de acceso ao doutoramento. Aqueles que non acrediten as competencias esixidas para o acceso ao Programa terán que cursar complementos de formación. Os/as estudantes que accedan ao Programa deben: ·Ter coñecemento das bases da organización e funcionamento do sistema nervioso. ·Ter competencias a nivel de máster no manexo de alomenos algunha das técnicas de investigación utilizadas na área da neurociencia e do estudo da conduta normal e patolóxica. ·Ter competencias a nivel de máster no desenvolvemento e posta a punto de protocolos de investigación de utilidade no eido da neurociencia e do estudo da conduta normal e patolóxica. ·Ter competencias a nivel de máster na obtención, análise e explotación de datos científicos. ·Ser capaz de aplicar os coñecementos á resolución de novos problemas. ·Ser competente para a integración de datos e a interrelación con outros científicos pertencentes a distintos ámbitos da neurociencia. ·Ter competencias a nivel de máster na comunicación científica oral e escrita. ·Ser capaces de adoptar perspectivas éticas na aplicación do seu coñecemento. ·Ter coñecemento avanzado de alomenos unha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma (galego,castelán),así como coñecementos de inglés suficientes para manexarse nesta lingua (nivel B1)
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html