G3161105 - Teoría do Dereito (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público Especial
- Áreas: Filosofía do Dereito
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTrátase de ofrecer unha serie de conceptos que permitan identificar o fenómeno xurídico nas súas diversas manifestacións e dende diversos puntos de vista. Non se trata, polo tanto, de coñecemento dun determinado Dereito positivo o dalgunha das súas ramas, senón dos sistemas xurídicos en xeral. Por outra banda, a materia ocúpase do Dereito entendido nun sentido amplo e de todo o relacionado coa experiencia xurídica: dende o Dereito mesmo e os seus compoñentes (v. gr. os dereitos) e efectos (v. gr. os deberes) ata as actividades relacionadas co Dereito (a súa creación, interpretación, aplicación, cumprimento...) e o Dereito que "debe ser" ou Dereito ideal.
Esquematicamente, a Teoría do Dereito ten os seguintes obxectivos:
1º. Chegar a coñecer e poder utilizar con soltura a terminoloxía, os conceptos e concepcións xurídicas básicas.
2º. Familiarizarse coas categorías máis importantes que se empregan nas disciplinas xurídico-positivas estudadas noutras materias.
3º. Chegar a diferenciar o Dereito doutras ordes normativas e a relacionalo coa realidade social, cultural e política.
4º. Chegar a coñecer o concepto de norma, a súa estrutura, o seus carácteres e tipoloxía.
5º. Coñecer as características e problemas do ordenamento xurídico.
6º. Coñecer e saber identificar as fontes do Dereito.
7º. Coñecer e comprendan cómo se interpreta e aplica o Dereito.
8º. Introducirse no coñecemento das teorías da xustiza e dos valores xurídicos.
9º. Coñecer os criterios que permitan cualificar de eficaz ao dereito.
Nas clases prácticas preténdese dar unha explicación do fenómeno xurídico que o conecte coa realidade social, cultural e política da que forma parte, incluíndo o tratamento de temas e de problemas. Para iso favorecerase a comprensión e asimilación de conceptos xurídicos básicos e a adquisición da capacidade crítica e argumentativa por parte do alumnado.
ContidosDESCRITORES
Filosofía e Teoría do Dereito. O pensamento xurídico na Historia: iusnaturalismo e positivismo xurídicos. A Ciencia do Dereito. O Concepto de Dereito. O Dereito e outros órdenes normativos. A norma xurídica. O ordenamento xurídico. A interpretación do Dereito. A aplicación do Dereito. Conceptos xurídicos fundamentales. A seguridade xurídica. A xustiza e o Dereito. Os dereitos humanos. A obediencia ao Dereito. Dereito e sociedade. A eficacia do Dereito.
TEMARIO
INTRODUCCIÓN
1. Filosofía e Teoría do Dereito.
2. O pensamento xurídico na Historia: iusnaturalismo e positivismo xurídico.
A CIENCIA DO DEREITO
3. A Ciencia do Dereito.
O DEREITO COMO FORMA DE ORGANIZACIÓN E COMO SISTEMA NORMATIVO
4. O concepto de Dereito.
5. O Dereito e outros ordes normativos.
NORMA XURÍDICA E SISTEMA XURÍDICO
6. A norma xurídica.
7. O ordenamento xurídico.
INTERPRETACIÓN E APLICACIÓN
8. A interpretación do Dereito.
9. A aplicación do Dereito.
CONCEPTOS XURÍDICOS FUNDAMENTAIS
10. Conceptos xurídicos fundamentais.
11. A seguridade xurídica.
PROBLEMAS DO DEREITO XUSTO E A EFICACIA DO DEREITO
12. A xustiza e o Dereito. Os dereitos humanos.
13. A obediencia ao Dereito.
14. Dereito e sociedade A eficacia do Dereito.
Bibliografía básica e complementariaMANUAIS:
ATIENZA, M., El sentido del Derecho, Ariel, Barcelona, 2001.
BETEGÓN, J. et al., Lecciones de Teoría del Derecho, MacGraw-Hill, Madrid, 1997.
BOBBIO, N., Teoría general del Derecho, Debate Madrid, 1998, trad. E. Rozo Acuña.
