
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: Miranda Barrós, David
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
A importancia da utilizacion sustentable dos recursos naturais por parte da sociedade, e en particular da terra, e o desenvolvemento de instrumentos de xestión eficiente do territorio así como o deseño de estratexias de desenvolvemento territorial que permitan conservar os recursos naturais e as funcións ecosistemáticas, requiren da investigación para avanzar no desenvolvemento de mellores instrumentos, técnicas, teorías e modelos. A formación na investigación é un elemento clave para conducir a vocación investigadora e de avance no coñecemento e desenvolvemento de resultados aplicados por parte dos estudantes que realizaron a súa formación de máster nas distintas disciplinas que estudan o territorio. É neste ámbito onde a palabra partenariado cobra especial relevancia. Se o desenvolvemento territorial vén condicionado en gran medida pola capacidade dos diferentes axentes e escalas de cooperar e aproveitar as sinerxias existentes, esto convértese nun elemento clave que inspira e xustifica este Programa de Doutoramento. Investigación, innovación pro-activa e acción deben ir da man neste ámbito para que os procesos de reflexión, aprendizaxe e descubremento representen en si mesmos motores de cambio e adaptación territorial. É necesario trascender os programas estancos e "puros" para, a través da hibridación co ámbito de desenvolvemento e a execución, favorecer a súa transdisciplinariedade, o feedback social e económico e a súa permeabilidade. É deste xeito como se poderán bosquexar novos paradigmas de xestión e distribución dos recursos territoriais. Dado que non existe no ámbito rexional e nacional unha oferta académica e investigadora desta natureza, trátase dunha oferta innovadora a escala europea, e é unha oportunidade para ofertar un programa de posgrao que permita investigar en áreas de coñecemento de vangarda cun enfoque interdisciplinario, así como innovar na busca de solucións aos problemas de xestión da terra como recurso, da planificación dos usos do solo e da xestión territorial a distintas escalas, dende a parcela a grandes rexións como a Unión Europea, así como para atraer investigadores do resto do estado, europeos e do resto do mundo.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación serán: Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio ofertado pola USC, e o Mestrado em Extensão Rural ofertado pola Universidade Federal de Viçosa(Brasil). - Tamén terán acceso ao Programa sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través do Programa Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC. Outros perfís: - No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixir complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS). No caso doutros perfís que non realizaran Máster será necesario unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dea acceso directo, que serán 60 ECTS.
O doutorando presentará unha proposta de investigación á Comisión Académica do Programa de Doutoramento na que se describan os obxectivos, xustificación da adscrición á liña de investigación, metodoloxía, resultados previstos e recursos necesarios para a súa elaboración, así como o seu currículo e expedientes académicos dos títulos aportados. A Comisión Académica valorará a afinidade do candidato e da proposta co perfil do Programa, así como a viabilidade e o interese científico. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento poderá solicitar ao candidato a documentación complementaria necesaria e valorará aos candidatos, emitindo un informe razoado de afinidade e determinando cales son os candidatos aceptados e rexeitados. Os criterios e valoración dos méritos serán os seguintes: · Currículo (ata 10 puntos) · Expediente académico persoal (ata 10 puntos) · Proposta de investigación (ata 20 puntos) No caso de que a Comisión Académica o requira, poderá realizar unha entrevista persoal co candidato, co obxecto de aportar máis información sobre a súa formación previa, ou para determinar as posibles necesidades de formación complementaria. Neste proceso seguiranse os procedementos establecidos pola Universidade de Santiago de Compostela para garantir os principios de igualdade de oportunidades e transparencia. A Comisión Académica velará pola atención ás persoas con discapacidade, por proporcionar os medios necesarios e por adaptar os procedementos –particularmente no que se refire á mobilidade ou á comunicación- para que poidan desfrutar de xeito efectivo das mesmas oportunidades. No caso de que o alumnado careza da formación previa completa esixida no Programa, a admisión poderá quedar condicionada á superaciónde complementos de formación específicos. Os complementos de formación deberán ser concretados para cada alumno pola CAPD, sen que poidan superarse os 15 ECTS.
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html