
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Ciencias Agrícolas e Medioambientais
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: MERINO GARCIA, AGUSTIN
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta: Anual
Réxime de estudos: Tempo completo
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
Obxectivos: O obxectivo principal é a formación de investigadores/as cunha sólida base científica en aspectos relacionados coa agricultura, o medio ambiente, a biodiversidade, os usos do chan e os recursos naturais, os riscos ambientais etc, no contexto iberoamericano. A preparación cualificada en métodos e técnicas de inventario, análise e xestión, aportarán solucións aos retos do manexo e a produción sustentable dos territorios con vocación agrícola, forestal e de conservación, ao mesmo tempo que contribuirán á prevención de desastres naturais. O contexto da formación do programa é de ámbito internacional, potenciando as colaboracións entre Europa e América Latina, contribuíndo á construción do Espazo Educación Iberoamericano. O programa tamén potenciará a formación en xestión da investigación, con especial énfase en proxectos de investigación aplicada e cooperación ao desenvolvemento. Descrición: O Programa de Doutoramento internacional en "Agricultura e Medioambiente" proporciona aos/as estudantes as ferramentas metodolóxicas avanzadas para a investigación tanto básica como aplicada. Como resultado dun convenio entre as universidades participantes, estes estudos conducen á obtención do título oficial de Doutor Conxunto expedido pola USC e a USAC, e que, polo tanto ten validez plena na UE e en Centroamérica. O título constitúe o título de maior relevo académico dentro do noso sistema educativo. Trátase dun programa interuniversitario, compartido por especialistas de diferentes disciplinas, que contan con ampla e recoñecida actividade investigadora. A participación de directores de diferentes países proporciona unha formación global.
Como requisito xeral de acceso deberán estar nun dos supostos do artigo 6 do RD 99/2011 ou da disposición adicional segunda do devandito RD Como criterio/requisito específico: Deberán ter cursado algún dos seguintes máster/es da USC: Medio Ambiente e Recursos Naturais, Investigación Agraria e Forestal, Biodiversidade e Conservación do Medio Natural, Máster Enxeñaría Agronómica (ofértase por primeira vez no curso 2012-2013), Máster Enxeñaría de Montes (ofertáse por primeira vez no curso 2012-2013) ou da USAC: Xestión Ambiental Local, Fruticultura, Manexo sustentable de Solos e Augas, Comercio Internacional de Produtos agrícolas, asociados a este Programa de Doutoramento ou outros estudos do mesmo nivel e rama de coñecemento. No caso de estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) obtido de acordo co disposto no RD 778/1998, ou ter acadado a Suficiencia Investigadora segundo o regulado polo RD 185/1985, deberán telo cursado en programas de doutoramento afíns á agricultura ou ao medio ambiente. Para outros másteres a Comisión Académica informará sobre a adecuación do mesmo como acceso ao doutoramento. Poderanse esixir complementos de formación específicos para todos os alumnos ou para un grupo deles. Os estudantes que cumplan cos requisitos anteriores poderán acceder ao Programa de Doutoramento sendo a Comisión Académica a encargada de verificar o cumplimento dos requisitos anteriores para a admisión do doutorando
CRITERIOS DE ADMISIÓN 1. Presentación dunha proposta de Proxecto de Tese doutoral na que se describan os obxectivos,xustificación da adscrición a unha liña de investigación, metodoloxía, resultados previstos e recursos necesarios para a súa elaboración, titor e director de tese propostos, e informe do director de tese proposto. A Comisión valorará a afinidade da proposta co perfil do Programa, así como a viabilidade e interese científico. 2. No caso de que a Comisión Académica o requira, poderase realizar unha entrevista persoal co candidato, co obxecto de aportar máis información sobre a súa formación previa, ou para determinar as posibles necesidades de formación complementaria a incluir no seu documento de actividades. Neste sentido a Comisión Académica do Programa de Doutoramento solicitará ao candidato a documentación complementaria necesaria (Currículo e expediente académico do título universitario e do máster), e reunirase para valorar aos candidatos, emitir un informe razoado de afinidade e determinar cales son os candidatos aceptados e rexeitados. No caso de que a proposta ou o informe presenten incertidumes, oirase ao candidato e ao director proposto ante a Comisión. A valoración dos criterios específicos será a seguinte: - Expediente académico persoal (ata 10 puntos) - Currículo (ata 10 puntos) - Proposta de proxecto de tese (ata 20 puntos) - Outros (ata 5 puntos) A Comisión poderá considerar tamén outros aspectos recollidos nos obxectivos do doutoramento, como é o coñecemento en aspectos de xestión de cooperación ao desenvolvemento, ou a repercusión da investigación de países en desenvolvemento. Igualmente, valorarase positivamente que o candidato pertenza ao cadro de persoal docente e estea exercendo a docencia nunha universidade localizada nun país en desenvolvemento.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html