Convocatoria de propostas de cursos de posgrao propio para o curso 2012-2013
Establécese o seguinte prazo ordinario para presentación de propostas de cursos de posgrao propio e formación continua para o vindeiro curso académico 2012-2013:
Propostas de renovación de cursos: prazo improrrogable ata o 15/02/2012. Non se admitiran propostas de renovación de cursos que se entreguen fóra do prazo previsto, salvo causas xustificadas.
Coa finalidade de axilizar a aprobación e posta en marcha das propostas, se procederá a enviar aos cursos vixentes no ano 2011/12 o formulario cuberto cos datos correspondentes á última edición, tal como figuran no Centro de Posgrao (CPG), para que introduzan as modificacións que estimen oportunas. Este envío realizarase vía correo electrónico, a partir do 17 de xaneiro de 2012.
Propostas de cursos novos (1ª edición): ata o 15/03/2012. Cando existan causas xustificadas se poderán admitir propostas de cursos novos con posterioridade ao prazo de presentación previsto nesta convocatoria.
Os cursos que se propoñan por primeira vez deberán utilizar os formularios que aparecen na web do CPG para a elaboración das súas propostas.
Unha vez cubertos os formularios, os cursos novos e os de renovación, deberán envialos ao Centro de Posgrao por correo ordinario e por correo electrónico (cpg@usc.es).
Ademais das instrucións publicadas na web do CPG, xunto cos formularios de elaboración de propostas, é preciso ter en conta que:
- Todas as propostas deben vir debidamente cubertas, tanto nos aspectos académicos como económicos.
- Xunto cos formularios debidamente cubertos débese achegar necesariamente:
- Un informe favorable do departamento, instituto ou centro propoñente do curso autorizando a realización deste.
- Un informe de idoneidade do profesorado, onde se indique que o perfil do profesorado se adecúa ao perfil do curso, emitido polo director/a principal do curso.
- Un informe que reflicta que existe autorización para a utilización das instalacións ou locais onde se vai realizar o curso, emitido por un responsable do centro ou entidade correspondente.
- As propostas deben vir asinadas en todas as súas follas polos directores/as do curso.
- Lémbrase a obriga de presentar a memoria académica e económica da edición anterior do curso segundo o modelo que se atopa na web do CPG, sempre e cando estea rematado. A memoria deberase enviar por correo electrónico e por correo ordinario. O exemplar en papel debe estar asinado en todas as follas polos directores/as do curso e co visto e prace do director/a do departamento, decano/a ou director/a do centro ou director/a do instituto universitario que actúe como responsable.
A Comisión de Posgrao Propio non tramitará propostas de renovación dos cursos que teñan pendentes a entrega de memorias de edicións anteriores.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro do 2012
Francisco Ramón Durán Villa
O vicerreitor de Estudantes e Formación Continua
Pode consultar toda a información relativa á convocatoria no seguinte enlace:
Para calquera dúbida poden dirixirse ás seguintes extensións do CPG:14363, 14409 ou 14360.