(Aprobados os criterios complementarios para a concesión de bolsas de posgrao en Consello de Goberno o 12 de xuño de 2003. Aprobados os criterios para a concesión de bolsas de posgrao en Xunta de Goberno de 23 de abril de 2002)
As bolsas aquí reguladas serán de aplicación unicamente para o acceso aos cursos de posgrao propio (máster e especialización) impartidos na Universidade de Santiago de Compostela, de acordo co Regulamento de Estudos de Posgrao e Formación Continua (en adiante REPFC), aprobado por Xunta de Goberno o 22 de decembro de 1999. A finalidade destas bolsas é a de contribuír ó financiamento dos estudos de posgrao propio daqueles alumnos que en función da súa capacitación e da súa situación económica poidan ampliar os coñecementos adquiridos nos estudos de primeiro e segundo ciclo e converterse en profesionais especializados.
Para a determinación da contía e número de bolsas en cada curso de posgrao propio seguiranse os pasos descritos a continuación:
As propostas de cursos de posgrao propio contemplarán un número estimado mínimo de prazas, cifra que servirá de base para o cálculo dos orzamentos do curso. De acordo coa normativa dos cursos de posgrao propio, o número mínimo de alumnos/as é aquel que, no caso de cubrirse, compromete aos promotores do curso á súa celebración.
A cantidade proposta como prezo da matrícula deberá respectar os límites aprobados pola Comisión de Posgrao Propio e, de ser o caso, polo Consello Social da Universidade. Para a súa determinación tomarase o custe real do curso, deducindo, de ser o caso as aportacións externas, e dividirase entre o número mínimo de alumnos/as.
Cada bolsa de matrícula suporá unha redución do 75 % do prezo da matrícula, determinado conforme co apartado 2.2. O número de bolsas a ofertar será o equivalente de dividir o número mínimo de alumnos/as entre 7,5 e redondeando esta cifra o número enteiro máis próximo.
Os cursos que teñan un número de solicitudes inferior ou igual ao mínimo, incluíndo as bolsas, e onde a concesión destas poida comprometer a continuidade do curso de posgrao propio, poderán solicitar do CPG unha revisión da contía e número de bolsas de xeito que se garantice a continuidade do mesmo. Dita solicitude requerirá a xustificación orzamentaria pertinente.
Aqueles cursos que reciban subvencións para financiar a súa celebración ateranse ao disposto no art. 20 do Regulamento dos Estudios de Posgrao e Formación Continua (modificación aprobada pola Xunta de Goberno de 23 de abril de 2002)
A solicitude de bolsa farase conxuntamente coa solictude de admisión no curso de posgrao propio, durante o prazo que para este último fin se estableza. As solicitudes presentaranse no modelo oficial (que estará a disposición dos interesados en Internet no enderezo http://www.usc.es/cptf/) xunto coa solicitude da admisón no curso de posgrao propio, no prazo e forma que se establezca, e deberán ir acompañadas pola documentación que permita acreditar a indentidade dos solicitantes así como valorar os estudos universitarios realizados que se vaian utilizar como criterios na selección. En concreto deberán aportar:
Para ser beneficiario/a dunha bolsa de matrícula, ademais de resultaren admitidos/as no curso de posgrao propio para o cal se solicita, os/as aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
A selección dos/as candidatos/as efectuarase por parte da Comisión Académica do curso de posgrao propio no que o/a alumno/a solicite a bolsa.
Para a adxudicación das bolsas a Comisión Académica ordenará as solicitudes tendo en conta a puntuación obtida de acordo co seguinte baremo:
A. Bolsas do MEC: máximo 6 puntos (2 puntos por cada un dos tres últimos anos da licenciatura ou diplomatura nos que o alumno obtivera bolsas da convocatoria xeral e/ou de mobilidade de primeiro e segundo ciclo do Ministerio de Educación)
B. Licenciatura: máximo 4 puntos, en función da nota media do expediente académico. A nota media calcularase seguindo o procedemento establecido na normativa de xestión académica da USC publicada por Resolución Reitoral do 19 de abril de 2005. No caso da posuír máis de unha titulación terase en conta unicamente a que se utilice como referencia para a admisión no curso de posgrao propio.
