Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Centros
  4. »
  5. Facultade de Dereito
  6. »
  7. Presentación

Facultade de Dereito

Facultade de Dereito

Dirección

Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus sur
15782 Santiago

Web: http://www.usc.es/dereito
Correo electrónico: zderdeca@usc.es
Fax: 981591554
Teléfono con extensión: 981563100-14658
Teléfono con extensión: 981563100-14626

Ir á Web propia

Benvida


  Xa pasaron máis de 356 anos dende que en Xaneiro de 1649, Martín de Acevedo, comendador do Convento de Conxo e catedrático de Teoloxía trouxera a Santiago a Real Cédula pola que se creaba a Facultade de Leis na Universidade de Santiago de Compostela que, por aquel entonces, xa levaba 155 anos de andaina.
Nestes máis de 3 séculos e medio, a nosa Facultade de Dereito ten formado a miles de xuristas contribuíndo así ó maior brilo da sociedade galega (o GALLAECIA FULGET) que Alvaro de Cadaval esculpiu no Claustro de Fonseca. Esta historia da que nos sentimos profundamente orgullosos, xuntamente coa vinculación á sociedade galega constitúen símbolos identificativos e distintivos da nosa Facultade no universo das institucións de ensinanza superior no campo do Dereito.
Agora ben, aprendendo e valorando o pasado, temos a obriga de mirar e afrontar un futuro que se nos presenta cheo de retos, de riscos, pero tamén de grandes oportunidades. Tomando como base o sedimento desa historia dilatada,afrontamos esta singradura que nos levará ata os umbrais do 2010, e na que deberemos dar unha solución axeitada ó proceso de incorporación ó espazo europeo de educación superior. Supón eso adoptar unha estrutura de estudios homoxénea, pero ademais apostar pola impartición de tales programas formativos con unhos niveis de calidade que nos acheguen tamén ós estándares dos nosos veciños europeos.
E aínda que nos poida parecer sorprendente, algúns dos chanzos da nosa historia poden alumearnos nestes novos camiños. Un exemplo podemos atopalo no esquema de grados fixado en 1842 logo da fusión das carreiras de Leis e Cánones, presidente do Consello de Ministros o galego ilustre Marqués de Rodil, no que se diferenciaba Bachiller, Licenciado e Doutor, o que con outros nomes, encaixaría case perfectamente no obxectivo da converxencia europea.
Polo tanto, historia e modernidade danse a man no noso Centro e deben ser activos que poñamos en valor no proceso de converxencia e competencia no que deberemos prestar o servizo de formación xurídica nos vindeiros anos.

ANTONIO LOPEZ DIAZ
Decano da Facultade.

Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto