Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161121 - Introdución ao Dereito Civil e Dereito da Persoa (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común
  • Áreas: Dereito Civil
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Díaz Martínez, Ana.NON
LOPEZ FERREIRO, JOSE BENITO.NON
OTERO CRESPO, MARTA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo A1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo B2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo COrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo C1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo C2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Recoñecer as materias propias do Dereito civil e os seus principios informadores
    - Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil
    - Iniciación no uso da linguaxe xurídica
    - Habilidade no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas
    - Capacidade de análise crítica das decisións xurisprudenciais e percepción das orientacións actuais en relación aos problemas básicos propios da disciplina

    Contidos
    - Aproximación ao concepto e contido actual do Dereito civil
    - A pluralidade lexislativa en materia de Dereito civil: o Dereito civil de Galicia
    - Fontes do Dereito civil
    - Aplicación e interpretación da norma civil
    - Dereito da persoa física
    Personalidade e capacidade: capacidade xurídica e capacidade de obrar
    Incapacidade, discapacidade e dependencia
    A nacionalidade.- A veciñanza civil
    O domicilio.- A ausencia.- A declaración de falecemento.
    Os bens e dereitos da personalidade
    - Dereito da persoa xurídica
    Concepto e clases
    Réxime xurídico da asociación
    Réxime xurídico da fundación
    - Patrimonio
    - Negocio xurídico
    - Representación

    Bibliografía básica e complementaria
    Recoméndase consultar a última edición das obras seguintes:
    -ALBALADEJO GARCÍA: Derecho civil I. Edisofer.
    - BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO (coord.): Manual de Derecho ciivl.Derecho Privado y Derecho de la Persona, Madrid, BERCAL, 2011.
    - CARRASCO PERERA, Derecho Civil: introducción, derecho de la persona, derecho subjetivo, derecho de propiedad, Tecnos, Madrid.
    - DIEZ-PICAZO Y GULLÓN, Sistema de Derecho Civil, vol. I, Tecnos, Madrid.
    - GARCÍA RUBIO, Introducción al Derecho Civil, Cálamo, Barcelona.
    - LACRUZ BERDEJO; Elementos de Derecho Civil I, vol. I, vol. II y vol. III, Dykinson.
    - LASARTE ÁLVAREZ, Principios de Derecho Civil, tomo I, Marcial Pons, Madrid.
    - LETE DEL RÍO, Derecho de la Persona, Tecnos, Madrid.
    - ROGEL VIDE, Derecho de la Persona, Cálamo, Barcelona

    Competencias
    A) Competencias xerais (CX)
    a) Instrumentais:
    CX1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
    CX2.- Capacidade de organización e planificación
    CX5.- Capacidade de obtención e xestión da información
    CX6.- Capacidade de resolución de problemas
    CX7.- Capacidade de decisión
    CX8.- Razoamento crítico
    CX9.- Compromiso ético e deontolóxico
    b) Interpersoais:
    CX10.- Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
    CX12.- Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
    CX13.- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
    c) Sistémicas:
    CX14.- Aprendizaxe autónoma
    CX15.- Adaptación a novas situacións
    CX16.- Creatividade
    CX17.- Liderado
    CX19.- Iniciativa e espíritu emprendedor
    CX20.- Motivación pola calidade á excelencia profesional
    CX21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
    CX22.- Espíritu de superación
    B) Competencias específicas (CE):
    CE1.- Utilizar os principios de libertade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
    CE2.- Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
    CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
    CE4.- Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
    CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
    CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
    CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
    CE8.- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
    CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
    CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles
    CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito

    Metodoloxía da ensinanza
    Co manexo nas aulas dos textos legais e da xurisprudencia recaída nestas materias, analizaranse os contidos esenciais da materia, nun intento de trasladar o coñecemento das institucións cunha visión práctica delas. Neste sentido, resaltarase a ausencia de respostas unívocas nos temas máis discutidos e as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles perante os Tribunais. Fomentarase a participación agrupando aos alumnos e polarizando a súa intervención. Os tres grupos contarán con aula virtual.

    Sistema de evaluación
    Participación activa nas clases prácticas e exame final escrito. Valorarase a evolución da aprendizaxe dos alumnos día a día, atendendo ás súas intervencións e aos traballos realizados, o que complementará a cualificación obtida nun exame onde se avaliarán os coñecementos finais sobre a materia.

    Ao longo do cuadrimestre recolleranse os escritos xurídicos redactados polos alumnos a demanda dos profesores. O exame final pode ter unha parte teórica e unha práctica, consistente xa na resolución dun caso práctico, na que dará resposta ás cuestións plantexadas, xa nun comentario xurisprudencial.

    Os alumnos serán avaliados dacordo coa seguinte distribución:
    - Exame final: 7 puntos.
    - Casos prácticos avaliables: 3 puntos.

    Recórdase aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia: "a cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de 'suspenso', salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como 'non presentado' ". Por tanto, o alumno que entregue algún traballo avaliable ou se presente ao exame será cualificado, de non superar a asignatura, como suspenso, e só terá a cualificación de non presentado, o alumno que non entregue ningún traballo avaliable, nin se presente ao exame.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ao tratarse dunha disciplina de 6 créditos correspóndenlle 60 horas dedicadas á docencia expositiva e interactiva. Este tempo ha de completarse co traballo persoal do alumno calculado en 90 horas. O total do volume de traballo do alumno é de 150 horas (6 créditos x 25 horas = 150 horas). Esta carga de traballo terá distinta intensidade nos períodos de docencia expositiva e interactiva, e a súa graduación atenderá ás orientacións da profesora ou do profesor responsable da docencia.


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia a clase.
    - Recoméndase asistir ás clases co material lexislativo correspondente á lección.
    - Lectura das fontes recomendadas, previa ás clases.
    - Dedicar especial atención ao estudo do dereito positivo, non meramente memorístico, senón razoado. Ao respecto será de interese coñecer a interpretación e aplicación práctica da normativa civil.
    - Utilizar o horario de titorías para solucionar dúbidas sobre a explicación teórica e sobre a resolución das actividades prácticas.

    Observacións
    Prégase respectar o horario de titorias sinalado por cada profesor