
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Álvarez López, Carlos José
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento "Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil" ten como antecedente o Programa de Doutoramento do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela, que obtivo a Mención cara á Excelencia para o período 2011-2014. No Programa están enmarcadas 14 liñas de investigación e 46 doutores apoiados polos grupos de investigación do Departamento de Enxeñaría Agroforestal. En concreto podemos mencionar as seguintes: Xestión Forestal. Proxectos e Planificación. Construción Rural Sostible. Xestión da Auga. Aforro e eficiencia Enerxética. Fotogrametría e teledetección. Enxeñaría civil e marítima. Deseño de produtos agrarios e alimentarios. Simulación Numérica en Estruturas. Xestión de frondosas autóctonas para tonelería. Mecanización Agraria. Enxeñaría da Produción de Leite O Programa conta con convenios e colaboracións con entidades de investigación, o que asegura , tanto para doutores como doutorandos, unha potencial mobilidade en España e no estranxeiro. Esta titulación pretende dotar o medio rural de profesionais cunha adecuada capacidade de diagnose dos problemas existentes e coñecementos para resolvelos desde a investigación aplicada propia do campo da Enxeñaría, para contribuír ao desenvolvemento rural, facendo especial fincapé na investigación, desenvolvemento e transferencia de resultados. Consideramos que con esta titulación dáse unha resposta a unha demanda crecente de profesionais e investigadores aplicados, xa que se pretende proporcionar aos estudantes unha formación científica e tecnolóxica avanzada e de calidade
Perfil de ingreso recomendado: • Máster Universitario en Enxeñaría Agrónoma. • Máster Universitario en Enxeñaría de Montes. • Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos. • Máster Universitario en Enxeñaría en Xeodesia e Cartografía. Perfil de ingreso sen complementos de formación: • Máster Universitario en Enxeñaría Agrónoma ofertado pola USC. • Máster Universitario en Enxeñaría de Montes ofertado pola USC. • Máster Universitario en En Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos ofertado por calquera universidade española. • Máster Universitario en Enxeñaría en Xeodesia ofertado por calquera universidade española. • Graduados en calquera titulación de enxeñaría e arquitectura que cursaran un máster oficial da rama de enxeñaría. • Estudantes co título de DEA obtido a través do programa “Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural” da USC ou en calquera outro a xuizo da Comisión Académica. No caso de estudantes con perfis diferentes aos descritos anteriormente a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso considerándose a posibilidade de esixiles a realización de complementos de formación (máx. 15 ECTS). No caso de alumnos que non tivesen realizado un máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dea acceso directo, que serán 15 ECTS. O Programa de Doutoramento estableceu os seguintes complementos de formación para os seus potenciais alumnos en función da súa titulación de procedencia. É destacable que a Comisión Académica do programa, para cada caso concreto, realizará a interpretación das seguintes normas xerais: • Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Enxeñeiro Xeodesta e Enxeñeiro de montes NINGÚN • Graduados en Enxeñeiro Agricola, Graduados en Industrias Agroalimentarias, Graduados en Enxeñaría Civil, Graduados en Topografía e Xeomática, Graduados en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Master Oficial da rama de Enxeñaría NINGÚN • Graduado en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural; Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría 6,0 ECTS do Módulo Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural do Máster Ing. Agrónomo • Graduado en Enxeñaría en Industrias Agroalimentarias; Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría 6,0 ECTS do Módulo de Tecnoloxías Agroalimentarias do Máster Ing. Agrónomo. • Graduado en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría 6,0 ECTS do Módulo de Industrias e Enerxías Forestais do Máster Ing. Montes • Graduados en Topografía e Xeomática; Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría 6,0 ECTS do Módulo Especialidade en Agroenxeñaría do Máster Ing. Agrónomo • Graduados en Enxeñaría Civil; Máster Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría 6.0 ECTS do Módulo Especialidade en Agroenxeñaría do Máster Ing. Agrónomo. • Graduados noutras enxeñarías e arquitectura; Máster Oficial de Profesións Reguladas NINGÚN • Graduados en outras enxeñarías e Arquitectura; Máster Oficial da rama de Enxeñaría NINGÚN • Graduados noutras enxeñarías e Arquitectura; Master Oficial que NON sexa da rama de Enxeñaría 6,0 ECTS do Módulo Especialidade en Agroenxeñaría do Máster Ing. Agrónomo • Graduados en Ciencias Experimentais e Sociais; Máster Oficial da rama de Enxeñaría 10,0 ECTS, con dúas posibilidades: A )- 3 ECTS do Módulo de Tecnoloxía e Planificación do Medio Rural, 4 ECTS do Módulo de Tecnoloxía da Produción Vexetal e Animal, e 3 ECTS do Módulo de Industrias Agroalimenarias do Máster Ing. Agrónomo. B)- 3 ECTS do Módulo en Industrias e Enerxías Forestais, 4 ECTS do Módulo en Planificación e Mellora Forestal, e 3 ECTS do Módulo de Incendios Forestais do Máster Ing. de Montes. • Graduados en Ciencias Experimentais e Sociais; Máster Oficial que Non sexa da rama de Enxeñaría 15,0 ECTS con dúas posibilidades: A )- 5 ECTS do Módulo de Tecnoloxías e Planificación do Medio Rural, 5 ECTS do Módulo en Produción Vexetal e Animal, 5 ECTS do Módulo en Tecnoloxías das Industrias Agroalimentarias do Máster Ing.Agrónomo. B)- 5 ECTS do Módulo en Industria e Enerxías Forestais, 5 ECTS do Módulo en Planificación e Mellora Forestal, e 5 ECTS do Módulo en Incendios Forestais do Máster Ing. Montes • Graduados en Veterinaria; Máster Oficial na rama de Enxeñaría 10,0 ECTS do Módulo Especialidade de Enxeñaría da Produción de Leite do Máster Ing. Agrónomo • Graduados en Veterinaria; Máster Oficial que Non sexa da rama de Enxeñaría 15,0 ECTS do Módulo Especialidade de Enxeñaría da Produción de Leite do Máster Ing. Agrónomo. Os complementos de formación realizaranse dentro das ttitulacións de Máster Enxeñeiro Agrónomo e Máster Enxeñeiro de Montes, impartidas na Escola Politécnica Superior, Campus de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento establecerá as materias de complementos de formación de acordo coa formación previa do estudante e os seus intereses investigadores, a partir do informe do titor asignado.
• Expediente académico 40% • Coñecemento de Inglés Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (p.e. First Certificate, etc.) 10% • Currículo 15% • Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación vida laboral, copia de contratos, etc.) 10% • Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc.) 15% • Colaboración previa co Departamento de Enxeñaría Agroforestal 10%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html