Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161122 - Dereitos Reais (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común
  • Áreas: Dereito Civil
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Díaz Martínez, Ana.NON
HERRERO OVIEDO, MARGARITA CRISTINA.SI
PARDO PUMAR, MARIA JOSE.NON
TRIGO GARCIA, MARIA BELEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo A1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo B1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo B2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo COrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo C1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo C2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    a) comprender que consecuenzas conleva que un dereito sexa cualificado coma dereito real
    b) constatar os diferentes efectos xurídicos que ten a simple posesión así coma todas as facultades que integran o dereito de propiedade constitucionalmente protexido
    c) analizar as diferentes formas, diversas do dereito de propiedade, ofrecidas polo ordenamento xurídico para desfrutar dos bens e servizos.
    d) verificar a existencia de mecanismos fiabeis de garantía das obrigas.
    e) ter constancia da importancia do préstamo hipotecario como recurso fundamental da sociedade para ter acceso á propiedade da vivenda
    f) advertir a importancia do Rexistro da Propiedade para un correcto funcionamento do tráfico xurídico inmobiliario e comprender os seus mecanismos de funcionamento
    g) identificar as cuestións especialmente conflictivas na materia e as distintas solucións aportadas

    Contidos
    Sistema de dereitos reais
    - A posesión
    - Os modos de adquirir
    - A tradición e as súas clases
    - A usucapión
    - Os modos de perder os dereitos reais
    - A publicidade dos dereitos reais
    - A propiedade e as súas limitacións
    - Os modos de adquirir a propiedade
    - A protección do dereito de propiedade
    - A pluralidade de propietarios: tipos de comunidade
    - Os montes veciñais en man común
    - Propiedade horizontal, aproveitamento por quendas de bens inmobles
    - Usufructo
    - Servidumes. Especial consideración á servidume de paso
    - Superficie e dereito de sobreelevación
    - Hipoteca e dereitos reais de adquisición

    Bibliografía básica e complementaria
    ALBALADEJO GARCÍA, M. Derecho Civil, III. Bienes. Edisofer. 2010.
    -ÁLVAREZ CAPEROCHIPI, J.A., Curso de derechos reales. Comares. 2005.
    Curso de Derecho Inmobiliario Registral. Comares. 2006.
    - BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO: Manual de Derecho civil. Derechos reales, Madrid, BERCAL, 2012.
    -CASTÁN TOBEÑAS, J., Derecho Civil español común y foral. Tomo II. 2 volúmenes. Reus, 1992 y 1994.
    -CHICO y ORTIZ, J.Mª, Estudios sobre Derecho Hipotecario. Tomos I y II. Marcial Pons. 2000.
    -CLEMENTE MEORO, M. (coord.), et alt. , Derecho Civil. Derechos reales y Derecho Inmobiliario Registral. Tirant lo Blanch, 2001.
    Derechos reales limitados de goce. Dykinson. 2010.
    -DELGADO DE MIGUEL. J.F. (coord.) et alt., Instituciones de Derecho Privado. Tomo II. Reales. Civitas. 2002.
    -DÍEZ PICAZO, L., Fundamentos del Derecho civil patrimonial. Vol. III. Civitas. 1995.
    -DIEZ PICAZO, L. y GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho Civil. Vol. 3º, tomo I, Derecho reales en general. Tecnos, Madrid. 2012.
    Sistema de Derecho Civil. Vol. 3º, tomo II, Derechos reales en particular. Tecnos, Madrid, 2012.
    -GÓMEZ GÁLLIGO, F.J. y DEL POZO CARRASCOSA, P., Lecciones de Derecho Hipotecario. Marcial Pons. 2007.
    -LACRUZ BERDEJO, J.L., Elementos de Derecho Civil III. Vol. 1º (2000) y 2º (2004). Dykinson.
    Lecciones de Derecho Inmobiliario Registral. Civitas. 2010.
    -LASARTE ÁLVAREZ: Principios de Derecho Civil. Tomos IV (Propiedad y derechos reales de goce) y V (Derechos reales y derecho hipotecario). Marcial Pons. 2010.
    -MEDINA DE LEMUS, M., Derecho Civil de bienes, Derechos reales e inmobiliario registral. Tomos I y II. Dykinson, 2003.
    -DE PABLO CONTRERAS et alt. Curso de Derecho Civil V, 3. Derechos reales. Colex, 2011.
    -PEÑA BERNALDO DE QUIRÓS, M., Derechos reales. Derecho Hipotecario. 2 Volúmenes. 2001. Centro de Estudios Registrales.
    -SÁNCHEZ CALERO, F.J. (coord.) et alt., Curso de Derecho Civil III. Derechos reales y registral inmobiliario. Tirant lo Blanch, 2012.
    -WESTERMANN, Derechos reales. 2008.

    Competencias
    - Destreza no uso da linguaxe xurídica.
    - Habilidade no manexo de textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas.
    - Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil, e da existencia en Galicia de institucións xurídico- reais propias.
    - Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciais e percepción das orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
    - Identificación das materias especialmente conflictivas en materia posesoria e dos dereitos reais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Co manexo nas clases dos textos legais e da xurisprudencia recaida nestas materias, analizaranse os contidos mínimos da materia, nun intento de trasladar o coñecemento das institucións cunha visión práctica delas.
    Neste senso, salientarase a ausencia de respostas unívocas nas materias máis discutidas e nas argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles perante os Tribunais.
    Fomentarase a participación agrupando aos alumnos e polarizando a súa intervención como representantes das partes en conflicto

    Sistema de evaluación
    Participación activa nas clases prácticas e exame final.

    ACTIVIDADES AVALIABLES:
    Valorarase a evolución da aprendizaxe dos alumnos día a día, atendendo as súas intervencións e aos traballos realizados, o que se complementará coa califcación obtida nun exame onde se avaliarán os coñecementos finais sobre a materia.
    Ao longo do semestre recolleranse os escritos xurídicos redactados polos alumnos a demanda dos profesores.
    O exame final terá unha parte teórica e unha práctica, consistente, xa na resolución dun caso práctico, na que se dará resposta as cuestións plantexadas, xa nun comentario xurisprudencial.

    En todo caso, o exame final non suporá menos dun 70 % da cualificación final, e aprobalo será requisito para superar a asignatura.

    NOTA IMPORTANTE:
    Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”

    Asemade, e aos efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e Máster, advírtese que todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas. Xa que logo, para que o alumno figure como non presentado na correspondente convocatoria será necesario que non asista a un 80 % das clases nin realice ningunha actividade.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial nas aulas:

    - Docencia expositiva 37,5/45 horas

    - Docencia interactiva 17,5/10 horas

    - Titorías grupo reducido 5 horas


    Traballo persoal do alumno:

    - Estudo individual ou en grupo: 73 horas

    - Preparación de presentacións orais, debates e similares: 7 horas

    - Resolución de casos prácticos ou outros traballos 10 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    1. Asistencia regular a clase.
    2. Participación activa dos alumnos nas aulas
    3. Dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia)
    4. Estudo diario da asignatura.
    5. Uso das titorías.

    Observacións
    Recoméndase ter superado Introdución ao Dereito civil