CALVO GARCÍA, M., Teoría del Derecho, Tecnos, Madrid, 2000, 2ª ed. revisada e aumentada.
DÍEZ-PICAZO, L., Experiencias jurídicas y teoría del Derecho, Ariel, Barcelona, 1993.
LUCAS, J. DE et al., Introducción a la Teoría del Derecho, Tirant lo Blanch, Valencia, 1997.
MARTÍNEZ ROLDÁN, L. e FERNÁNDEZ SUÁREZ, J. A., Curso de Teoría del Derecho y metodología jurídica, Ariel, Barcelona, 1994.
MORESO, J.J. e VILAJOSANA, J. M. Introducción a la Teoría del Derecho, Marcial Pons, Madrid, 2004.
OTERO PARGA, M & PUY MUÑOZ F, Una concepción prudencial del Derecho, Tecnos, Madrid, 2013.
PECES-BARBA, G., FERNÁNDEZ, E. e ASÍS, R. de, Curso de Teoría del Derecho, Marcial Pons, Madrid, 2000 (2ª ed.).
PÉREZ LUÑO, A. E., Teoría del Derecho. Una concepción de la experiencia jurídica, Tecnos, Madrid, 2002, 2ª ed.
PRIETO SANCHÍS, L., Apuntes de Teoría del Derecho, Trotta, Madrid, 2005.
PUY MUÑOZ, F. e LÓPEZ MORENO, A., Manual de Teoría del Derecho, Colex, Madrid, 1999.
PUY MUÑOZ, F. e LÓPEZ MORENO (et. al.), Cuaderno de prácticas de Teoría del Derecho, Colex, Madrid, 2001.
SEGURA ORTEGA, M., Lecciones de Teoría del Derecho, Centro de Estudios Ramón Areces, Madrid, 2008 (1ª reimp. 2010).
SORIANO, R., Compendio de Teoría General del Derecho, Ariel, Barcelona, 1993 (2ª ed. correxida e aumentada).
OBRAS DE REFERENCIA:
HART, H.L.A., El concepto de Derecho [1961], trad. G.R. Carrió, Abeledo-Perrot, Buenos Aires, 1990 (2ª ed.).
KELSEN, H., Teoría Pura del Derecho [1960, 2ª ed.], trad. J. Vernengo, Porrúa, México, 1991.
ROSS, A., Sobre el Derecho e a Justicia [1953, 1958], trad. G.R. Carrió, Eudeba, Buenos Aires, 1994 (5ª ed.).
CompetenciasCompetencias xerais instrumentais:
-Busca de bibliografía e busca de información en xeral.
-Emprego e exposición de distintas fontes bibliográficas.
-Emprego e exposición de materiais recollidos en distintos medios.
-Emprego de tecnoloxías da información e comunicación: entorno de aprendizaxe virtual, procesadores de texto; buscadores de internet, etc.
-Presentación de materiais recollidos na rede.
-Presentación a través do entorno virtual. Presentación de traballos impresos.
-Capacidade de comprensión, análise e síntese.
-Exposición sintética da información recompilada.
-Capacidade de organización e planificación. Xestión do tempo dispoñible para a consecución dos obxectivos.
-Comunicación oral e escrita. Presentación oral e escrita de temas e/ou traballos.
-Capacidade de xestión da información. Selección da información máis relevante sobre un tema.
-Capacidade para a resolución de problemas. Resolución de casos.
-Capacidade de decisión. Xestión da información.
-Emprego de métodos de coñecemento dedutivo, indutivo, analítico e comparativo. Presentación de traballos nos que se teñan empregado distintas metodoloxías.
-Capacidade de autoaprendizaxe, fomentando o desexo de obter novos coñecementos, sexa a través do estudio ou a investigación (encamiñado en dúas direccións: nunca pode acadarse o coñecemento completo dun tema, e a única forma de aprender cousas novas é a través da inquietude ante os novos problemas que continuamente debemos propoñernos).
-Exposición de resultados da aprendizaxe.
Competencias xerais sistémicas
-Aprendizaxe autónoma. Presentación de resultados de autoaprendizaxe.
