
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Medio Ambiente e Recursos Naturais
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: MACIAS VAZQUEZ, FELIPE
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
A oferta proposta adecúase á actuación prevista na liña estratéxica 1, consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. A USC debe aproveitar as oportunidades que brinda a calidade na súa investigación, promovendo o vínculo entre docencia e investigación, baixo a coordinación do Centro de Posgrao e a Escola Internacional de Doutoramento. Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Procurouse establecer colaboracións con investigadores e centros estranxeiros, que nun futuro poderían ampliarse á creación de titulacións interuniversitarias.
Na memoria de verificación e na oferta dos programas poderán establecerse requisitos e criterios adicionais para a selección e admisión dos estudantes. No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos. De ser o caso, os programas, a través da súa memoria, determinarán os complementos de formación, que deberán ser concretados para cada alumno pola CAPD, sen que poidan superarse os 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa. Os devanditos complementos de formación específica poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de becas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán aos efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. Requirirase un nivel B1 de coñecemento da lingua inglesa segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos.
Poden acceder directamente ao doutoramento os alumnos que obteñan un máster no medio AMBIENTE E RECURSOS NATURAIS ou de ENXEÑARÍA AMBIENTAL da USC, así como os alumnos procedentes doutros títulos de máster que sexan considerados afines pola Comisión Académica do doutoramento no medio AMBIENTE E RECURSOS NATURAIS. En todo caso a admisión será realizada e publicada pola Comisión Académica do doutoramento sendo admitidos os próximos anos os alumnos que presenten unha titulación similar á aprobada nalgún caso. A Comisión académica poderá propoñer a realización de complementos de formación ata un máximo de 15 créditos ECTS con materias obrigatorias do Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais. Os complementos formativos específicos serán as materias obrigatorias do Máster de Medio Ambiente e Recursos Naturais que o alumno non cursara e lle sexan recomendados polo seu titor ou a Comisión Académica. Os criterios de admisión específica basearanse no expediente académico (40%), a experiencia investigadora (40%) e a experiencia profesional (20%).
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html