Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

P3121210 - Fiscalidade das Familias e das Sucesións (Persoa, Familia e Sucesións) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo de ExámenExamesClase ExpositivaNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos relacionados cos novos coñecementos.
    • Coñecemento do réxime normativo da regulación tributaria da familia e das sucesión
    • Aplicación das categorías xerais do Dereito tributario
    Obxectivos relacionados co dominio de certas ferramentas de aprendizaxe ou de formación (xenéricas)
    • Coñecemento das fontes para:
    o Argumentar loxicamente.
    o Profundar no coñecemento.
    o Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
    • Elaboración de textos coas solucións aos problemas (Escritos, formularios, etc.)
    • Interrelación do Dereito Financeiro e Tributario co resto do ordenamento

    Contidos
    Fiscalidade da familia e a sucesión
    1. Fiscalidade da familia
    a. Fiscalidade ee réxime económico-matrimonial. Réxime substantivo e aspectos procedimentais.
    b. Crises matrimoniais: consecuencias fiscais
    c. Outros aspectos. Aportacións aos patrimonios separados de persoas con discapacidade. Empresa familiar.
    2. Fiscalidade das sucesións.
    a. Imposto sobre Sucesións. Réxime xeral e galego.
    b. Imposto sobre oIncremento de Valor dos Terrenos de Natureza Urbana.
    c. Aspectos procedimentais: o sucesor tributario

    Bibliografía básica e complementaria
    Lasarte Alvarez: La tributación de la familia.
    Transmisión de la empresa familiar en el impuesto sobre sucesiones y donaciones
    Banacloche Palao, Carmen
    Jurisprudencia del Impuesto sobre sucesiones y donaciones
    Colomer Ferrándiz, Carlos

    Competencias
    Aplicación dos coñecementos de forma profesional mediante a elaboración de argumentos xurídicos.


    Metodoloxía da ensinanza
    A actividade docente presencial a desenvolver na aula consistirá
    Presentacións teóricas: Seguindo formato de lección maxistral para:
    • Introdución teórica de cada tema.
    • Presentación de supostos prácticos a resolver.
    • Presentación de temas a debater e dos traballos a realizar
    • Posta en común de resolucións ós supostos prácticos, e realización de debates.
    Usarase o Campus Virtual da USC coma ferramenta de apoio a actividade presencial e coma instrumento de comunicación profesor-alumno.

    Sistema de evaluación
    Realización de probas teóricas e prácticas 20%
    Asistencia a clase e participación en debates 40%
    Realización e presentación de traballos escritos 40%
    Este sistema rixe con carácter xeral sen perxuizo das adaptacións que no seu momento, dependendo das características do alumnado poida levar a cabo o profesor responsable da materia

    Tempo de estudo e traballo persoal
    3 créditos ECTS x 25 horas de traballo do alumno por crédito ECTS =75 horas de traballo do alumno
    Traballo presencial:
    Clases teóricas 5
    Clases prácticas 15
    Titorías 5
    Traballo persoal do alumno:
    Estudo autónomo, individual ou en grupo 10
    Preparación de presentacións orais e debates 20
    Preparación de traballos escritos 20

    Recomendacións para o estudo da materia
    Estudo dos materiais teóricos recomendados polo profesor
    Máxima atención ao desenvolvemento das actividades prácticas propostas polo profesor.
    Participiación activa na aula.