O Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF), logo de transcorre-lo primeiro curso académico no que se aplicou o Regulamento dos estudos de posgrao e formación continua, aprobado pola Xunta de Goberno o 22 de decembro de 1999, e tras o acordo da Comisión de Posgrao do día 27 de xullo de 2001, resolveu dicta-la norma que segue para facilita-la xestión económica dos cursos de posgrao e formación continua, a partir do ano académico 2001-2002.
1. Para os efectos da presente norma, enténdese por cursos a aquelas programacións de cursos de posgrao propio (máster e cursos de especialización) ou cursos de formación continua que sexan debidamente aprobados pola Comisión de Posgrao Propio conforme co Regulamento de Estudios de Posgrao e de Formación Continua.
2. As propostas de cursos para seren sometidas á aprobación dos órganos correspondentes presentaranse nos formularios establecidos para o efecto, e conterán o orzamento de cada curso, o cal deberá ser equilibrado.
3. Para estes efectos, orzamento equilibarado equivale a que os gastos totais sumarán o mesmo que os ingresos dispoñibles, sendo esta última cifra a cantidade resultante de lle deducir ós ingresos íntegros os custes indirectos da Universidade (10 % de tódolos ingresos agás os remanentes) así como os custes indirectos por participación de persoal da USC nos cursos (15 % da suma de retribucións de profesorado da USC, gastos de dirección e coordinación, sempre que este persoal sexa da USC)
4. Os custes indirectos sobre os ingresos (10 %) serán deducidos automaticamente polo CPTF no momento de propoñer as transferencias ou xeracións de crédito ás partidas de gasto creadas para os cursos de posgrao e de formación continua.
5. Os custes indirectos derivados da participación do persoal (15 %) serán retidos polos Responsables de Asuntos Económicos de cada partida no momento en que a súa dotación económica o permita. A execución desta cantidade, é decir, a súa tranferencia á partida do Departamento, Instituto Universitario, ou Centro docente farase logo da finalización do curso polo importe definitivo dos conceptos que se toman como base do cálculo. Non obstante, e por solicitude da dirección do curso ou do Departamento, pódese anticipar ata o 75 % desta cantidade, logo da autorización do CPTF. No caso de que o orzamento do curso sufra as modificacións previstas no apartado 7, esta retención deberá actualizarse.
6. As partidas de gasto aperturadas serán únicas para cada curso e edición dos mesmos. Como excepción, os cursos múltiples, é decir, aqueles que estean formados por un curso matriz e un ou varios cursos derivados compartirán a mesma partida, a menos que por parte da dirección do curso se estime máis conveniente telas diferenciadas. Salvo autorización expresa do CPTF non se permitirán abonar gastos con cargo a unha partida dun curso que xa finalizara.
7. O orzamento dos cursos conterá os ingresos e gastos diferenciados por subconceptos. Os ingresos entenderase que son estimativos, e calculados en tódolos casos tomando como criterio o número mínimo de alumnos programado para ese curso. Os gastos serán limitativos a nivel de subconcepto, e calquera modificación substancial deberá ser comunicada. En calquera caso deberase respecta-lo princpio de suficiencia financeira para incrementa-los gastos dun subconcepto.
8. Unha vez finalizado o prazo de matrícula e / ou coñecidas as cantidades que en concepto de subvención, axuda ou contraprestación vaia recibi-lo curso, os promotores poderán reelabora-lo orzamento, co fin de axusta-los gastos ós ingresos efectivamente recadados. No caso de que estes axustes afecten á participación do profesorado ou doutro persoal, deberán igualmente comunicarse, e respectaranse en todo caso os mínimos establecidos no artigo 10.f) do Regulamento, debendo ser autorizadas estas modificacións pola Comisión de Posgrao.
9. Os axustes no orzamento ós que se refire o número anterior non poderán:
Poderíase, sen embargo, autorizar melloras ou novas incorporacións con cargo tanto ó incremento de ingresos obtido, como da disminución de gastos experimentada, se fose o caso.
10. Logo da aprobación dun curso polos órganos que corresponda, o CPTF poderá anticipar á partida que se cree para o seu desenvolvemento, e por petición da dirección do curso, unha cantidade a conta dos ingresos futuros do curso. Estas cantidades máximas serán acordadas anualmente pola Comisión de Posgrao; do mesmo xeito se aprobará a forma de cancelación nos casos en que o curso non chegue a inciarse.