C. Estudos de terceiro ciclo: máximo 2 puntos (superación do período de docencia, 1 punto; obtención do DEA ou suficiencia investigadora, 2 puntos)
D. Tempo transcurrido desde a obtención da licenciatura ou diplomatura: á cantidade resultante de sumar a puntuación obtida nos tres apartados anteriores restaráselle o número resultante de sustraer ó ano en curso o ano no que o solicitante obtivo o requisito establecido no punto 5.B. Para os que realizaran estudios de terceiro ciclo non se lle descontarán 1 ou 2 anos, segundo teñan superado o período de docencia ou estean en posesión do DEA, respectivamente
E. Outros méritos: ata 1 punto. A comisión académica fixará con antelación os criterios a utilizar neste apartado
Os/As solicitantes deberán ter unha puntuación mínima de 5 puntos para poderen ser bolseiros, dos cales 1,5 puntos deben corresponder á valoración do apartado 5.B.
Cando concorran conxuntamente aspirantes que realizaran os seus estudos no estranxeiro e en España, co fin de facilitar a aplicación dos criterios mencionados, dividirase o número de bolsas a conceder en dous grupos, ponderando o número de bolsas co número de admitidos/as de cada un dos grupos citados.
Os/As candidatos/as que obteñan unha bolsa das reguladas no apartado 2.a) terán dereito a matrícula reducida no curso de posgrao propio no 75 % do seu importe. Excepcionalmente, e sempre logo da autorización previa por parte da Comisión de Posgrao Propio, poderanse conceder bolsas por outra porcentaxe do prezo da matrícula.
A Comisión Académica na tramitación das bolsas axustarase ao seguinte procedemento:
Unha vez publicada a lista definitiva de solicitudes de bolsa, a Comisión Académica fará pública a resolución de alumnos/as admitidos/as indicando aqueles solicitantes que obtiveron bolsa de matrícula. Para estes efectos o CPG prestará o apoio e asesoramento que sexan necesarios, co fin de garantir que a aplicación desta norma sexa o máis correcta, homoxénea e áxil posible.
A non admisión no curso de posgrao propio implica a denegación da bolsa.
Os directores do curso de posgrao propio enviarán á Sección no formato que se estableza (e que estará dispoñible na web) a relación dos/as alumnos/as admitidos/as no curso, indicando para cada un deles/as a concesión ou non de bolsa e o importe que lles corresponde aboar.
En calquera caso os/as alumnos/as solicitantes de bolsas aboarán no prazo de matrícula o 25% (ou o importe que corresponda) da matrícula. No caso de que a bolsa sexa denegada, a dirección do curso de posgrao propio poderá requerir aos/as alumnos/as que procedan ao pago da contía restante, ata cubrir a correspondente ao primeiro prazo de matrícula, nun tempo máximo dun mes.
Unha vez publicadas as relacións de solicitantes que acadaron a bolsa e dos/as que non o fixeron darase un prazo de 10 días para formular unha reclamación ante a Comisión de Posgrao Propio.
As reclamacións presentaranse ante a Comisión Académica do curso, quen as remitirá ao CPG acompañadas de toda a documentación necesaria, e dun informe sobre o contido da reclamación.
Os/as bolseiros/as están obrigados a asistiren ás clases e seguir con aproveitamento os estudos correspondentes ao curso de posgrao propio. O incumprimento por parte do/a bolseiro/a dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e, de se o caso, a obriga de aboar o importe correspondente.
No caso particular dos cursos que se imparten con carácter plurianual, para manter o dereito á bolsa nos seguintes anos o/a alumno/a deberá xustificar novamente a principio de cada curso académico o cumprimento dos requisitos que inicialmente deron dereito á obtención da bolsa.
Os/As bolseiros/as están obrigados a comunicar ao CPG a renuncia á bolsa tan pronto como se produza a causa que determine a dita renuncia. O incumprimento por parte do/a bolseiro/a dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e, de ser o caso, o abono da cantidade disfrutada conforme ao establecido no art. 78 do Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia na redacción dada pola Lei 8/99, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.
As bolsas concedidas de acordo coa anterior normativa en cursos con carácter plurianual seguirán reguladas por dita regulación.