Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

611408 - Dereito Procesual II (4º CURSO) - Curso 2011/2012

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Dereito Público Especial
    • Áreas: Dereito Procesual
    • Centro: Facultade de Dereito
    • Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    CATALINA BENAVENTE, Mª DE LOS ANGELES.NON
    PANTIN REIGADA, ANGEL MANUEL.NON
    Vilaboy Lois, Lotario.SI

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo A - horario de mañá OrdinarioTeóricosSISI
    Grupo B - horario de mañá OrdinarioTeóricosSISI
    Grupo C - horario de tarde OrdinarioTeóricosSISI
    Grupo P01OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo P02OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo P03OrdinarioPrácticosNONNON

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego

  • Obxectivos da materia
    Grupo A:

    A finalidade docente xira ao redor do coñecemento das institucións básicas do proceso civil e de familiarizar o alumnado co seu funcionamento práctico nas principais modalidades procesuais.

    Dun xeito máis concreto, preténdese a aprendizaxe polos/as alumnos/as dos conceptos máis importantes que integran as devanditas institucións e, en particular, dos suxeitos que interveñen no proceso civil, dos posibles feitos xuridicamente relevantes que poden someterse a este método de solución de conflitos, e da forma na que se leva a cabo. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método dialéctico e formalizado, e polo tanto hai que posuír un coñecemento claro da orde e da forma que seguen as actuacións.

    Trátase tamén de que o/a alumno/a adquira as habilidades necesarias para a resolución de supostos prácticos cun nivel básico, así como para un adecuado manexo das normas, xurisprudencia e bibliografía básica que se les facilite.

    Grupo B:

    A finalidade docente xira ao redor do coñecemento das institucións básicas do proceso civil e de familiarizar ó alumnado co seu funcionamento práctico nas principais modalidades procesuais. Dun xeito máis concreto, preténdese a aprendizaxe polos(as alumnos/as dos conceptos máis importantes que integran as devanditas institucións e, en particular, dos suxeitos que interveñen no proceso civil, dos posibles feitos xuridicamente relevantes que poden someterse a este método de solución de conflitos, e da forma na que se leva a cabo. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método dialéctico e formalizado, e polo tanto hai que posuír un coñecemento claro da orde e da forma que seguen as actuacións.

    Trátase tamén de que o/a alumno/a adquira as habilidades necesarias para a resolución de supostos prácticos cun nivel básico, así como para un adecuado manexo das normas, xurisprudencia e bibliografía básicas que se lles faciliten.

    Grupo C:

    Contidos
    Grupo A:

    Os contidos mínimos desta materia agrúpanse en 20 leccións que fan referencia a seis áreas temáticas, coincidentes cos descritores da materia que figuran no Plan de Estudos da Facultade de Dereito, aprobado por Resolución do 25 de xuño de 2003, da Universidade de Santiago de Compostela (BOE do 2 de agosto).

    As ditas áreas son: I. Conceptos fundamentais do proceso civil (5 leccións), II. Os procesos declarativos ordinarios (8 leccións), III. O proceso de execución (2 leccións), IV. O proceso cautelar (1 lección), V. Os procesos especiais (3 leccións) e VI. A arbitraxe privada (1 lección).

    PARTE PRIMEIRA: O PROCESO CIVIL. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS.

    Lección 1: Introdución. Principios do proceso e do procedemento.
    1. A Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro: A) O modelo de xustiza civil. B) Estrutura e contido básico.- 2. A Lei de axuizamento civil de 1881: preceptos vixentes.- 3. Os principios do proceso civil.- 4. Os principios do procedemento.

    Lección 2: A competencia.
    1. A xurisdición e a competencia dos tribunais da orde xurisdicional civil.- 2. Competencia obxectiva.- 3. Competencia funcional.- 4. Competencia territorial.- 5. O reparto de asuntos.

    Lección 3: As partes procesuais.
    1. As partes procesuais: A) Concepto. Dualidade de posicións. B) Capacidade para ser parte e capacidade procesual. C) Lexitimación. D) Postulación.- 2. Pluralidade de partes: A) Concepto. B) Litisconsorcio. C) A intervención procesual.- 3. Sucesión procesual.

    Lección 4: O obxecto do proceso civil.
    1. O obxecto do proceso.- 2. As cuestións prexudiciais.- 3. As cuestións incidentais.- 4. A ampliación do obxecto procesual: os supostos de acumulación.

    Lección 5: Tipoloxía dos procesos civís.
    1. Procesos declarativos: A) Tipoloxía e liñas xerais da LAC; B) Os procesos declarativos ordinarios: ámbito e fases; C) Os procesos declarativos ordinarios con especialidade: liñas xerais da LAC; D) Os procesos declarativos especiais: liñas xerais da LAC.- 2. Proceso cautelar: liñas xerais da LAC.- 3. Proceso de execución: tipoloxía e liñas xerais da LAC.

    PARTE SEGUNDA: OS PROCESOS DECLARATIVOS ORDINARIOS.

    Lección 6: Actos previos ao proceso.
    1. O acto de conciliación.- 2. As dilixencias preliminares.- 3. Outras actuacións previas (reclamación administrativa previa, medidas cautelares, etc.).

    Lección 7: A fase de alegacións.
    1. A demanda.- 2. Posicións do demandado ante a demanda: A) Chamamento do demandado ao proceso e posturas que pode adoptar; B) A rebeldía; C) A falta de contestación á demanda; D) O acto procesual de contestación á demanda; E) A reconvención.- 3. As alegacións complementarias e aclaratorias na audiencia previa do xuízo ordinario.

    Lección 8: A fase intermedia e a fase de xuízo ou vista.
    1. A audiencia previa no proceso ordinario e a fase inicial da vista no xuízo verbal: xustificación, principios reitores e estrutura.- 2. A audiencia previa: A) Comparecencia das partes. B) Funcións.- 3. Funcións da fase inicial da vista no xuízo verbal.- 4. O xuízo e a vista nos xuízos ordinario e verbal: A) Principios reitores. B) Comparecencia e suspensión. C) Desenvolvemento ou estrutura.

    Lección 9: A fase probatoria (I).
    1. A proba: Concepto. Natureza. Clases. Medios.- 2. A proba ilícita.- 3. O obxecto da proba.- 4. A valoración da proba.- 5. As presuncións.- 6. A carga da proba.- 7. O procedemento probatorio.- 8. Aseguranza e anticipación da proba.

    Lección 10: A fase probatoria (II).
    1. O interrogatorio das partes.- 2. A proba por documentos.- 3. O ditame de peritos.- 4. O interrogatorio de testemuñas.- 5. O recoñecemento xudicial.- 6. Medios audiovisuais e instrumentos de arquivo.- 7. As dilixencias finais.

    Lección 11: A fase de conclusións e a finalización da primeira instancia.
    1. Os actos de conclusión.- 2. A sentenza.- 3. A cousa xulgada.- 4. A terminación anticipada do proceso por vontade das partes ou dalgunha delas.- 5. A paralización do proceso e a perda total ou parcial dos autos.

    Lección 12: Os recursos e os medios extraordinarios para rescindir sentenzas firmes.
    1. Os recursos: A) Concepto e fundamento; B) Panorama xeral dos recursos na LAC e normas aplicables a todos os recursos; C) Recursos ordinarios: Recurso de reposición. Recurso de revisión. Recurso de apelación. Recurso de queixa; D) Os recursos extraordinarios: A regulación da LAC do 2000 e o réxime vixente. O recurso por infracción procesual. O recurso de casación. O recurso en interese de lei.- 2. Os medios extraordinarios para rescindir sentenzas firmes: A) A audiencia ao rebelde; B) A revisión; C) O incidente de nulidade de actuacións.

    Lección 13: Os gastos e as custas procesuais.
    1. Os gastos da xustiza.- 2. Os gastos procesuais.- 3. As custas procesuais.

    PARTE TERCEIRA: O PROCESO DE EXECUCION.

    Lección 14: A execución forzosa (I). Conceptos fundamentais e execución provisional.
    1. Conceptos fundamentais: A) Introdución; B) Tipos de execución; C) Suxeitos da execución; D) O título de execución; E) Comezo e final da execución forzosa; F) A demanda executiva, o despacho de execución e o decreto do secretario xudicial; G) Acumulación de execucións; H) A oposición na execución.- 2. Execución provisional: A) Concepto, fundamento e características; B) Resolucións provisionalmente executables; C) Procedemento; D) Efectos da revogación da sentenza provisionalmente executada.

