Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

611534 - Propiedade Intelectual, Industrial e Dereito da Competencia (OPTATIVAS DA ESPECIALIDADE) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
  • Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo, Dereito Común
  • Áreas: Dereito Mercantil, Dereito Civil
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ESPIN ALBA, ISABEL.NON
FRAMIÑAN SANTAS, FRANCISCO JAVIER.SI
MONTERO VILAR, JOSE ANTONIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo P01OrdinarioPrácticosNONNON
Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Adquirir coñecementos especializados sobre a materia.
    - Comprender a transversalidade da materia no campo xurídico (mercantil, civil, administrativo, etc.).

    Contidos
    Tema 1º.- Aspectos xerais
    1. Precisións conceptuais e terminolóxicas
    2. Institucións básicas da propiedade intelectual, da propiedade industrial e do dereito de competencia
    3. Pezas normativas máis relevantes no eido internacional sobre a propiedade intelectual, a propiedade industrial e o dereito de competencia
    3.1.- O ADPIC
    3.2.- O CUP
    3.3.- O CB
    4. Panorámica da regulación da UE sobre a materia
    5. O Dereito español sobre a propiedade intelectual,a propiedade industrial e a competencia económica: evolución e estado actual

    Tema 2º.- Os dereitos de autor (I)
    1. Nacemento e caracteres
    2. Suxeitos e obxecto
    3. Contido
    3.1.- O dereito moral
    3.2.- Os dereitos de explotación
    3.3.- Outros dereitos
    4. Duración e límites
    5. Transmisión
    5.1.- Disposicións comúns
    5.2.- O contrato de edición
    5.3.- O contrato de representación teatral e de execución musical

    Tema 3º.- Os dereitos de autor (II)
    1. As obras cinematográficas e audiovisuais
    1.1.- Concepto e autoría
    1.2.- O contrato de produción da obra audiovisual; remuneración dos autores
    1.3.- A versión definitiva e as súas modificacións
    2. Os programas de ordenador
    2.1.- Concepto e autoría
    2.2.- Obxecto e duración da protección
    2.3.- Contido e límites da protección
    2.4.- Infracción dos dereitos

    Tema 4º.- Dereitos afíns aos dereitos de autor
    1. Os dereitos dos artistas intérpretes ou executantes
    2. Os dereitos dos produtores de fonogramas
    3. Os dereitos dos produtores de gravacións audiovisuais
    4. Os dereitos das entidades de radiodifusión
    5. A protección das meras fotografías e de determinadas producións editoriais
    6. O dereito sui generis sobre bases de datos

    Tema 5º.- Defensa dos dereitos de autor e dereitos afíns
    1. Accións xudiciais; especial referencia ás accións de cesación e de indemnización
    2. Adopción de medidas cautelares
    3. A inscrición no rexistro da propiedade intelectual
    4. Símbolos ou indicacións de reserva de dereitos
    5. O exercicio dos dereitos mediante as entidades de xestión
    6. A Comisión Mediadora e Arbitral da Propiedade Intelectual

    Tema 6º.- Dereitos sobre as creacións técnicas
    1. As patentes de invención
    1.1.- Nocións previas
    1.2.- A patentabilidade da invención
    1.3.- O dereito á patente
    1.4.- O procedemento de concesión con ou sen exame previo
    1.5.- Contido do dereito de patente; límites
    1.6.- A patente como obxecto de tráfico xurídico; as licencias
    1.7.- Nulidade e caducidade
    2. Os modelos de utilidade: concepto e réxime xurídico
    3. A protección xurídica das obtencións vexetais: liñas básicas
    4. A protección xurídica das topografías de produtos semicondutores
    5. Instrumentos normativos existentes sobre a materia nos planos internacional e comunitario (PCT, CPE, etc.)

    Tema 7º.- Dereitos sobre o deseño industrial
    1. Notas conceptuais do deseño industrial
    2. Requisitos de protección
    3. O dereito ao rexistro do deseño Industrial
    4. Os procedementos de rexistro e de oposición
    5. Contido e límites da protección
    6. O rexistro do deseño como obxecto de negocios xurídicos; transferencia, licencias e gravames
    7. Nulidade e caducidade
    8. Instrumentos normativos sobre a materia nos planos internacional e comunitario

    Tema 8º.- Dereitos sobre os sinais distintivos
    1. A marca
    1.1.- Concepto, clases e funcións
    1.2.- Procedemento de rexistro; prohibicións absolutas e relativas
    1.3.- Contido do dereito de marca
    1.4.- Transmisión: cesión e licenza
    1.5.- Nulidade e caducidade
    1.6.- Peculiaridades das marcas internacionais, colectivas e de garantía
    2. O nome comercial: concepto e réxime xurídico
    3. O rótulo de establecemento: concepto e réxime xurídico
    4. As indicacións xeográficas protexidas
    4.1.- Concepto e modalidades
    4.2.- Réxime xurídico de produtos vitivinícolas e non vitivinícolas
    5. Instrumentos normativos sobre a materia nos planos internacional e comunitario