-Creatividade. Ofrecer solucións orixinais aos problemas suscitados.
-Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e medioambiental. Presentación das implicacións éticas dos temas estudados.
-Interese por estar informados da realidade que nos circunda, dende a máis local (o municipio) ata a máis global (o mundo en xeral). Información sobre temas de actualidade.
Competencias xerais interpersonais:
-Traballo en equipo (como preparación para o seu futuro profesional en equipos interdisciplinares). Presentación de traballos en grupo.
-Habilidades nas relacións interpersonais. Comunicación cos restantes membros de seu grupo e, en xeral, con profesor e compañeiros.
-Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade para a consecución de maiores dosis de tolerancia. Tratamento tolerante coas distintas visións de cada uno dos temas.
Competencias específicas:
-Emprego das tecnoloxías da información e comunicación especificamente xurídicas como son as bases de datos de lexislación e xurisprudencia e capacidade para identificar as fontes xurídicas básicas. Busca de lexislación e xurisprudencia en bases de datos xurídicas.
-Capacidade para debater argumentos xurídicos. Debater sobre argumentos xurídicos.
-Capacidade para atopar solucións novas ou imaxinativas ante un problema xurídico ou na utilización de recursos xurídicos con enfoques diversos.
-Capacidade para expoñer o coñecemento cun dominio adecuado das habilidades orais e escritas propias da profesión xurídica. Exposición de temas e traballos.
-Capacidade para identificar as preocupacións e valores sociais subxacentes nas normas e principios xurídicos.
-Capacidade para identificar os debates xurídicos de actualidade e comprometerse con eles. Información sobre temas xurídicos de actualidade.
Metodoloxía da ensinanza Non se debe falar de "método" senón de "métodos". Isto acentúase no EEES, onde non se trata tanto de que o profesor aprenda ao alumnado como que este aprenda de xeito autónomo, baixo a supervisión do profesor. En calquera caso, mantense a clase maxistral na que o profesor exporá as liñas básicas do contis¡do do programa da materia.
Á desexada comunicación entre profesorado e alumnado colaboran as novas Tecnoloxías da Información e Comunicación. Como complemento do contacto persoal poderán actuar outros mecanismos, como a comunicación electrónica e os contornos virtuais. O uso do Campus Virtual facilita tamén ao alumno información sobre contidos, enlaces a páxinas web de interese para completar a súa información e preparar as clases prácticas.
As clases prácticas utilizarán distintas metodoloxías: estudo de casos xurídicos (que esixirán buscar lexislación e xurisprudencia e fundamentar unha solución xurídica); comentario de textos (obras de referencia ou noticias de prensa), e metodoloxías argumentativas (fundamentalmente nos debates), entre outras.
Ademais
• Titorías solicitadas por cada estudante de acordo co profesor ou no horario establecido.
• Seminarios de estudo e debate organizados por iniciativa dos alumnos ou profesores.
• Elaboración voluntaria de traballos persoais ou colectivos guiados polo profesor.
• Lectura, reflexión e estudo autónomo.
Sistema de evaluaciónA avaliación do exame representará un 70% da cualificación final e aprobar o exame será requisito para superar a materia. A avaliación das clases prácticas representará un 30% da cualificación final.
A avaliación das clases prácticas representará un 30% da cualificación final.
Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades formativas e distribución en horas de traballo persoal
A) Actividades presenciais: 52,5 horas
Docencia expositiva: 30 horas
Docencia interactiva: 17,5 horas
Titorías: 5 horas
B) Actividades non presenciais: unhas 97,5 horas
-Preparación de clases prácticas.
-Busca de información.
-Lecturas e preparación de traballos.
-Estudio e reflexión.
Recomendacións para o estudo da materiaConvén levar ao día a materia, reflexionar sobre os contidos vistos cada día e participar activamente nas actividades prácticas propostas.
Primarase a visión de conxunto dos temas sobre os detalles puntuais de memoria.
ObservaciónsO Prof. Segura Ortega será o encargado da docencia do grupo C (castelán), e a Profa. Otero Parga dos grupos A y B (castelán).