    Lección 15: A execución forzosa (III). Execución en diñeiro, execución en cousa distinta a unha cantidade de diñeiro e execucións especiais.
    1. Execución en diñeiro: A) Introdución; B) A estrutura do procedemento; C) A liquidación de títulos ilíquidos; D) A fase de embargo de bens; E) A fase de realización dos bens embargados; F) A fase de pagamento ao executante; G) A administración para pagamento.- 2. Execución en cousa distinta a unha cantidade de diñeiro: A) Nocións xerais, B) As execucións de facer; C) As execucións de non facer; D) As execucións de entregar algunha cousa.- 3. Execucións especiais: A) Os procedementos de execución hipotecaria: nocións xerais; B) O recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais estranxeiras: nocións xerais.

    PARTE CUARTA: O PROCESO CAUTELAR.

    Lección 16: As medidas cautelares.
    1. A tutela cautelar: Concepto. Fundamento constitucional. Natureza. Características. Principios.- 2. A adopción de medidas cautelares: A) Requisitos e características do proceso cautelar. B) Efectos.- 3. As medidas cautelares do noso sistema procesual civil: enumeración e estudo das súas principais características.- 4. A tramitación do proceso cautelar.- 5. Réxime da responsabilidade pola utilización da tutela cautelar.

    PARTE QUINTA: OS PROCESOS ESPECIAIS.

    Lección 17: Especialidades dos procesos declarativos ordinarios.
    1. Especialidades procesuais e procesos especiais.- 2. Especialidades procesuais relativas a materias que se tramitan polas vías do xuízo ordinario.- 3. Especialidades procesuais relativas a materias que se tramitan polas vías do xuízo verbal, con especial referencia aos denominados “procesos sumarios”.

    Lección 18: Procesos non dispositivos e procedementos para a división xudicial de patrimonios.
    1. Procesos non dispositivos: A) Disposicións comúns; B). Principais características dos procesos sobre a capacidade das persoas; C) Principais características dos procesos sobre filiación, paternidade, maternidade e protección de menores; D) Procesos matrimoniais.- 2. Os procedementos para a división xudicial de patrimonios: A) Introdución; B) Clases; C) Principais características.

    Lección 19: Procesos sumarios para a defensa do crédito. Procesos concursais.
    1. Procesos sumarios para a defensa do crédito: A) Introdución; Natureza e estrutura; B) Enumeración e as súas principa
    Contidos
    is características.- 2. O xuízo cambiario.- 3. O proceso monitorio.- 4. Os procesos concursais: principais aspectos procesuais.

    PARTE SEXTA: A ARBITRAXE PRIVADA.

    Lección 20: A arbitraxe privada.
    1. Concepto, fundamento e clases.- 2. Regulación e ámbito de aplicación.- 3. Disposicións xerais.- 4. O convenio arbitral.- 5. A organización arbitral.- 6. O procedemento arbitral.- 7. O laudo arbitral.- 8. Os medios de impugnación.- 9. A execución.

    O contido da materia complétase co correspondente PROGRAMA DE “PRÁCTICAS”, determinado nun calendario e cuxo contido se pode consultar no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual e nas clases teóricas.

    >Lección 18: Procesos non dispositivos e procedementos para a división xudicial de patrimonios.
    1. Procesos non dispositivos: A) Disposicións comúns; B). Principais características dos procesos sobre a capacidade das persoas; C) Principais características dos procesos sobre filiación, paternidade, maternidade e protección de menores; D) Procesos matrimoniais.- 2. Os procedementos para a división xudicial de patrimonios: A) Introdución; B) Clases; C) Principais características.

    Lección 19: Procesos sumarios para a defensa do crédito. Procesos concursais.
    1. Procesos sumarios para a defensa do crédito: A) Introdución; Natureza e estrutura; B) Enumeración e as súas principais características.- 2. O xuízo cambiario.- 3. O proceso monitorio.- 4. Os procesos concursais: principais aspectos procesuais.

    PARTE SEXTA: A ARBITRAXE PRIVADA.

    Lección 20: A arbitraxe privada.
    1. Concepto, fundamento e clases.- 2. Regulación e ámbito de aplicación.- 3. Disposicións xerais.- 4. O convenio arbitral.- 5. A organización arbitral.- 6. O procedemento arbitral.- 7. O laudo arbitral.- 8. Os medios de impugnación.- 9. A execución.

    O contido da materia complétase co correspondente PROGRAMA DE “PRÁCTICAS”, determinado nun calendario e cuxo contido se pode consultar no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual e nas clases teóricas.

    Grupo C:

    Os contidos mínimos desta materia agrúpanse en 25 leccións que fan referencia a seis áreas temáticas, coincidentes cos descritores da materia que figuran no Plan de Estudos da Facultade de Dereito, aprobado por Resolución do 25 de xuño de 2003, da Universidade de Santiago de Compostela (BOE do 2 de agosto). As ditas áreas son: I. Conceptos fundamentais do proceso civil (5 leccións), II. Os procesos declarativos ordinarios (9 leccións), III. O proceso de execución (5 leccións), IV. O proceso cautelar (2 leccións), V. Os procesos especiais (3 leccións) e VI. A arbitraxe privada (1 lección).

    PARTE PRIMEIRA: O PROCESO CIVIL. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS.

    Lección 1: Introdución. Principios do proceso e do procedemento.
    1. A Lei de axuizamento civil 1/2000, de 7 de xaneiro: A) O modelo de xustiza civil. B) Estrutura e contido básico.- 2. A Lei de axuizamento civil de 1881: preceptos vixentes.- 3. Os principios do proceso civil.- 4. Os principios do procedemento.

    Lección 2: A competencia.
    1. A xurisdición e competencia dos tribunais da orde xurisdicional civil.- 2. Competencia obxectiva.- 3. Competencia funcional.- 4. Competencia territorial.- 5. O reparto de asuntos.

    Lección 3: As partes procesuais.
    1. As partes procesuais: A) Concepto. Dualidade de posicións. B) Capacidade para ser parte e capacidade procesual. C) Lexitimación. D) Postulación.- 2. Pluralidade de partes: A) Concepto. B) Litisconsorcio. C) A intervención procesual.- 3. Sucesión procesual.

    Lección 4: O obxecto do proceso civil.
    1. O obxecto do proceso.- 2. As cuestións prexudiciais.- 3. As cuestións incidentais.- 4. A ampliación do obxecto procesual: os supostos de acumulación.

    Lección 5: Tipoloxía dos procesos civís.
    1. Procesos declarativos: A) Tipoloxía e liñas xerais da LAC. B) Os procesos declarativos ordinarios: ámbito e fases. C) Os procesos declarativos ordinarios con especialidade: liñas xerais da LAC. D) Os procesos declarativos especiais: liñas xerais da LEC.- 2. Proceso cautelar: liñas xerais da LAC .- 3. Proceso de execución: tipoloxía e liñas xerais da LAC.

    PARTE SEGUNDA: OS PROCESOS DECLARATIVOS ORDINARIOS.

    Lección 6: Actos previos ao proceso.
    1. O acto de conciliación.- 2. As dilixencias preliminares.- 3. Outras actuacións previas (reclamación administrativa previa, medidas cautelares, etc.).

    Lección 7: A fase de alegacións.
    1. A demanda.- 2. Posicións do demandado ante a demanda: A) Chamamento do demandado ao proceso e posturas que pode adoptar. B) A rebeldía. C) A falta de contestación á demanda. D) O acto procesual de contestación á demanda. E) A reconvención.- 3. As alegacións complementarias e aclaratorias na audiencia previa do xuízo ordinario.

    Lección 8: A fase intermedia e a fase de xuízo ou vista.
    1. A audiencia previa no proceso ordinario e a fase inicial da vista no xuízo verbal: xustificación, principios reitores e estrutura.- 2. A audiencia previa: A) Comparecencia das partes. B) Funcións.- 3. Funcións da fase inicial da vista no xuízo verbal.- 4. O xuízo e a vista nos xuízos ordinario e verbal: A) Principios reitores. B) Comparecencia e suspensión. C) Desenvolvemento ou estrutura.

