Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161221 - Dereito Penal - Parte Xeral (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 36.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 76.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Penal
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ABEL SOUTO, MIGUEL.NON
Guinarte Cabada, Gumersindo.NON
LORENZO SALGADO, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo A1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo B1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo B2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo COrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo C1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo C2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer os conceptos básicos relativos ao Dereito penal, ás súas fontes, á lei penal no tempo e no espazo, á teoría do delito e ás súas consecuencias.
    - Dominar a técnica de resolución de casos prácticos, especialmente os relativos á determinación da pena.
    - Fomentar a utilización polo alumno de materiais bibliográficos complementarios.
    - Transmitirlle ao alumno a función crítica da dogmática como instrumento que permita a mellora das leis e das resolucións xudiciais para aproximarse ao ideal de xustiza.

    Contidos
    INTRODUCIÓN

    1. CONCEPTO DE DEREITO PENAL: I. Concepto e caracteres do Dereito penal. II. Natureza. III. Relacións do Dereito penal: A) Coas ciencias xurídicas, B) Coas ciencias criminolóxicas, C) As chamadas ciencias auxiliares do Dereito penal.

    2. AS FONTES DO DEREITO PENAL: I. A lei. II. O principio de legalidade. III. Posibilidade de admitir outras fontes. IV. A interpretación da lei penal: A) Clases e regras de interpretación. B) A analoxía. C) Concurso aparente de normas penais.

    3. A LEI PENAL NO TEMPO: I. Eficacia temporal das leis penais. II O principio xeral: irretroactividade da lei penal. III. A excepción: retroactividade da lei penal máis favorable.

    4. A LEI PENAL NO ESPAZO: I. Principios reguladores. II. Lugar de comisión do delito. III. A extradición. A orde europea de detención e entrega.


    TEORÍA XURÍDICA DO DELITO

    5. O DELITO: I. Concepto do delito. II. Suxeitos e obxectos do delito: A) Suxeito activo e pasivo. B) Obxecto material e xurídico. III. Clasificacións do delito.

    6. A ACCIÓN: I. Formas da acción: acción en sentido estrito e omisión. II. As diversas concepcións da teoría da acción. III. A acción e os seus elementos. IV. A omisión: concepto e natureza. V. As clases de omisión: A) A omisión simple. B) A comisión por omisión. VI. Ausencia de acción: A) Movementos reflexos. B) Estados de plena inconsciencia. C) Forza irresistible.

    7. A TIPICIDADE-ANTIXURIDICIDADE: I. A tipicidade: A) Concepto. B) Elementos. C) Funcións do tipo. II. Ausencia de tipicidade. III. A antixuridicidade: Concepto. Os elementos subxectivos do inxusto. IV. Ausencia de antixuridicidade: A) Lexítima defensa. B) Estado de necesidade. C) Cumprimento dun deber e exercicio lexítimo dun dereito, oficio ou cargo. D) O consentimento do ofendido.

    8. A CULPABILIDADE: I. Concepto e estrutura. II. Natureza: as distintas teorías. III. A imputabilidade: Concepto. Momento da imputabilidade: "actiones liberae in causa". IV. Ausencia de imputabilidade: A) Anomalía ou alteración psíquica. Trastorno mental transitorio. B) Intoxicación plena por bebidas alcohólicas ou drogas. Síndrome de abstinencia. C) Alteración grave da conciencia da realidade. V. A responsabilidade penal do menor.

    9. A culpabilidade (continuación). VI. As formas de culpabilidade: A) O dolo: Concepto. Elementos. Clases. B) A culpa: Concepto e clases. VII. Ausencia de formas de culpabilidade: o erro. VIII. A esixibilidade de conduta adecuada á norma: a súa significación xurídico-penal. IX. Ausencia de esixibilidade. Causas de inculpabilidade baseadas no principio de non esixibilidade: A) Estado de necesidade subxectivo. B) Medo insuperable.

    10. A PUNIBILIDADE: I. Significación dogmática da punibilidade. II. As condicións obxectivas de punibilidade. III. Ausencia de punibilidade: As escusas absolutorias.

    11. O "ITER CRIMINIS": I. Actos internos. II. Actos preparatorios: A) Tipos construídos especificamente sobre actos preparatorios. B) Conspiración, proposición e provocación para delinquir. III. Actos de execución: a tentativa. IV. A consumación.

    12. A PARTICIPACIÓN NO DELITO: I. Autoría: autoría directa, coautoría e autoría mediata. II. As formas de participación: indución, cooperación necesaria e complicidade. III. Supostos especiais.

    13. UNIDADE E PLURALIDADE DE DELITOS: I. Pluralidade de accións e unidade de delito: A) Delito continuado. B) Delito permanente. C) Delito habitual. II. Pluralidade de accións e de delitos (concurso real). III. Unidade de acción e pluralidade de delitos (concurso ideal).

    14. AS CIRCUNSTANCIAS QUE MODIFICAN A RESPONSABILIDADE CRIMINAL: I. Cuestións comúns ás circunstancias atenuantes e agravantes. II. Atenuantes: A) Eximentes incompletas. B) Atenuantes xenéricas. C) Atenuantes por analoxía. III. Agravantes. IV. A circunstancia mixta.


