
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Vázquez Buján, Manuel Enrique
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Si
O programa de doutoramento en "Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia" é un programa interuniversitario no que colaboran as universidades de Salamanca, Valladolid e Santiago de Compostela. Dá continuidade a un programa oficial de Posgrao que desde 2006 veñen mantendo, coas adaptacións correspondentes á situación legal, as universidades de Salamanca e Valladolid, que obtivo repetidamente a mención de excelencia e a un doutoramente de Filoloxía Clásica da USC. A finalidade do programa é a de manter viva no contexto social a posibilidade de que os graduados en Filoloxía Clásica poidan continuar con coherencia académica a súa formación en calquera das áreas que soportan a titulación en cada unha das tres universidades: Lingüística Indoeuropea, Filoloxía Grega e Filoloxía Latina. As tres institucións contan con recursos humanos de relevancia nacional, que, no caso da USC, contribúen a colocar esta universidade á altura das punteiras en España e a establecer relacións con outras de distintos países europeos (Lisboa, Florencia, Múnich, París, Toulouse, etc.), de marcada importancia no ámbito da Filoloxía Clásica. Este Programa de Doutoramento ten por obxecto proporcionarlle ao investigador coñecementos e técnicas que o capaciten para desenvolver a súa labor investigadora. Está dirixido fundamentalmente a investigadores en Filoloxía Clásica, pero poden ter cabida graduados doutras Filoloxías, de Historia, Humanidades, Filosofía, Tradución ou calquera outra titulación, sempre que acrediten un coñecemento suficiente das linguas clásicas.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - Máster en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia (Universidade de Salamanca/ Universidade de Valladolid). - Antigos Programas de Doutoramento dos departamentos implicados das tres universidades. Outros perfís de ingreso: - Alumnos doutros másteres oficiais: os estudantes que superaran 240 créditos ECTS de ensinanzas de grao e 60 créditos ECTS de ensinanzas de posgrao noutro máster oficial de investigación impartido exclusivamente por profesores doutores e que se encadre nun ámbito temático pertencente (ou semellante) á Antigüidade Clásica ou a súa pervivencia ata os nosos días, presentarán a súa solicitude á Comisión Académica do Programa de Doutoramento para comprobar estes extremos e serán admitidos si se cimplen os requisitos mencionados. No caso de só se cumplan parcialmente, a Comisión Académica fixará en cada caso os criterios académicos necesarios para completar os seus estudos e poder acceder aos estudos do Doutoramento. A Comisión Académica fixará tras estudar cada caso as materias do Máster Universitario en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia (o no seu defecto cursos específicos) que será necesario superar para os estudantes que superaran 240 cr. ECTS de ensinanzas de grao e 60 créditos ECTS de ensinanzas de posgrado en outro(s) máster(es) oficial(is) que non sexan de investigación e que non sexan impartidos exclusivamente por profesores doutores ou que non se encadren no ámbito temático da Antigüidade Clásica e a súa pervivencia. Posteriormente, os estudantes admitidos no Programa deberán formalizar a súa matrícula, segundo as normas específicas de cada universidade
O Programa de Doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia está especialmente recomendado para un licenciado ou graduado en Filoloxía Clásica ou en licenciaturas ou graos equiparables ou afíns, que realizara un máster relacionado cos eidos da lingua e a literatura grega e latina e a lingüística indoeuropea en calquera dos seus aspectos. A selección dos estudantes realizarase en función dos seguintes criterios de valoración: -Criterio ponderación -Nota media do expediente académico -Formación específica nos ámbitos da Filoloxía Clásica -Coñecemento e dominio do inglés -Experiencia de investigación no ámbito da Filoloxía Clásica -Entrevista persoal, no caso de considerarse oportuno A partir das preinscricións presentadas, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento, que regulará todo o proceso de admisión, aplicará os criterios de valoración e publicará un listado de admitidos, a través da da páxina web do Programa de Doutoramento e da web da Escola de Doutoramento. Finalmente, publicará o último listado de admitidos o 15 de setembro. O Coordinador do Programa dará comunicación persoal desta publicación a cada un dos estudantes preinscritos incluindo a información adicional do recoñecemento da dedicacón a tempo completo ou a tempo parcial.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html