    Lección 9: A fase probatoria (I).
    1. A proba: Concepto. Natureza. Clases. Medios.- 2. A proba ilícita.- 3. O obxecto da proba.- 4. A valoración da proba.- 5. As presuncións.- 6. A carga da proba.- 7. O procedemento probatorio.- 8. Aseguranza e anticipación da proba.

    Lección 10: A fase probatoria (II).
    1. O interrogatorio das partes.- 2. A proba por documentos.- 3. O ditame de peritos.- 4. O interrogatorio de testemuñas.- 5. O recoñecemento xudicial.- 6. Medios audiovisuais e instrumentos de arquivo.- 7. As dilixencias finais.

    Lección 11: A fase de conclusións e a finalización da primeira instancia.
    1. Os actos de conclusión.- 2. A sentenza.- 3. A cousa xulgada.- 4. A terminación anticipada do proceso por vontade das partes ou dalgunha delas.- 5. A paralización do proceso e a perda total ou parcial dos autos.

    Lección 12: Os recursos.
    1. Os recursos: A) Concepto e fundamento. B) Panorama xeral dos recursos na LAC e normas aplicables a todos os recursos.- 2. Recursos ordinarios: A) Recurso de reposición. B) O recurso de apelación. C) O recurso de queixa.- 3. Os recursos extraordinarios: A) A regulación da LAC de 2000 e o réxime vixente. B) O recurso por infracción procesual. C) O recurso de casación. D) O recurso en interese de lei.

    Lección 13: Os medios extraordinarios para rescindir sentenzas firmes.
    1. A audiencia ao rebelde.- 2. A revisión.- 3. O incidente de nulidade de actuacións.

    Lección 14: Os gastos e as custas procesuais.
    1. Os gastos da xustiza.- 2. Os gastos procesuais.- 3. As custas procesuais.

    PARTE TERCEIRA: O PROCESO DE EXECUCION.

    Lección 15: A execución forzosa (I). Conceptos fundamentais.
    1. Introdución.- 2. Tipos de execución.- 3. Suxeitos da execución.- 4. O título de execución.- 5. Comezo e final da execución forzosa.- 6. A demanda executiva e o despacho de execución.- 7. Acumulación de execucións.- 8. A oposición na execución.

    Lección 16: A execución forzosa (II). Execución provisional.
    1. Concepto, fundamento e características.- 2. Novidades da LAC/2000.- 3. Resolucións provisionalmente executables.- 4. Procedemento.- 5. Efectos da revogación da sentenza provisionalmente executada.

    Lección 17: A execución forzosa (III). Execución en cousa distinta a unha cantidade de diñeiro.
    1. Nocións xerais.- 2. As execucións de facer.- 3. As execucións de non facer.- 4. As execucións de entregar algunha cousa.

    Lección 18: A execución forzosa (IV). Execución en diñeiro.
    1. Introdución.- 2. A estrutura do procedemento, en particular a demanda executiva, o despacho de execución, as posturas do executado e o requirimento de pagamento.- 3. A liquidación de títulos ilíquidos.- 4. A fase de embargo de bens e as súas incidencias.- 5. A fase de realización dos bens embargados e as súas incidencias.- 6. A fase de pagamento ao executante e as súas incidencias.- 7. A administración para pagamento.

    Lección 19: A execución forzosa (V). Execucións especiais.
    1. Os procedementos de execución hipotecaria: nocións xerais.- 2. O recoñecemento e a execución de resolucións xudiciais estranxeiras: nocións xerais.

    PARTE CUARTA: O PROCESO CAUTELAR.

    Lección 20: As medidas cautelares (I).
    1. A tutela cautelar: Concepto.
    Contidos
    Fundamento constitucional. Natureza. Características. Principios.- 2. A adopción de medidas cautelares: A) Requisitos e características do proceso cautelar. B) Efectos.- 3. As medidas cautelares do noso sistema procesual civil: enumeración e estudo das súas principais características.

    Lección 21: As medidas cautelares (II).
    1. A tramitación do proceso cautelar.- 2. Réxime da responsabilidade pola utilización da tutela cautelar.

    PARTE QUINTA: OS PROCESOS ESPECIAIS.

    Lección 22: Especialidades dos procesos declarativos ordinarios.
    1. Especialidades procesuais e procesos especiais.- 2. Especialidades procesuais relativas a materias que se tramitan polas vías do xuízo ordinario: enumeración e principais características.- 3. Especialidades procesuais relativas a materias que se tramitan polas vías do xuízo verbal, con especial referencia aos denominados “procesos sumarios”: enumeración e principais características.

    Lección 23: Procesos non dispositivos e procedementos para a división xudicial de patrimonios.
    1. Procesos non dispositivos: A) Disposicións comúns. B). Principais características dos procesos sobre a capacidade das persoas. C) Principais características dos procesos sobre filiación, paternidade, maternidade e protección de menores. D) Procesos matrimoniais.- 2. Os procedementos para a división xudicial de patrimonios: A) Introdución. B) Clases. C) Principais características.

    Lección 24: Procesos sumarios para a defensa do crédito. Procesos concursais.
    1. Procesos sumarios para a defensa do crédito: A) Introdución. Natureza e estrutura. B) Enumeración e as súas principais características.- 2. O xuízo cambiario.- 3. O proceso monitorio.- 4. Os procesos concursais: principais aspectos procesuais.

    PARTE SEXTA: A ARBITRAXE PRIVADA.

    Lección 25: A arbitraxe privada.
    1. Concepto, fundamento e clases.- 2. Regulación e ámbito de aplicación.- 3. Disposicións xerais.- 4. O convenio arbitral.- 5. A organización arbitral.- 6. O procedemento arbitral.- 7. O laudo arbitral.- 8. Os medios de impugnación.- 9. A execución.

    GRUPOS A e B: O contido da materia complétase co correspondente PROGRAMA DE “PRÁCTICAS”, determinado nun calendario e cuxo contido se pode consultar no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual.

    Bibliografía básica e complementaria
    Grupo A:

    Bibliografía básica:

    Comprende un manual actualizado da materia, un exemplar igualmente actualizado da Constitución española de 1978, da Lei orgánica do poder xudicial e da Lei de axuizamento civil, coas súas normas complementarias, así como as notas tomadas das explicacións na clase.

    Para todos os textos legais de necesario manexo, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes (ano 2010) que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.

    Entre os manuais que se recomendan, pola súa sistemática e actualización, atópase, en primeiro lugar, o dos profesores Cortes Domínguez e Moreno Catena, "Derecho procesal civil. Parte general" (e "Parte especial" para determinadas leccións), Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2010; e, en segundo lugar, o dos profesores Montero Aroca, Gómez Colomer, Montón Redondo, Barona Vilar, "Derecho jurisdiccional II. Proceso civil", Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2010, fundamentalmente para as leccións ou epígrafes que non figuren no manual anterior.

    Bibliografía complementaria: outros manuais que poden resultar de interese (sempre que sexan edicións do ano 2010) son os dos profesores*

    Armenta Deu, Lecciones de derecho procesal civil, Ed. Marcial Pons.
    Asencio Mellado, Derecho procesal civil, Ed. Tirant lo Blanch
    De la Oliva Santos e outros, Derecho procesal civil. El proceso de declaración. Ejecución forzosa. Procesos especiales, Ed. CERASA.
    Gimeno Sendra, Derecho procesal civil I y II, Ed. Colex.
    Ortells Ramos e outros, Derecho procesal civil, Ed. Aranzadi.
    *A lista é meramente enunciativa.

    Grupo B:

    Comprende un manual actualizado da materia, un exemplar igualmente actualizado da Constitución española de 1978, da Lei orgánica do poder xudicial e da Lei de axuizamento civil, coas súas normas complementarias, así como as notas tomadas das explicacións na clase.

    Para todos os textos legais de necesario manexo, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.

    Entre os manuais que se recomendan, pola súa sistemática e actualización, atópase, en primeiro lugar, o dos profesores Cortes Domínguez e Moreno Catena, "Derecho Procesal Civil. Parte General", Ed. Tirant lo Blanch (última edición); e, en segundo lugar, o dos profesores Montero Aroca, Gómez Colomer, Montón Redondo, Barona Vilar, "Derecho Jurisdiccional II. Proceso civil", Ed. Tirant lo Blanch (última edición), fundamentalmente para as leccións ou epígrafes que n figuren no manual anterior.

