
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Mendez Pampin, Ramon
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental foi o primeiro dos ofertados pola USC nas área das ensinanzas técnicas, obtivo a Mención de Calidade dende a primeira convocatoria do Ministerio no curso 2003/04, manténdoa ininterrumpidamente ao longo de todos os cursos no que estivo vixente, obtendo igualmente a nova etiqueta de Mención de Excelencia dende o curso 2011/12, ano no que se implantou esta nova medida de calidade dos programas de doutoramento. O novo programa, que mantén a súa denominación actual, parte das seguintes premisas: i) Manter a traxectoria formativa desenvolta dende o primeiro doutor pola USC na nosa área no ano 1958. ii) Promover a formación en áreas avanzadas na fronteira do coñecemento da Enxeñaría Química, Ambiental e Biotecnolóxica dos actuais e futuros enxeñeiros químicos dentro da nova estrutura de Bolonia. iii) Formación de novo persoal investigador, pensando na súa futura incorporación ás áreas de I+D das empresas, clave para o despegue da investigación no noso país, fomentando ademáis o desenvolvemento dunha estrutura de investigación sustentable.iv) Captación de posgraduados estranxeiros, tanto europeos como doutras rexións do mundo. Preténdese moi especialmente manter e incrementar o número de alumnos iberoamericanos que tradicionalmente fixeron as teses nos nosos anteriores programas de Doutoramento. Os obxectivos específicso do programa son os seguintes: i) Incorporar titulados ao mundo universitario, en particular nas liñas de investigación do Departamento, promovendo a súa implicación non soamente na investigación propiamente dita, senon tamén na xestión de proxectos. ii) Formar doutores cuxa incorporación ao sector industrial favoreza a creación e implantación de equipos de I+D. iii) Promover o intercambio de coñecemento con grupos de investigación doutros centros de I+D mediante a mobilidade dos nosos alumnos e profesores. iV) Aumentar o coñecemento científico e tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría Química, Ambiental e de Bioprocesos, potenciando a súa difusión en publicacións científicas con alto índice de impacto.
Perfil Ingreso directo sen complementos: 1) Grao en Enxeñaría Química máis algún dos seguintes Másteres da USC: - Máster Oficial en Enxeñaría Química e Bioprocesos (En fase de avaliación) - Máster Oficial en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais. - Máster Oficial en Enxeñaría Ambiental 2) Alumnos título de DEA obtido a través dos antigos programas de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental da USC. Outros perfís de Ingreso : -Alumnos con otros graos e outros másters: A comisión académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixir complementos de formación (máximo 15 ECTS). - Alumnos que no realizaran estudos de Máster: Necesitarán unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dea acceso directo, que serán de 60 ECTS
-Expediente académico: 30% -Coñecemento de linguas: Inglés Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (First Certificate, etc.) 10% -Curriculo: 15% -Experiencia profesional Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, etc.)5% - Experiencia investigadora Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa (publicación de artigos, monografías, participación en grupos de investigación, etc).15% - Entrevista persoal 25%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html