11. As retribucións derivadas de cursos ás que se refire a presente instrución ós directores e coordinadores dos mesmos, aboaránse en todo caso a través do Servicio de Xestión de Persoal na nómina mensual. Para isto, deberá tramitarse a través do CPTF as propostas de pagamento coa suficiente antelación nos formularios que se establezan para estes efectos.
12. Do mesmo xeito que o mencionado no apartado anterior aboaranse as retribucións do profesorado da USC e externo, así como do resto do persoal, incluídos os bolseiros, cando a percepción destas retribucións sexa periódica e se extenda a varios meses.
13. As demais retribucións faranse efectivas utilizando os formularios establecidos, con cargo ás contas de anticipos a xustificar dos centros de gasto.
14. As propostas de contratación de persoal que sexa preciso facer, tramitaranse a través do CPTF utilizando os modelos normalizados que se establezan.
15. O CPTF non tramitará o abono de ningunha retribución cando o persoal afectado non figure na programación do curso que foi aprobada.
16. En tódolos casos, o RAE deberá face-las oportunas retencións de crédito na partida do curso.
17. Poderán utilizarse as axudas de custo e locomoción, cos límites mencionados no apartado 13, para os desprazamentos que o profesorado, persoal ou bolseiros do curso deban facer para atende-las necesidades da súa programación académica, sempre que estas se especifiquen na programación e estean suficientemente xustificadas. En ningún caso se utilizará esta figura para remunerar calquera tipo de actividade.
18. Cando, en virtude de convenio con empresas ou institucións para a realización de prácticas dos alumnos, os mencionados organismos lle aboen a estes algún tipo de bolsa ou indemnización, esta circusntacia deberá reflectirse no convenio ou, de non ser así, asinarse un anexo ó convenio que conteña esa información. En calquera caso procederá o seu abono ós interesados mediante un nomeamento de bolseiros logo da percepción do ingreso por parte da USC, o cal deberá vir acompañado por unha relación nominativa de perceptores.
19. Os alumnos abonarán dentro dos prazos que se establezan as cantidades que correspondan de acordo coa programación do curso aprobada, e coa súa consideración ou non como bolseiros. No momento da matrícula deberá abonarse o primeiro prazo.
20. A matrícula debe realizarse na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA., utilizando para iso o formulario normalizado que esta oficina facilite. Excepcionalmente, e logo da solicitude dos directores, pódese recoller por estes a documentación da matrícula e posteriormente enviala á SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA de forma conxunta. Unicamente se aceptarán as matrículas para as cales se faga un ingreso na conta bancaria específica para estes cursos.
21. As solicitudes de anulación de matrícula, e a conseguinte devolución do importe aboado atenderase nos seguintes casos:
22. As memorias dos cursos, que deberán ser presentadas no CPTF dentro do mes seguinte á data de finalización dos cursos, conterán como mínimo os datos académicos, de profesorado, alumnado e económicos de acordo co modelo normalizado que se estableza. A súa aprobación é indispensable para a celebración da seguinte edición do curso, e tamén para a utilización do posible remanente. Polo que respecta á parte económica da memoria, non se aprobarán aquelas que presenten déficit ou que incumpran o disposto na presente instrucción.
23. Para os efectos da presente norma, enténdese por remanente a cantidade dispoñible na partida dun cuso logo de contabilizar tódolos ingresos e executar tódalas obrigas, incluídas as retencións e deduccións mencionadas por custes indirectos.
24. O rementente póderase utilizar na seguinte edición do curso sempre que: a) a seguinte edición sexa aprobada; b) nos orzamentos da seguinte edición se faga constar a cantidade exacta ou estimada do remanente; c) a memoria do curso finalizado sexa aprobada.
25. Unha vez aprobada a memoria, o CPTF, logo de face-las comprobación contables oportunas, autorizará cando se cumplan os requisitos anteriores, a transferencia de crédito necesaria para que o remanente dunha edición sexa incorporado á partida da nova edición do curso.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.
O DIRECTOR EN FUNCIÓNS DO CENTRO DE POSGRAO,
TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA,
José Ramón Leis Fidalgo