    Bibliografía complementaria: outros manuais que poden ser convenientes son os dos profesores

    Armenta Deu, Lecciones de Derecho Procesal Civil, Ed. Marcial Pons (última edición).
    Cortés Domínguez, Moreno Catena e Gimeno Sendra, Derecho Procesal Civil. Parte Especial, Ed. Colex (última edición).
    De la Oliva Santos e outros, Derecho Procesal Civil. El proceso de declaración. Ejecución forzosa. Procesos especiales, Ed. CERASA (última edición).
    Gimeno Sendra, Derecho Procesal Civil I y II, Ed. Colex (última edición).
    Ortells Ramos e outros, Derecho Procesal Civil, Ed. Aranzadi (última edición).
    Asencio Mellado, Derecho Procesal Civil, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).
    Garberí Llobregat ,Introducción al nuevo proceso civil, Ed. Tirant lo Blanch (última edición).

    Grupo C:

    Bibliografía básica:

    Comprende un manual actualizado da materia, un exemplar igualmente actualizado da Constitución española de 1978, da Lei orgánica do poder xudicial e da Lei de axuizamento civil, coas súas normas complementarias, así como as notas tomadas das explicacións na clase.

    Para todos os textos legais de necesario manexo, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.

    Entre os manuais que se recomendan, pola súa sistemática e actualización, atópase, en primeiro lugar, o dos profesores Cortes Domínguez e Moreno Catena, "Derecho Procesal Civil. Parte General", Ed. Tirant lo Blanch (última edición); e, en segundo lugar, o dos profesores Montero Aroca, Gómez Colomer, Montón Redondo, Barona Vilar, "Derecho Jurisdiccional II. Proceso civil", Ed. Tirant lo Blanch (última edición), fundamentalmente para as leccións ou epígrafes que n figuren no manual anterior.

    Bibliografía complementaria: outros manuais que poden ser convenientes son os dos profesores

    Armenta Deu, Lecciones de Derecho Procesal Civil, Ed. Marcial Pons (última edición).
    Cortés Domínguez, Moreno Catena e Gimeno Sendra, Derecho Procesal Civil. Parte Especial, Ed. Colex (última edición).
    De la Oliva Santos e outros, Derecho Procesal Civil. El proceso de declaración. Ejecución forzosa. Procesos especiales, Ed. CERASA (última edición).
    Gimeno Sendra, Derecho Procesal Civil I y II, Ed. Colex (última ed
    Competencias
    Grupo A:

    Co estudo desta materia o/a alumno/a obterá unha serie de coñecementos básicos que lle permitirán valorar os feitos sociais conforme as principais normas procesuais que resulten de aplicación e ter a capacidade necesaria para comprender cuestións xurídicas relevantes e para expoñer as posibles resolucións dun caso concreto.

    Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía procesual e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e lingüisticamente correcta.

    Coa súa participación nas clases prácticas obterá unha visión global do proceso civil e dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas, e comprobará a súa aplicación en situacións reais así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundamentada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expor os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.

    Grupo B:

    Co estudo desta materia o alumno obterá unha serie de coñecementos básicos que lle permitirán valorar os feitos sociais conforme as principais normas procesuais que resulten de aplicación, ter a capacidade necesaria para comprender cuestións xurídicas relevantes e para expoñer as posibles resolucións dun caso concreto.

    Ademais, o manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina familiarizarao coa terminoloxía procesual e facilitaralle unha mellor comprensión dos textos xurídicos, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e lingüisticamente correcta.

    Coa súa participación nas clases prácticas obterá unha visión global do proceso civil e dos problemas forenses que presentan as institucións estudadas e comprobará a súa aplicación en situacións reais así como as distintas formas de interpretación das normas xurídicas. Estas prácticas proporcionaranlle os coñecementos necesarios para elaborar e presentar unha decisión xuridicamente fundada, para redactar documentos xurídicos sinxelos, o que lle facilitará tamén as competencias básicas para expor os seus coñecementos cun dominio axustado das habilidades orais e escritas.

    Metodoloxía da ensinanza
    GRUPO A:

    A planificación docente da materia persegue un adecuado equilibrio dos seus fundamentos xurídicos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o/a alumno/a poida adquirir unha perspectiva básica e axustada da materia.

    Durante o cuadrimestre facilitaráselle ao alumnado, a través do Servizo de Reprografía da Facultade de Dereito, material documental de apoio para a comprensión da materia e como complemento imprescindible das explicacións teóricas e prácticas. Tamén se utilizarán os medios técnicos instalados nas aulas para facilitar a comprensión da materia.

    A dita planificación está baseada fundamentalmente nas clases teóricas, clases prácticas e consultas ou titorías:

    A) Clases teóricas:

    Sen a pretensión de referir integramente o contido do programa da materia, agás naquelas partes que sexa difícil estudar polos manuais, tratarase de que as explicacións do profesor poidan servir de guía para o estudo do dito programa e para a comprensión de toda a materia, propoñendo un intercambio de ideas, de interpretacións e de informacións, así como formulando preguntas aos alumnos/as sobre as cuestións abordadas. De tal forma que seguir as devanditas explicacións poida servirlle ao alumno/a para facilitar o estudo do manual e da lexislación ao uso, pois, por un lado, permiten delinear mediante a exposición sistemática e clara as liñas mestras do ordenamento procesual civil, dos seus principios e institucións, así como destacar a relación da materia coa realidade e, por outro, contribúen a analizar cuestións baixo distintas perspectivas e entender as de máis difícil comprensión.

    Semanalmente, impartiranse catro clases teóricas cunha duración que variará, segundo os casos, de 60 a 90 minutos (excepción feita do establecido no apartado seguinte respecto das clases prácticas), de acordo co horario oficial publicado.

    A asistencia habitual ás clases teóricas nunha porcentaxe superior ao 80%, xunto coa participación activa nas ditas clases (p.e., colaborando na exposición do temario, nas actividades que formule o profesor, etc.) será valorada polo profesor positivamente de cara á nota final, ata un máximo de medio punto. Para tal efecto, semanalmente controlarase a asistencia mediante procedementos aleatorios.

    B) Clases prácticas:

    As clases prácticas teñen como finalidade primordial expor os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases teóricas (a clase teórica é pois soporte da clase práctica), ademais de contribuír a completar o programa da materia para que os alumnos/as obteñan unha visión global de todo o proceso civil. Traerase ás aulas a realidade coa que se vai enfrontar o/a alumno/a na súa vida profesional dende a óptica do avogado ou do xuíz, polo que o réxime destas prácticas basearase na realización de exercicios de aplicación do dereito positivo a supostos de feito, na elaboración de documentos procesuais e outros traballos de contido práctico, e na presenza de actuacións procesuais en vivo ou simuladas, que serán obxecto de estudo previo e posterior análise.

    Impartiranse as clases prácticas que corresponden á materia conforme establece o plan de estudos. A data na que se realizará cada actividade práctica é a publicada no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual, con anterioridade ao comezo do segundo cuadrimestre. Non obstante, o ritmo das explicacións teóricas, as festividades ou outras continxencias poden provocar modificacións puntuais no calendario programado; en calquera destes casos procurarase comunicárllelo aos alumnos coa antelación que sexa posible.

    O contido básico das prácticas está programado polo profesor dende o comezo do curso e exposto no taboleiro de anuncios da Área. Os/as alumnos/as realizarán as práctiacas dentro e fóra do horario lectivo, segundo os casos. Para tal efecto, o profesor orientará os alumnos/as acerca do manexo de fontes legais, doutrinais e xurisprudenciais, que constitúen os materiais básicos para a resolución de casos prácticos, a elaboración de documentos procesuais e a comprensión das actuacións procesuais que se van presenciar. As prácticas realizadas polos alumnos/as serán resoltas na clase, entregadas polos asistentes a cada sesión e cualificadas polo profesor.

    As clases prácticas serán impartidas polo mesmo profesor das clases teóricas ou, eventualmente por outro profesorado da Área ou profesionais colaboradores da Escola de Práctica Xurídica (USC-ICAS-ICPS).

