Son aqueles que están encamiñados á formación de especialistas, sobre todo en ramas interdisciplinarias e de interese social, cultural, científico técnico e /ou profesional.
A Lei Orgánica 11/1983 de Reforma Universitaria, recoñece ás Universidades, en uso da súa autonomía, a facultade de impartir ensinanzas conducentes á obtención de títulos ou diplomas, ademais daqueles que teñen validez en todo o territorio español. O Real Decreto 778/1998, que regula a obtención dos títulos de doutor e doutros estudos de posgrao, desenvolve a norma anterior, e di textualmente que as Universidades "poderán impartir ensinanzas para titulados universitarios sobre campos do saber propios da carreira de procedencia ou de carácter intercurricular e especialmente orientados á aplicación profesional dos ditos saberes"
Quen supere estas ensinanzas poderá obter o correspondente título ou diploma propio da Universidade.
Os estudos de posgrao propios da Universidade de Santiago de Compostela poden ser:
Son estudos que teñen unha duración mínima de 50 créditos entre teóricos e prácticos e unha duración lectiva de, polo menos, un curso académico.
Como norma xeral para acceder a estas ensinanzas é requisito previo unha titulación universitaria correspondente ó 2º ciclo. Excepcionalmente poderán accede-los titulados de primeiro ciclo, cando a especificidade dun Máster concreto e a súa conexión coa formación de posgrao de titulados universitarios estea suficientemente xustificada.
Poderán ser admitidos/as nun Máster, cando así se dispoña na programación deste ou por acordo posterior da Comisión de Posgrao Propio, os/as alumnos/as que teñan superados os créditos do primeiro ciclo das actuais titulacións de dous ciclos, sempre que non lle falten máis de 30 créditos para obter a titulación. En todo o caso, para poder obter o título de Máster, o/a alumno/a deberá posuír a condición de titulado/a antes de acabar o ano académico correspondente ós estudos. Os/as alumnos/as que cursaran estudos nun Master e non tiveran dereito ao título poderán solicitar unha certificación de ditos estudos.
Así mesmo poderán ser admitidos nun Máster, os/as alumnos/as que estean a cursar estudos de Grao, sempre que non lle falten máis de 30 créditos para obter a titulación, segundo o estabelcido na instrución 13/2012 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela sobre número máximo de créditos para matricularse nun posgrao non oficial. En todo o caso, para poder obter o título de Master, o/a alumno/a deberá posuír a condición de titulado/a antes de acabar o ano académico correspondente a os estudos.
Os/as alumnos/as que cursaran estudos nun Máster e non tiveran dereito ao título poderán solicitar unha certificación de ditos estudos.
Teñen unha duración mínima 20 créditos, e poderán acceder a estas ensinanzas os/as titulados/as universitarios de primeiro ou segundo ciclo e de grao. Tamén poden acceder aqueles/as profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando cumpran os requisitos legais de acceso á universidade, e así se recolla expresamente na convocatoria. Así mesmo, poderán acceder alumnos/as non titulados/as, pero tendo en conta que para poder obter o título de Especialista Universitario deberán posuír a condición de titulados/as antes de acabaro ano académico correspondente ós estudos.
Son estudos de duración curta orientados á formación continua ou a temas de especialización moi específicos.Os estudos de Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela poden ser tres tipos de cursos:
A participación regular nun destes cursos, entendida segundo os criterios que se determinen, dará lugar a un Diploma de Participación. Se o curso inclúe un procedemento de avaliación, aqueles estudantes que o superen recibirán un Diploma de Aproveitamento.