    Tema 9º.- A defensa da competencia
    1. Liberdade de empresa e liberdade de competencia
    2. Orixe e evolución do dereito da competencia
    3. As competencias normativas do Estado e das Comunidades Autónomas na materia
    4. A Lei de defensa da competencia de 17.7.1989
    4.1.- Contido, fins e destinatarios
    4.2.- Prácticas colusorias prohibidas, autorizadas e autorizables
    4.3.- O abuso de posición de dominio
    4.4.- Réxime das concentración de empresas
    4.5.- As axudas públicas
    4.6.- Os órganos de defensa da competencia
    4.7.- O Dereito galego de defensa da competencia
    4.8.- O exercicio de accións ante a xurisdición ordinaria
    5. Instrumentos normativos sobre a materia nos planos internacional e comunitario

    Tema 10º.- A represión da competencia desleal
    1. Orixe, evolución e réxime vixente
    2. A Lei de Competencia Desleal de 10.1.1991
    2.1.- A cláusula xeral prohibitiva
    2.2.- Exame dos actos de competencia desleal legalmente tipificados
    2.3.- As accións nacidas da competencia desleal
    3. Réxime da publicidade comercial na Lei de 11.11.1988
    3.1.- Concepto legal de publicidade
    3.2.-Tipos de publicidade ilícita
    3.3.- As accións de cesación e de rectificación
    3.4.- Réxime específico da publicidade relativa a determinados sectores
    3.5.- A Asociación para a Autorregulación da Comunicación Comercial
    4. Instrumentos normativos sobre a materia nos planos internacional e comunitario

    Bibliografía básica e complementaria
    Os profesores subministraranlles aos alumnos o material preciso para o estudo da materia, indicando en cada tema a bibliografía necesaria.
    BERCOVITZ, RODRIGO, Manual de propiedad intelectual,4ª ed., 2009
    GÓMEZ SEGADE, JOSÉ ANTONIO, El secreto industrial (Know-how), Concepto y protección, Editorial Tecnos, Madrid, 1974.
    FERNÁNDEZ-NÓVOA, CARLOS, Tratado sobre Derecho de Marcas, Marcial Pons, Ediciones Jurídicas y Sociales, S.A., 2004
    FERNÁNDEZ-NÓVOA, CARLOS; OTERO LASTRES, JOSÉ MANUEL E BOTANA AGRA, MANUEL, Hacia un nuevo sistema de patentes, Instituto de Derecho Industrial, Ed. Montecorvo, Madrid, 1982.
    FERNÁNDEZ-NÓVOA, CARLOS; OTERO LASTRES, JOSÉ MANUEL E BOTANA AGRA, MANUEL, Manual de la propiedad industrial, Marcial Pons, 2009
    GARCÍA VIDAL, ÁNGEL, Derecho de Marcas e Internet, Ed. Librería Tirant lo Blanch, S.L., 2002.
    GÓMEZ SEGADE, JOSÉ ANTONIO, Tecnología y derecho, Estudios jurídicos del Profesor Dr. h. c. José Antonio Gómez Segade recopilados con ocasión de la conmemoración de los XXV años de cátedra, Editorial Marcial Pons, Madrid-Barcelona, 2001
    MASAGUER FUENTES, J.: Los efectos de la patente en el comercio internacional, Bosch, 1989
    OTERO LASTRES, J. M., El diseño industrial según la Ley de 7 de julio de 2003, Marcial Pons, Madrid, 2003
    PORTELLANO DÍEZ, P., La defensa del derecho de patente, Madrid, Thomson-Civitas, 2003
    PEDEMONTE FEU, J., Comentarios a la Ley de patentes, Barcelona, Bosch, 1995.

    Competencias
    -Comprender os problemas dos dereitos de propiedade industrial e intelectual nunha economía baseada no coñecemento.
    - Coñecer a regulación e os principais instrumentos da propiedade industrial e intelectual

    - Capacidade discursiva e de argumentación.
    - Consulta de bases de datos e ferramentas de Internet no campo da propiedade industrial e intelectual.

    Metodoloxía da ensinanza
    Combinaranse clases teóricas con prácticas dedicandose parte do tempo, no seu caso, a presentación e discusión dos traballos elaborados polos estudantes.
    Sistema de evaluación
    Ademais de valorar a actividade dos alumnos realizada ao longo do curso, a súa participación nas clases e noutras técnicas de ensinanza, a resolución dos problemas propostos con solución diferida no tempo e o traballo cotián sobre a materia, como proba final realizarase unha proba escrita de carácter fundamentalmente teórico e práctico.
    Será posible tamén superar a asignatura mediante a preparación dun traballo e a súa exposición na clase.
    Valorarase de modo especial a capacidade de comprensión, de análise dos problemas, a relación cos problemas afíns, a capacidade de síntese, o rigor no emprego dos termos e a claridade e a corrección da expresión escrita.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 4 horas semanais (1 teórica e 3 prácticas).

    Horas non presenciais (semanais): 1 hora para a preparación dos problemas, 2 horas de preparación para a proba práctica e 1 hora de preparación da parte teórica.

    Total do volume de traballo: 8 horas/semana.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia á clase.
    - Lectura das fontes recomendadas, previamente ás clases.
    - Dedicar especial atención á análise e á aplicación práctica do Dereito positivo.
    - Utilizar o horario de titorías para solucionar dúbidas sobre a explicación teórica e sobre a resolución dos problemas prácticos.

    Observacións
    Polo seu grao de especialización, sería conveniente que os alumnos cursaran as materias troncais Dereito Mercantil I e Dereito Civil IV (reais).