    Ao inicio do curso (primeira semana), os alumnos/as decidirán se se acollen ou non ao réxime de clases prácticas e farano constar na única ficha da materia que deberán entregar. Para acceder ao sistema de prácticas é imprescindible acreditar unha asistencia habitual ás clases teóricas.

    A realización das prácticas computará na nota final da materia sempre e cando a asistencia a estas fose superior ao 80% das sesións programadas. Nas prácticas que supoñan, ademais da asistencia e participación na clase, a entrega dalgún tipo de traballo, só poderán entregar o dito traballo os alumnos/as que asistisen ás sesións nas que se levou a cabo a dita práctica. A data de entrega dos diferentes traballos será fixada polo profesor ao remate de cada sesión práctica.

    Durante o cuadrimestre realizarase un total de dez prácticas que serán desenvolvidas nun número superior de sesións. A cualificación de cada práctica oscilará entre cero e punto e medio. Dependendo da media, a nota final resultante sumará ata un máximo de punto e medio á cualificación obtida no exame final (oral ou escrito).

    C) Consultas:

    As consultas ou titorías teñen como finalidade orientar os alumnos/as na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que suscite o seu estudo.

    Serán atendidas por parte do profesor encargado da materia no horario que se indique no taboleiro de anuncios da Área. Para consultas fóra del, os interesados poderán concertar a oportuna cita na hora de clase ou de titoría.

    Excepcionalmente, establecerase un apoio titorial periódico para aqueles alumnos que encontren unha especial dificultade na aprendizaxe da materia, manifestada no número de convocatorias esgotadas, na indecisión á hora de presentarse ao exame, etc., tendente a proporcionarlles a orientación necesaria para que adquiran os coñecementos suficientes para superar a materia. Este apoio titorial extraordinario debe solicitarse por escrito ao profesor da materia antes do 4 de marzo de 2011. O profesor, en función das dispoñibilidades, procurará atender todas as solicitudes presentadas.

    D) Fichas:

    Todo alumno/a debe entregarlle ao profesor, durante a primeira semana do segundo cuadrimestre, unha ficha, cuberta debidamente e cunha fotografía recente.

    GRUPO B:

    A planificación docente da materia persegue un adecuado equilibrio dos seus fundamentos xurídicos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumno poida adquirir unha perspectiva básica e axustada da materia.

    A) Clases teóricas:

    O obxecto das clases teóricas é facilitar o estudo da materia, mediante a exposición sistemática dos principios e institucións que integran o ordenamento procesual civil, así como destacar a relación da materia coa realidade; ao mesmo tempo permite analizar cuestións baixo distintas perspectivas e entender as de máis difícil comprensión.
    Semanalmente impartiranse catro clases teóricas (excepción feita do establecido no apartado seguinte respecto das clases prácticas), de acordo co horario oficial publicado.

    B)Clases prácticas:

    As clases prácticas teñen como finalidade primordial expoñer os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases teóricas, ademais de contribuír a completar o programa da materia para que os alumnos obteñan unha visión global de todo o proceso civil. Consegui
    Metodoloxía da ensinanza
    ntemente, o réxime das prácticas basearase na realización de exercicios de aplicación do dereito positivo a supostos de feito, a elaboración de documentos procesais e outros traballos de contido práctico, e a presenza de actuacións procesais en vivo ou simuladas, que serán obxecto de estudo previo e posterior análise.
    Impartiranse as clases prácticas que corresponden á materia conforme establece o plan de estudos. A data en que se realizará cada actividade práctica programada será comunicada aos alumnos nas clases teóricas, coa suficiente antelación.
    As prácticas serán propostas por cada profesor con antelación suficiente, e deberán ser realizadas polos alumnos dentro e fóra do horario lectivo. Para tal efecto, os profesores de prácticas orientarán aos alumnos acerca do manexo de fontes legais, doutrinales e xurisprudenciais, que constitúen os materiais básicos para a resolución de casos prácticos, a elaboración de documentos procesais e a comprensión das actuacións procesais a presenciar. As prácticas realizadas polos alumnos serán resoltas en clase, entregadas polos asistentes a cada sesión e cualificadas polo profesor.
    As clases prácticas serán impartidas polos mesmos profesores das clases teóricas ou, eventualmente por outros profesores da Área ou profesionais-colaboradores.
    Ao inicio do curso, os alumnos decidirán se se acollen ou non ao réxime de clases prácticas, facéndoo constar na única ficha da materia que deberán entregar. A participación nas clases prácticas esixe que o alumno acuda con frecuencia (80% mínimo) ás clases teóricas. Para computar a cualificación das prácticas na nota final da materia deberán haber entregado (e haber asistido), polo menos, un 80% das prácticas programadas. A cualificación de cada práctica oscilará entre cero e un punto. Dependendo do promedio, a nota final resultante sumará ata un máximo de dous puntos á cualificación obtida no exame final (oral ou escrito), sempre que no devandito exame se acaden un mínimo de catro puntos, e demóstrese un coñecemento equilibrado das distintas partes que integran o programa

    C) Consultas:

    As consultas ou titorías teñen como finalidade orientar aos alumnos na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que se suscítenlles en relación co seu estudo.
    Se atenderán por parte dos profesores encargados da materia no horario que se indique no taboleiro de anuncios da Área. Para consultas fóra do mesmo, os interesados poderán concertar a oportuna cita á hora da clase ou de titoría.

    D) Fichas:

    Todo alumno debe entregar ao profesor, durante os primeiros quince días do curso, unha ficha, cumprimentada debidamente e cunha fotografía recente

    GRUPO C:

    A planificación docente da materia persegue un adecuado equilibrio dos seus fundamentos xurídicos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumno poida adquirir unha perspectiva básica e axustada da materia.

    A) Clases teóricas:

    O obxecto das clases teóricas é facilitar o estudo da materia, mediante a exposición sistemática dos principios e institucións que integran o ordenamento procesual civil, así como destacar a relación da materia coa realidade; ao mesmo tempo permite analizar cuestións baixo distintas perspectivas e entender as de máis difícil comprensión.
    Semanalmente impartiranse catro clases teóricas (excepción feita do establecido no apartado seguinte respecto das clases prácticas), de acordo co horario oficial publicado.

    B)Clases prácticas:

    As clases prácticas teñen como finalidade primordial expoñer os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases teóricas, ademais de contribuír a completar o programa da materia para que os alumnos obteñan unha visión global de todo o proceso civil. Conseguintemente, o réxime das prácticas basearase na realización de exercicios de aplicación do dereito positivo a supostos de feito, a elaboración de documentos procesais e outros traballos de contido práctico, e a presenza de actuacións procesais en vivo ou simuladas, que serán obxecto de estudo previo e posterior análise.
    Impartiranse as clases prácticas que corresponden á materia conforme establece o plan de estudos. A data en que se realizará cada actividade práctica programada será comunicada aos alumnos nas clases teóricas, coa suficiente antelación.
    As prácticas serán propostas por cada profesor con antelación suficiente, e deberán ser realizadas polos alumnos dentro e fóra do horario lectivo. Para tal efecto, os profesores de prácticas orientarán aos alumnos acerca do manexo de fontes legais, doutrinales e xurisprudenciais, que constitúen os materiais básicos para a resolución de casos prácticos, a elaboración de documentos procesais e a comprensión das actuacións procesais a presenciar. As prácticas realizadas polos alumnos serán resoltas en clase, entregadas polos asistentes a cada sesión e cualificadas polo profesor.
    As clases prácticas serán impartidas polos mesmos profesores das clases teóricas ou, eventualmente por outros profesores da Área ou profesionais-colaboradores.
    Ao inicio do curso, os alumnos decidirán se se acollen ou non ao réxime de clases prácticas, facéndoo constar na única ficha da materia que deberán entregar. A participación nas clases prácticas esixe que o alumno acuda con frecuencia (80% mínimo) ás clases teóricas. Para computar a cualificación das prácticas na nota final da materia deberán haber entregado (e haber asistido), polo menos, un 80% das prácticas programadas. A cualificación de cada práctica oscilará entre cero e un punto. Dependendo do promedio, a nota final resultante sumará ata un máximo dun punto á cualificación obtida no exame final (oral ou escrito), sempre que no devandito exame se acaden un mínimo de catro puntos, e demóstrese un coñecemento equilibrado das distintas partes que integran o programa

    C) Consultas:

    As consultas ou titorías teñen como finalidade orientar aos alumnos na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que se suscítenlles en relación co seu estudo.
    Se atenderán por parte dos profesores encargados da materia no horario que se indique no taboleiro de anuncios da Área. Para consultas fóra do mesmo, os interesados poderán concertar a oportuna cita á hora da clase ou de titoría.
    Excepcionalmente, establecerase un apoio titorial xornal para aqueles alumnos que atopen unha especial dificultade na aprendizaxe da materia, manifestada no número de convocatorias esgotadas, indecisión á hora de presentarse ao exame, etc., tendente a proporcionarlles a orientación necesaria para que adquiran os coñecementos suficientes para superar a materia. Dito apoio titorial extraordinario debe solicitarse por escrito aos profesores da materia. Estes, en función das disponibilidades, procurarán atender todas as solicitudes presentadas.

