G3161109 - Técnicas de Expresión Oral e Escrita Aplicadas ao Dereito (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación
- Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo prioritario da materia é a comprensión, análise e síntese dos acontecementos de interese público que se producen na sociedade. Tamén se prestará atención a que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como se producen os acontecementos e os “seudo-acontecementos” na sociedade, como se converten en noticia e como funciona a comunicación mediada tecnoloxicamente. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer o funcionamento da complexa sociedade actual e as técnicas para a comunicación oral e escrita nesa sociedade.
ContidosOs contidos do curso xirarán arredor do estudio e capacitación na técnica da comunicación oral e escrita aplicadas ao Dereito. Nas explicacións e debates prestarase especial atención a utilización das técnicas adecuadas para xestionar os procesos de comunicación de interese público.
2.1.-Contidos teóricos
Os contidos teóricos xirarán arredor dos conceptos básicos dos procesos, xestión e estratexias de comunicación na sociedade dixital. Analizarase a evolución dos sistemas de comunicación nas diferentes etapas históricas e reflexionarase sobre o coñecemento acumulado para a aplicación nas sociedades actuais das estratexias de comunicación precisas para alcanzar a proxección pública e a comprensión das mensaxes no ámbito do Dereito.
2.2.-Contidos prácticos
Os contidos prácticos xirarán arredor das técnicas da comunicación oral e escrita. Serán prácticas de expresión oral e de expresión escrita.
2.3.-Temas do programa
1.-A comunicación: das orixes á actualidade
-Das primeiras manifestacións comunicativas á imprenta
-O sistema de comunicación moderno
-A sociedade en rede e os modelos comunicativos
-O ecosistema mediático actual
2.-Fundamentos da comunicación oral e escrita
-Lingua estándar e variedades
-A retórica clásica
-Argumentación e comunicación oral. Teorías da argumentación. A “Nova Retórica”. A argumentación na lingua
- Elementos da argumentación e da estrutura. Siloxismos. Paraloxismos, Falacias e Sofismas
- A comunicación multimedia
3.-O papel dos medios de comunicación nas sociedades actuais e a súa influenza
-O dereito dos cidadáns a unha información veraz
-A liberdade de expresión e a liberdade de prensa
-Os medios de comunicación nas sociedades democráticas
-As vías de acceso dos cidadáns aos medios
4.-A comunicación oral aplicada ao Dereito
-Sobre a audiencia e o medo a falar en público
-Principios básicos da exposición oral. Modelos de exposición discursiva
-Cualidades dun discurso. Clases e xéneros discursivos
-Exposición do discurso, imaxe pública do orador, postura corporal e
desprazamento, medios auxiliares, reaccións do orador
5.-A comunicación escrita aplicada ao Dereito
-Principios básicos da organización dun texto escrito
-Tecnicas de comunicación escrita no ámbito xurídico
-O proceso de redacción. Contextualización e coherencia. Selección do vocabulario. A precomposición. Modelos narrativos. A construcción textual e o estilo
-A documentación e as bases de datos. Fontes de referencia documental.
-As bases de datos especializadas no mundo xurídico. Bases de datos de pago e de acceso libre.
6.-As fontes informativas
-Vías de acceso ao temário dos medios
-Tipoloxías de fontes
-Os expertos e as fontes especializadas
7.-A autocomunicación e o novo escenario
-Modelos de comunicación
-Os blogs, as redes sociais e a conversación social mediada tecnolóxicamente
-Participación cidadán, talento colectivo e redes especializadas
8.-Os gabinetes de comunicación, a xestión da comunicación e a comunicación integral
-A comunicación nas organizacións, nas institucións e nas entidades
-As rodas de prensa
-As estratexias de comunicación
-Os plans de comunicación
-Os sistemas integrados de comunicación
9.-A información periodística especializada en tribunais
-A información periodística especializada e os medios especializados
-Os xornalistas especializados
-Os abogados como fonte informativa
-Características da información de tribunais
10.-Desafíos da comunicación oral e escrita aplicada ao Dereito
-A necesidade de dispoñer dun plan de comunicación.
-Procesos e estratexias de comunicación na sociedade dixital.
-A xestión da comunicación nos tempos das redes sociais.
-Cómo comunicar con eficacia mediante exposicións orais, textos escritos e pezas multimedia
-Técnicas para acadar proxección pública e eficiencia comunicativa das mensaxes
Bibliografía básica e complementaria3.1.-Bibliografía básica
ARMENTIA, J.I./CAMINOS, J.M. (2003). Fundamentos de periodismo impreso. Barcelona: Ariel.
DeFLEUR, M.H./KEARNEY, P./PLAX, T.G./DeFLEUR, M.L. (2005). Fundamentos de Comunicación Humana. México D.F. McGraw-Hill.
FONTCUBERTA, M. (1993). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Madrid: Ediciones Paidós.
FURET, Y. (1987): Saber hablar en cualquier circunstancia. Madrid: Ed. Mensajero.
JENSEN, K.B.. (2010). Media convergence. The three degrees of network, mass, and interpersonal communication. New York/London. Routledge.
MERAYO PEREZ, A. (1998): Curso práctico de Técnicas de Comunicación Oral. Madrid: Tecnos.
RICO, E./CRUZ RUIZ, J./RODRÍGUEZ, F.J. (2012). Saber narrar. Madrid:Aguilar.
TUBAU, I. (1993): Periodismo oral. Barcelona: Paidós
WILLIAMS, R. -Ed.- (1992). Historia de la Comunicación. 2 Vol. Barcelona: Bosch Comunicación.
3.2.-Bibliografía complementaria
BONORINO RAMÍREZ, P.R. (2012): Argumentación en Debates. Vigo: Servizo de Publicacións de la Universidad de Vigo.
COMPAINE, B. (1985). Understanding New Media. Cambridge. Ballinger.
COOK, T. (1984). Making Laws and Making News. Washington,DC. Brookings Institution.
CONDE VEIGA, J. (1992). Introduçao ao estudo da comunicaçao social. Porto. Fundaçao Fernando Pessoa.
DEL RÍO, E./RUIZ DE LA CIERVA, M. del C./ALBADALEJO, T. (2012): Retórica y política. Los discursos de la construcción de la sociedad. Logroño: Instituto de Estudios Riojanos.
LÓPEZ, X./GARCÍA, B. (2009). Construíndo a realidade. Santiago de Compostela: Edicións Lea.
MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Madrid. Fragua.
TREBISONDA, J. de (2013): Libros de Retórica. Libros I y II. Madrid: Editorial Tecnos.
TÚÑEZ, M. (1999). Producir noticias. Cómo se fabrica la realidad periodística. Santiago de Compostela. Tórculo Edicións.
CompetenciasO obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como funciona a comunicación mediada tecnoloxicamente na sociedade actual e que domine as técnicas básicas de comunicación oral e escrita para que as poida aplicar ao ámbito xurídico.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, traballos individuais e grupais tutorizados, análises de procesos de comunicación oral e escrita…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de presentacións orais e escritas.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a. Exame/s teórico/s
b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas.
c. Participación activa e positiva nos seminarios.
d. Avaliación dos proxectos ou estudios de caso formulados ao longo do curso.
e. Para poder aprobar a materia hai que ter feitas as prácticas (o 75%, é dicir, tres das catro programadas) e ter unha evaluación positiva desta parte da asignatura. Tamén hai que ter aprobado o examen de teoría.
f. Todos os alumnos que non se presenten ao exame final terán a calificación de NON PRESENTADO.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno terá que dedicar corenta e catro horas e media de traballo presencial e cento dúas horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo)