G3161103 - Economía Política I- Empresa e Mercados (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia• Acadar unha comprensión global da economía no seu contexto socio-político e coñecer os fundamentos básicos da economía.
• Asimilar as categorías básicas da análise económica e aplicar a metodoloxía económica como instrumento de análise estratéxica.
• Facerse cunha competencia práctica elemental no cálculo e resolución de problemas económicos.
• Asimilar as categorías básicas e a lóxica fundamental da análise económica da empresa e os mercados, e acadar unha comprensión global do sector privado da economía no seu contexto socio-político e xurídico.
• Familiarizarse coa contorna empresarial, tanto no que respecta ás súas formas organizativas e métodos de xestión, como no que incumbe á información contable.
• Facerse cunha competencia elemental no cálculo e resolución de problemas no ámbito da empresa e os mercados.
• Captar as relacións entre o económico e o xurídico e introducirse na aplicación da análise económica ao Dereito.
.
Contidos- Concepto e método de Economía Política.
- Introdución á historia do pensamento económico.
- O equilibrio do mercado e as elasticidades da oferta e da demanda. Excedentes do consumidor e do produtor.
- A empresa como oferente tipo: natureza e clases.
- Organización e xestión da empresa. Financiamento da empresa.
- Contabilidade da empresa. Introdución aos estados financeiros (balance, conta de perdas e ganancias, estado de fluxos de efectivo e estado de cambios no patrimonio neto).
- Teoría da produción e custos da empresa. Función de produción. Produtividades a curto prazo (lei dos rendementos decrecentes) e a longo prazo (rendementos de escala). Funcións de custos a curto e a longo prazo.
- Teoría da distribución: salarios, rendas e beneficios empresariais.
- Comportamento da empresa e da industria nos diversos tipos de mercado (de libre competencia, monopolio, oligopolio e competencia monopolista).
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BEGG, D.; FISCHER, S. e DORNBUSCH, R., Economía, McGraw-Hill, Madrid, 2002.
BRICKLEY, J. A.; SMITH, C. W. e ZIMMERMAN, J. L., Economía empresarial y arquitectura de la organización, McGraw-Hill, 2005.
BLANCO, J.M. e AZNAR, J. (2004): Introducción a la economía. Teoría y práctica, McGraw-Hill, Madrid, 4ª edición.
CORTÉS MARQUÉS, G. (1998): Principios de Economía Política, Ariel Economía, 4ª edición, Barcelona.
GARCÍA CASTELLVÍ, A. (coord.), Contabilidad Financiera, Ariel, 2008.
MANKIW, G. (2006), Principios de economía, McGraw-Hill, Madrid, 3ª edición.
MERA VÁZQUEZ, M. T. e PÉREZ DE ARMIÑÁN, M. DEL C., Economía para no economistas, CIE, S.L.-DOSSAT 2000, Madrid, 1997.
MOCHON MORCILLO, F. (2001), Principios de Economía, McGraw-Hill, Madrid.
PARKIN, M. (2004): Economía, Pearson Addison Wesley, México.
SAMUELSON, P. A. e NORDHAUS, W. D. (2006), Economía, McGraw-Hill, Madrid, 18ª edición.
STIGLITZ, J.E. (1993), Economía, Ariel, Barcelona.
TORRES LÓPEZ, J. (2004): Economía política, Ediciones Pirámide, Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Será comunicada aos alumnos ao longo do curso polos profesores.
Competencias- Advertir os reducionismos e examinar críticamente tanto o funcionamento real como as representacións teóricas da empresa e os mercados, desde a ampla perspectiva que proporciona a Economía Política.
- Modelar ou representar diversos aspectos do comportamento do mundo dos negocios en termos de "equilibrio parcial".
- Manexar as funcións de oferta e demanda e as súas elasticidades.
- Comprender o organigrama funcional dunha empresa, e resolver algúns problemas típicos das súas principais áreas.
- Facer algúns asentos básicos da contabilidade da empresa e calcular o importe dunha masa patrimonial a partir da ecuación fundamental do patrimonio.
- Entender os estados financeiros dunha sociedade mercantil.
- Calcular e interpretar algunhas cocientes da contabilidade empresarial, especialmente aquelas que poidan ser de máis interese para o xurista.
- Elaborar a táboa de custos dunha empresa.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas presenciais, clases prácticas, organización de seminarios e outras tarefas propostas polo profesor. Lecturas recomendadas.
Sistema de evaluaciónCONSIDERACIONS XERAIS SOBRE A AVALIACION A avaliación que se leva a cabo pretende tomar en consideración:
-A valoración do proceso formativo seguido polo alumno.
-Valoración dos coñecementos teóricos adquiridos.
-Valoración da capacidade para aplicar tales coñecementos.
ASPECTOS A VALORAR E CRITERIOS DE AVALIACION.
Aspectos a valorar Criterios Instrumento
1) Asistencia Realización das actividades presenciais. Partes de sinaturas.
2) Participación Participación activa na clase.
Participación activa no seminario. Observación e notas do profesor
3) Traballos Estrutura. Bibliografía empregada. Orixinalidade.
Presentación Traballos entregados
4) Aprendizaxe Coñecementos teóricos.Aplicación de coñecementos Exame final escrito
5) Outras Pertinencia e calidade Criterios ad hoc
Ponderación de cada item en cada grupo:
Grupo A: item 1(0%), item 2(0%), item 3(30%), item 4(70%), item 5(0%)
Grupo B: item 1(10%), item 2(10%), item 3(15%), item 4(60%), item 5(5%)
Grupo C: item 1(5%), item 2(10%), item 4(80%), item 5(5%)
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
Tempo de estudo e traballo persoalO traballo persoal do alumno será de 90 horas a distribuír do seguinte xeito:
-Estudo individual ou en grupo: 60 horas.
-Preparación de presentacións orais, debates e similares: 12,5 horas
-Resolución de exercicios, supostos prácticos ou outros traballos: 17,5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAo tratarse dunha materia encadrada no primeiro cuadrimestre do primeiro curso do grao, é de vital importancia que o alumno evite o "descoido inicial", buscando na asistencia a clase e na comunicación co profesor as orientacións e o apoio que precise. Aqueles alumnos considerados "de letras" deberán deixar ao carón a súa posible aversión ao razoamento numérico, e concienciarse de que o nivel de matemáticas necesario para superar esta materia non pasa de ser elemental. Respecto dos temas de contabilidade, outro aspecto básico é o de acadar desde o principio unha comprensión da lóxica fundamental do método da partida dobre, e mais das relacións entre as masas patrimoniais. De non facelo así, o alumno corre o risco de ver estrangulado o seu proceso de aprendizaxe e malgastar a maior parte dos seus esforzos.
En xeral, o carácter profundamente lóxico e sistemático da economía reduce o esforzo memorístico na aprendizaxe, pero esixe a cambio un maior esforzo de comprensión, polo que esta materia non é desde logo a mellor candidata para "deixala para última hora". A asistencia regular a clase, o traballo sostido no día a día, e a realización dos exercicios a medida que se van estudando os respectivos temas teóricos, constitúen pois pezas crave na preparación da materia. Outro tanto cabe dicir da consulta das dúbidas e dificultades ao profesor, ben nas propias clases, ben nas súas titorías.
ObservaciónsSerá comunicado por cada profesor na súa guia docente a organización das titorías para o estudantado.