    D) Fichas:

    Todo alumno debe entregar ao profesor, durante os primeiros quince días do curso, unha ficha, cumprimentada debidamente e cunha fotografía recente

    Sistema de evaluación
    GRUPO A:

    1. Materia obxecto de exame.

    Ao ser unha materia cuadrimestral, só se realizará un exame final. A materia correspondente ao exame comprende a totalidade das leccións que figuran no programa oficial, esixible co grao de profundidade que resulta das explicacións realizadas polo profesor nas clases teóricas e prácticas, e de acordo coas indicacións feitas para as leccións non explicadas na clase.

    2. Datas de exame.

    Conforme ao establecido pola Xunta da Facultade de Dereito, o exame escrito terá lugar o 30 de xuño de 2011, nas aulas e horas que figuran na guía e nos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito para cada grupo. O exame de setembro está fixado para o día 16.

    3. Modalidades de exame.

    Como norma xeral, os alumnos/as poderán optar entre o exame escrito e o exame oral, de acordo coas normas que se detallan a continuación:

    A) Regras para a realización do exame.

    Os alumnos/as deberán acreditar a súa identidade, para o que acudirán ao exame provistos do seu DNI, carné da Universidade, pasaporte ou permiso de conducir.

    No exame poderá utilizarse o programa oficial e as leis relacionadas coa materia. Non obstante, calquera anotación ou comentario contido no material anterior, estea ou non relacionado coas preguntas do exame, suporá a expulsión automática del.

    Os exames escritos deberán realizarse con bolígrafo, preferentemente de tinta negra ou escura, coidando a ortografía, sintaxe e precisión da linguaxe; a caligrafía terá que ser clara e coidada.

    B) Exame escrito.

    Parte obrigatoria: Constará de dez preguntas de distinto tipo (de resposta breve, test, completar), que, de ser o caso, deberán ser enmarcadas nalgunha das normas do noso ordenamento xurídico e que se responderán no período máximo de dúas horas. O/a alumno/a poderá utilizar todos os textos legais que considere convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico.

    Parte voluntaria: De xeito voluntario, os alumnos/as poderán desenvolver un tema xeral, seleccionado polo profesor entre os contidos da materia. O tema poderá responder a epígrafes do programa ou formularse como preguntas de relación ou conexión entre distintos contidos, todos eles comprendidos na materia obxecto de exame. Para a súa realización disponse de 30 minutos.

    C) Criterios de cualificación e revisión de exames.

    Para superar o exame escrito e ter a cualificación de aprobado esíxese un coñecemento xeral de toda a materia do exame, e equilibrado de cada unha das súas partes. Non será posible superar a materia cando o exame demostre que o/a alumno/a descoñece partes esenciais do programa.

    Nas preguntas obrigatorias os alumnos/as deberán sintetizar tanto conceptos como institucións esenciais do programa da materia e responder de maneira breve, clara e concisa ao que se lle pregunta. O valor de cada pregunta é de un punto e poderá chegar a obterse un máximo de dez puntos.

    Na pregunta voluntaria esixirase unha exposición lóxica, intelixible e lingüisticamente correcta da resposta, tendo en conta especialmente a capacidade de relacionar distintos contidos do programa. Trátase de comprobar a claridade de ideas e expositiva do alumno/a, o manexo adecuado da terminoloxía procesual e da lexislación, xurisprudencia e doutrina, así como a súa capacidade de relación. O valor máximo desta pregunta de desenvolvemento será de un punto. A finalidade desta pregunta é axudar os alumnos/as que estean preto do aprobado nas preguntas obrigatorias e facilitarlles un instrumento para mellorar a súa cualificación final aos que aproben a materia só coas preguntas obrigatorias.

    A nota final que determinará o rendemento académico do alumno/a en relación coa materia será a que resulte de sumar aos puntos obtidos nas preguntas obrigatorias (ou, de ser o caso, no exame oral) á cualificación da pregunta voluntaria e das prácticas (de telas realizado), así como, de ser o caso, á puntuación correspondente á asistencia e participación nas clases teóricas. A cualificación correspondente á pregunta voluntaria e a asistencia e participación nas clases prácticas e teóricas só se terá en conta (sumará) cando na cualificación obtida nas preguntas obrigatorias do exame se alcanzase un mínimo de catro puntos. Malia o anterior, para alcanzar a cualificación de aprobado, aínda que a nota final sea un cinco ou máis, esixirase que o/a alumno/e teña demostrado nas preguntas obrigatorias un coñecemento equilibrado das distintas partes que integran o programa.

    Revisión de exames: en cumprimento da normativa da USC, o profesor encargado da materia publicará, no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual, as listas coas cualificacións de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame, con indicación da data e horario en que o/a alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro de anuncios.

    D) Exame oral.

    A realización do exame de forma oral, suxeita ás dispoñibilidades horarias e do profesor, esixe que o/a alumno/a o solicite por escrito, que deberá presentar persoalmente perante o profesor, cunha antelación mínima de quince días á data fixada para a realización do exame escrito da materia.

    As datas habilitadas polo profesor para esta modalidade de exame estarán comprendidas entre os quince días anteriores á data fixada para o exame escrito. O exame oral realizarase seguindo a orde de inscrición.

    Non obstante, á vista da dispoñibilidade de datas e do profesor, poderá restrinxirse ou suprimirse a posibilidade de optar polo exame oral. En calquera caso, a supresión ou restrición do exame oral será anunciada polo profesor antes de que comece o calendario oficial de exames, no caso da supresión, e de ter finalizado o prazo para solicitar o exame oral, no caso da restrición. Se se impoñen as circunstancias indicadas á restrición dos exames orais, o profesor informará o delegado de grupo sobre o número máximo de alumnos/as que poden examinarse oralmente e as datas dispoñibles. O delegado elaborará unha lista na que poderán apuntarse os alumnos/as ata o número máximo fixado, que deberá entregarlle ao profesor cunha semana de antelación á data prevista para o inicio do calendario de exames.

    O exame oral será público e axustarase aos criterios xerais de avaliación previstos para o exame escrito (singularmente, no que respecta ao número de preguntas e a nota máxima do exame). Esta modalidade inclúe, como criterios propios de avaliación, a expresión oral, a argumentación e a construción lóxica e ordenada do discurso.

    As notas publicaranse conxuntamente coas cualificacións dos exames escritos.

    4. Avaliación continua.

    Excepcionalmente, establecerase un sistema de avaliación continua para aqueles alumnos/as interesados en acollerse a este.

    Para acceder ao dito sistema haberá que solicitarllo ao profesor antes do 4 de marzo de 2011 e o/a alumno/a deberá comprometerse a asistir (e participar) habitualmente ás clases teóricas e prácticas, así como ás sesións orais de avaliación de coñecementos que se irán realizando ao longo do cuadrimestre e que oscilarán entre un mínimo de tres e un máximo de seis.

    A non asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas nunha porcentaxe superior ao 20% e/ou o rendemento insuficiente nalgunha das sesións periódicas de avaliación, conlevará a imposiblidade de seguir acollido ao sistema de avaliación continua.

    A nota final virá determinada pola suma das cualificacións obtidas nas sesións orais de avaliación e na asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas nas s
    Sistema de evaluación
    eguintes proporcións: sesións periódicas de avaliación (80%), asistencia e participación nas clases prácticas (15%), asistencia e participación nas clases teóricas (5%).

