
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en nanomedicina
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Domínguez Puente, Fernando Ignacio
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
A nanomedicina é unha área emerxente de gran importancia estratéxica que se espera xogue un papel relevante no desenvolvemento, deseño e fabricación de novos equipos e materiais para o diagnóstico, tratamento e prevención de enfermidades. Este é un Programa de Doutoramento de nova creación que enfatiza a necesidade dunha abordaxe multidisciplinar da nanomedicina. Os profesores do mesmo, procedentes de aéreas moi diversas, participaron conxuntamente no programa de investigación CONSOLIDER Nanobiomed e posteriormente na Rede Galega de Nanoteconoloxía onde se demostrou o fructífero que resulta a colaboración entre profesionais de distintas disciplinas á hora de desenvolver novas iniciativas no eido da nanomedicina. Para iso as tres universidades galegas suman forzas co Instituto Iberico de Nanotecnoloxía sito en Braga,centro de referencia europeo en nanotecnoloxía e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, centro de referencia de Galicia en diagnóstico xenético, para a implantación deste programa
Requisitos específicos de acceso: Poderán acceder os alumnos procedentes de Licenciaturas/Graos de Medicina, Bioquímica, Física, Farmacia, Química, Bioloxía, Enxeñarías e outros estudos relacionados coas ciencias da saúde, que teñan cursado un máster tendo preferencia para o acceso aqueles que teñan cursado algún dos seguintes másteres, ou outros similares a xuízo da Comisión Académica: USC: - P2061 Investigación Biomédica. - P2101 Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos. - P1091 Ciencia e Tecnoloxía de Materiais. - P1033 Química Avanzada. UDC: - Ciencias, Tecnoloxía e Xestión Ambiental. - Neurociencias. - Bioloxía Celular, Molecular e Xenética. UVigo: - Química Avanzada. - Ciencia e Tecnoloxía de Interfases. - Metodoloxía e Aplicacións en Bioloxía Molecular. No caso de estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) obtido de acordo co disposto no RD 778/98 ou ter acadado a Suficiencia Investigadora segundo o regulado polo RD 185/85 deberán telo cursado en Programas de Doutoramento afíns. A Comisión Académica poderá establecer a necesidade de cursar complementos de formación ata un máximo de 15 ECTS. A realización destes complementos será previa ou simultánea á matrícula na tutela académica no Programa. No caso da realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no Programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos e non asinará o Compromiso de Supervisión ao que fai referencia o artigo 31 do Regulamento de Estudos de Doutoramento nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación
a) Valoración curricular: 70% b) Entrevista Persoal pola Comisión Académica: 25% c) Valorarase o nivel de inglés a través dunha entrevista persoal e terase en conta a posesión do/s título/s dos coñecementos de inglés acreditados por organismos oficiais: 5%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html