    GRUPO B:

    1. Materia obxecto de exame.

    A materia correspondente ao exame da materia comprende a totalidade das leccións que figuran no programa oficial, esixible co grao de profundidade que resulta das explicacións realzadas polos profesores nas clases teóricas ý prácticas, e de acordo co establecido nos apartados anteriores..

    2. Modalidade de exame.

    Como norma xeral, os alumnos/as poderán optar entre o exame escrito e o exame oral, de acordo coas normas que se detallan a continuación:

    A) Regras para a realización do exame.

    Os alumnos/as deberán acreditar a súa identidade, para o que acudirán ao exame provistos do seu DNI, carné da Universidade, pasaporte ou permiso de conducir.

    No exame poderá utilizarse o programa oficial e as leis relacionadas coa materia. Non obstante, calquera anotación ou comentario contido no material anterior, estea ou non relacionado coas preguntas do exame, suporá a expulsión automática del.

    Os exames escritos deberán realizarse con bolígrafo, preferentemente de tinta negra ou escura, coidando a ortografía, sintaxe e precisión da linguaxe; a caligrafía terá que ser clara e coidada.

    B) Exame escrito.

    Parte obrigatoria: Constará de dez preguntas de distinto tipo (de resposta breve, test, completar), que, de ser o caso, deberán ser enmarcadas nalgunha das normas do noso ordenamento xurídico e que se responderán no período máximo de dúas horas. O/a alumno/a poderá utilizar todos os textos legais que considere convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico. Para a súa realización disponse de 1 hora e 30 minutos.

    Parte voluntaria: De xeito voluntario, os alumnos/as poderán desenvolver un tema xeral, seleccionado polo profesor entre os contidos da materia. O tema poderá responder a epígrafes do programa ou formularse como preguntas de relación ou conexión entre distintos contidos, todos eles comprendidos na materia obxecto de exame. Para a súa realización disponse de 30 minutos.

    C) Criterios de cualificación e revisión de exames.

    Para superar o exame escrito e ter a cualificación de aprobado esíxese un coñecemento xeral de toda a materia do exame, e equilibrado de cada unha das súas partes. Non será posible superar a materia cando o exame demostre que o/a alumno/a descoñece partes esenciais do programa.

    Nas preguntas obrigatorias os alumnos/as deberán sintetizar tanto conceptos como institucións esenciais do programa da materia e responder de maneira breve, clara e concisa ao que se lle pregunta. O valor de cada pregunta é de un punto e poderá chegar a obterse un máximo de dez puntos.

    Na pregunta voluntaria esixirase unha exposición lóxica, intelixible e lingüisticamente correcta da resposta, tendo en conta especialmente a capacidade de relacionar distintos contidos do programa. Trátase de comprobar a claridade de ideas e expositiva do alumno/a, o manexo adecuado da terminoloxía procesual e da lexislación, xurisprudencia e doutrina, así como a súa capacidade de relación. O valor máximo desta pregunta de desenvolvemento será de un punto. A finalidade desta pregunta é axudar os alumnos/as que estean preto do aprobado nas preguntas obrigatorias e facilitarlles un instrumento para mellorar a súa cualificación final aos que aproben a materia só coas preguntas obrigatorias.

    A nota final que determinará o rendemento académico do alumno/a en relación coa materia será a que resulte de sumar aos puntos obtidos nas preguntas obrigatorias (ou, de ser o caso, no exame oral) á cualificación da pregunta voluntaria e das prácticas (de telas realizado), así como, de ser o caso, á puntuación correspondente á asistencia e participación nas clases teóricas. A cualificación correspondente á pregunta voluntaria e a asistencia e participación nas clases prácticas e teóricas só se terá en conta (sumará) cando na cualificación obtida nas preguntas obrigatorias do exame se alcanzase un mínimo de catro puntos. Malia o anterior, para alcanzar a cualificación de aprobado, aínda que a nota final sea un cinco ou máis, esixirase que o/a alumno/e teña demostrado nas preguntas obrigatorias un coñecemento equilibrado das distintas partes que integran o programa.

    Á nota obtida no exame escrito sumarase, siempreque supérese a nota de 4, a cualificación das clases prácticas ata un máximo de 1 punto segundo os resultados obtidos.

    Revisión de exames: en cumprimento da normativa da USC, o profesor encargado da materia publicará, no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual, as listas coas cualificacións de cada alumno/a nos dez días seguintes á realización do exame, con indicación da data e horario en que o/a alumno/a poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, esta revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión, serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro de anuncios.

    D) Exame oral.

    Os alumnos deberán acreditar a súa identidade, para o cal acudirán ao exame provistos de seu D.N.I., carné da Universidade, pasaporte ou permiso de conducir.
    No exame poderá utilizarse o programa oficial da materia. Sen embargo, calquera anotación no mesmo, estea ou non relacionada coas preguntas do exame, supoñerá a expulsión automática deste.

    O exame oral será público e nel valorarase o coñecemento xeral de todo a materia do exame e de cada unha dos seus partes, atendendo especialmente á expresión oral, a argumentación e a construción lóxica e ordenada do discurso.

    D) Criterios de cualificación e revisión de exames.

    O exame oral será público e axustarase aos criterios xerais de avaliación previstos para o exame escrito (singularmente, no que respecta ao número de preguntas e a nota máxima do exame). Esta modalidade inclúe, como criterios propios de avaliación, a expresión oral, a argumentación e a construción lóxica e ordenada do discurso.

    As notas publicaranse conxuntamente coas cualificacións dos exames escritos.

    Á nota obtida no exame oral sumarase, siempreque supérese a nota de 4, a cualificación das clases prácticas ata un máximo de 1 punto segundo os resultados obtidos.

    Revisión de exames: En cumprimento da normativa da USC, os profesores encargados da materia publicarán, no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual, as listas coas cualificacións de cada alumno, con indicación da data e horario na que o alumno poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, dita revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións. Finalizada a revisión serán publicadas as notas definitivas no mesmo taboleiro de anuncios.

    3. Datas de exame.

    Exame escrito: Os exames realizaranse nas datas fixadas pola Xunta da Facultade de Dereito, que se exporán nos taboleiros de anuncios do Centro e do Área de Dereito Procesual.

    Exame oral: Os exames realizaranse nas datas habilitadas polo profesor para esta modalidade de exame, que estarán comprendidas entre o primeiro día do período de exames e o día fixado para o exame pola Xunta da Facultade de Dereito na correspondente reunión, e que figuran nos tablones de anuncios do Centro e da Área de Dereito Procesual. O exame oral realizarase seguindo a orde de inscrición.

    A realización do exame de forma oral, suxeita ás dispoñibilidades horarias e do profesor, esixe que o/a alumno/a o solicite por escrito, que deberá presentar persoalmente perante o profesor, cunha antelación mínima de quince días á data fixada para a real
    Sistema de evaluación
    ización do exame escrito da materia.

    Non obstante, á vista da dispoñibilidade de datas e do profesor, poderá restrinxirse ou suprimirse a posibilidade de optar polo exame oral. En calquera caso, a supresión ou restrición do exame oral será anunciada polo profesor antes de que comece o calendario oficial de exames, no caso da supresión, e de ter finalizado o prazo para solicitar o exame oral, no caso da restrición. Se se impoñen as circunstancias indicadas á restrición dos exames orais, o profesor informará o delegado de grupo sobre o número máximo de alumnos/as que poden examinarse oralmente e as datas dispoñibles. O delegado elaborará unha lista na que poderán apuntarse os alumnos/as ata o número máximo fixado, que deberá entregarlle ao profesor cunha semana de antelación á data prevista para o inicio do calendario de exames.

    GRUPO C:

    1. Materia obxecto de exame.

    A materia correspondente ao exame da materia comprende a totalidade das leccións que figuran no programa oficial, exixible co grao de profundidade que resulta das explicacións realzadas polos profesores nas clases teóricas ý prácticas, e de acordo co establecido nos apartados anteriores. .

    2. Datas de exame.

    Os exames realizaranse nas datas fixadas pola Xunta da Facultade de Dereito, que se exporán nos taboleiros de anuncios do Centro e do Área de Dereito Procesual.
    3. Modalidades de exame.

    Como norma xeral, os alumnos poderán optar entre o exame escrito e o exame oral, de acordo coas normas que se detallan a continuación.

    A) Regras para a realización do exame.

    Os alumnos deberán acreditar a súa identidade, para o que acudirán ao exame provistos do seu D.N.I., carné da Universidade, pasaporte ou permiso de conducir.
    No exame poderá utilizarse o programa oficial da materia. Con todo, calquera anotación no mesmo, estea ou non relacionada coas preguntas do exame, suporá a expulsión automática deste.
    Os exames escritos deberán realizarse con bolígrafo, preferentemente de tinta negra ou escura, coidando a ortografía, sintaxe e precisión da linguaxe; a caligrafía haberá de ser clara e coidada.

    B) Exame escrito: Constará de dúas partes diferenciadas:

    A primeira delas, de carácter obligatoiro, consistirá en 10 preguntas de distinto tipo (de resposta breve, test, completar), que, no seu caso, deberán ser enmarcadas nalgunha das normas do noso Ordenamento xurídico e que se responderán no período máximo de 1 hora e 30 minutos.
    A segunda parte, de carácter voluntario, do exame consistirá en desenvolver un tema xeral, seleccionado de entre os contidos da materia. O tema a desenvolver poderá responder a epígrafes do programa ou formularse como preguntas de relación ou conexión entre distintos contidos, todos eles comprendidos na materia obxecto de exame. Para a súa realización disporase de 30 minutos.

    C) Criterios de cualificación:

    Para superar o exame escrito e ter a cualificación de aprobado esíxese un coñecemento xeral de toda a materia do exame e equilibrado de cada unha dos seus partes, non podendo superarse a materia cando o exame evidencie que o alumno descoñece partes esenciais do progama.
    Nas preguntas curtas, os alumnos deberán sintetizar ao máximo posible tanto conceptos como institucións esenciais do programa da materia, respondendo de maneira breve, clara e concisa ao que se lle pregunta. O valor de cada pregunta é de 1 punto, podendo chegar a obterse un máximo de 10 puntos.
    A pregunta de desenvolvemento só se corrixirá se se alcanza a cualificación de 4 nas preguntas curtas, e a súa puntuación máxima é de 1 punto. A súa finalidade é axudar a aqueles alumnos que alcancen a cualificación de 4 a superar a materia, e tamén proporcionar a todos aqueles que superen a cualificación de 5, o instrumento adecuado para mellorar a súa cualificación.
    á nota obtida no exame escrito ou oral sumarase, sempre que se supere a nota de 4, a cualificación das prácticas até un máximo de 1 punto, segundo os resultados obtidos.
    A cifra resultante de todas as operacións descritas será a nota final que determine o rendemento académico do alumno en relación coa materia.
    Revisión de exames: En cumprimento da normativa da USC, os profesores encargados da materia publicarán, no taboleiro de anuncios do Área de Dereito Procesual, as listas coas cualificacións de cada alumno, con indicación da data e horario na que o alumno poderá exercitar o seu dereito de revisión para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. En todo caso, dita revisión terá sempre lugar dentro dos dez días seguintes á publicación das cualificacións.

    D) Exame oral.

    A realización do exame de forma oral, suxeita as dispoñibilidades horarias e dos profesores, esixe que o alumno o solicite por escrito, que deberá entregar persoalmente durante o período comprendido entre os trinta e os quince días hábiles anteriores á data oficial de inicio do calendario de exames.
    As datas habilitadas para esta modalidade de exame estarán comprendidas entre o primeiro día do período de exames e o día fixado para o exame escrito. O exame oral celebrarase seguindo a orde de inscrición.
    No entanto, á vista da dispoñibilidade de datas, poderá restrinxirse ou suprimirse a posibilidade de optar polo exame oral. En calquera caso, a supresión ou restrición do exame oral afectará por igual a todos os grupos e será anunciada polo profesor coa suficiente antelación.
    O exame oral será público e axustarase aos criterios xerais de avaliación previstos para o exame escrito. Esta modalidade de exame inclúe, como criterios propios de avaliación, a expresión oral, a argumentación e a construción lóxica e ordenada do discurso.
    As notas publicaranse conxuntamente coas cualificacións dos exames
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Grupo A:

    A materia de Dereito Procesual II ten asignados no Plan de Estudos de 2003 un total de sete créditos e medio. O tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno/a. Non obstante, calcúlase como media que, para afrontar cun mínimo de garantías a superación da materia, o tempo de distribución do traballo do alumno/a, entre horas presenciais e non presenciais, será o seguinte:

    Horas presenciais teóricas: 60
    Horas presenciais prácticas: 15
    Total horas presenciais: 75

    Horas non presenciais teóricas: 120
    Horas non presenciais prácticas: 30
    Total horas non presenciais: 150

    Volume de traballo mínimo: 225 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Grupo A:

    A axeitada preparación da materia aconsella a asistencia do alumno/a ás clases co material lexislativo correspondente a cada lección e cunha lectura previa dos epígrafes e das fontes recomendadas da lección do programa que se vai explicar, de modo que o complemento das notas (que non ditado de apuntamentos) recollidas na clase, xunto coa lectura dun manual e da lexislación correspondente demostrou bos resultados, xa que o estudante non só saberá o temario senón que, ademais, será capaz de razoalo, ao establecer as conexións entre as diferentes partes que integran o programa.

    É tamén recomendable para o estudo da materia a asistencia ás clases prácticas de aula, en canto teñen como finalidade formular os problemas máis relevantes que suscitan as institucións estudadas nas clases teóricas, así como completar o programa da materia. A experiencia acumulada durante un bo número de anos demostra que aqueles alumnos/as que asisten de xeito habitual ás exposicións da clase obteñen mellores resultados.

    O/a alumno/a non debe encontrar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se xunto co dito anteriormente, obtén dende o primeiro día de clase todos os materiais da disciplina, trata de introducirse e comprender a terminoloxía procesual (aínda que isto supoña para el un esforzo adicional ao principio), é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo da materia sen omitir ningunha lección do programa, e de preguntar habitualmente nas titorías as cuestións que non entenda ou nas que teña dúbidas, evitando tentar aprender de memoria cuestións que previamente non fosen comprendidas de xeito correcto. Ademais, é moi útil prestar atención ás noticias e interpretalas coas ensinanzas do curso.

    Grupo B:

    A axeitada preparación da materia aconsella a asistencia do alumno/a ás clases co material lexislativo correspondente a cada lección e cunha lectura previa dos epígrafes e das fontes recomendadas da lección do programa que se vai explicar, de modo que o complemento das notas (que non ditado de apuntamentos) recollidas na clase, xunto coa lectura dun manual e da lexislación correspondente demostrou bos resultados, xa que o estudante non só saberá o temario senón que, ademais, será capaz de razoalo, ao establecer as conexións entre as diferentes partes que integran o programa. É tamén recomendable para o estudo da materia a asistencia ás clases prácticas de aula, en canto teñen como finalidade formular os problemas máis relevantes que suscitan as institucións estudadas nas clases teóricas, así como completar o programa da materia. A experiencia acumulada durante un bo número de anos demostra que aqueles alumnos que asisten de xeito habitual ás exposicións da clase obteñen mellores resultados.

    O alumno non debe encontrar excesivo problema en superar satisfactoriamente a materia se xunto co dito anteriormente, obtén dende o primeiro día de clase todos os materiais da disciplina, trata de introducirse e comprender a terminoloxía procesual (aínda que isto supoña para el un esforzo adicional ao principio), é capaz de dedicarlle un tempo cada día lectivo ao estudo da materia sen omitir ningunha lección do programa, e de preguntar habitualmente nas titorías as cuestións que non entenda ou nas que teña dúbidas, evitando tentar aprender de memoria cuestións que previamente non fosen comprendidas de xeito correcto. Ademais, é moi útil prestar atención ás noticias e interpretalas coas ensinanzas do curso.

    Observacións
    Grupo A:

    Para o bo aproveitamento e comprensión da materia, é imprescindible o coñecemento da INTRODUCIÓN AO DEREITO PROCESUAL, así como ter coñecementos básicos de Dereito constitucional, Dereito civil e Dereito mercantil.