    AS CONSECUENCIAS XURÍDICAS DO DELITO

    15. A PENA: I. Concepto. II. Fundamento e fins: as diversas teorías. III. A clasificación das penas no Código penal.

    16. AS PENAS PRIVATIVAS DE LIBERDADE: I. Clases e cumprimento: prisión, localización permanente e responsabilidade persoal subsidiaria. II. Formas substitutivas da execución das penas privativas de liberdade: A) Suspensión da súa execución. B) A súa substitución por outras penas.

    17. AS PENAS PRIVATIVAS DE DEREITOS: Concepto e clases. A PENA DE MULTA: multa proporcional e sistema de días-multa. CONSECUENCIAS ACCESORIAS: especial referencia ao comiso.

    18. A DETERMINACIÓN DA PENA: I. Individualización legal, xudicial e administrativa. II. A determinación da pena no Código penal: A) A metade superior e inferior. A pena superior e inferior en grao. B) Regras para a determinación da pena: a) O grao de execución. b) A forma de participación. c) A concorrencia de circunstancias modificativas. d) O concurso de delitos. e) Supostos especiais.

    19. A EXTINCIÓN DA RESPONSABILIDADE CRIMINAL: I. Causas. II. Cancelación de antecedentes penais.

    20. A RESPONSABILIDADE CIVIL E CUSTAS PROCESUAIS: I. A responsabilidade civil nacida de delito ou falta: A) Contido. B) Persoas civilmente responsables. II. As custas procesuais. III. Cumprimento da responsabilidade civil.

    21. AS MEDIDAS DE SEGURIDADE: I. Concepto. Fundamento. Clases. II. Penas e medidas de seguridade. III. As medidas de seguridade na lexislación española.

    Bibliografía básica e complementaria
    -Berdugo Gómez de la Torre, I.; Arroyo Zapatero, L.; Ferré Olivé, J. C. e outros, Curso de Derecho penal. Parte general, Ed. Experiencia, Barcelona, 2010.
    -Cerezo Mir, J., Curso de Derecho penal español. Parte general, I. Introducción, Tecnos, Madrid, 2004.
    -Cerezo Mir, J., Curso de Derecho penal español 2. Teoría jurídica del delito, Tecnos, Madrid, 2005.
    -Cobo del Rosal, M. e Vives Antón, T. S., Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 1999.
    -Corcoy Bidasolo, M. e Mir Puig, S. (dirs.), Comentarios al Código penal. Reforma LO 5/2010, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
    -Córdoba Roda, J. e García Arán, M. (dirs.), Comentarios al Código penal. Parte general, Marcial Pons, Madrid/Barcelona/Buenos Aires, 2011.
    -Cuello Contreras, J. e Mapelli Caffarena, B., Curso de Derecho penal. Parte general, Tecnos, Madrid, 2011.
    -Díez Ripollés, J.L., Derecho penal español. Parte general en esquemas, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
    -García-Pablos de Molina, A., Introducción al Derecho penal. Ed. Areces, Madrid, 2012.
    -Gómez Rivero, M. C. (coord.), Nociones fundamentales de Derecho penal. Parte general, Tecnos, Madrid, 2010.
    -Gracia Martín, L.; Boldova Pasamar, M. A. e Alastuey Dobón, M. C., Tratado de las consecuencias jurídicas del delito, Tirant lo Blanch, Valencia, 2006.
    -Landecho Velasco, C. M. e Molina Blázquez, C., Derecho penal español. Parte general, Tecnos, Madrid, 2010.
    -Landrove Díaz, G., Introducción al Derecho penal español, Tecnos, Madrid, 2004.
    -Landrove Díaz, G., Las consecuencias jurídicas del delito, Tecnos, Madrid, 2005.
    -Luzón Peña, D.-M., Lecciones de Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2012.
    -Mir Puig, S., Derecho penal. Parte general, Reppertor, Barcelona, 2011.
    -Morillas Cueva, L., Derecho penal. Parte general. Fundamentos conceptuales y metodológicos del Derecho penal. Ley penal, Dykinson, Madrid, 2010.
    -Morillas Cueva, L., Derecho penal. Parte general. Tomo II, vol. I. Teoría jurídica del delito, Dykinson, Madrid, 2008.
    -Muñoz Conde, F. e García Arán, M., Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2010.
    -Orts Berenguer, E. e González Cussac, J. L., Compendio de Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2011.
    -Quintero Olivares, G. (coa colaboración de Morales Prats, F.), Parte general del Derecho penal, Aranzadi, Cizur Menor, 2010.
    -Rodríguez Ramos, L., Compendio de Derecho penal. Parte general, Dykinson, Madrid, 2010.
    -Zugaldía Espinar, J. M. (dir.), Fundamentos de Derecho penal. Parte general, Tirant lo Blanch, Valencia, 2010.
    Competencias
    - Distinguir, á hora de enfrontarse a un caso real, os elementos do delito que entran en xogo e os problemas específicos que suscita a participación delituosa, o “iter criminis”, o concurso de delitos e a concorrencia de circunstancias modificadoras da responsabilidade criminal, así como os referidos á teoría das fontes, á interpretación das normas e á eficacia espacial e temporal das leis penais.
    - Aplicar correctamente as regras de determinación da pena.
    - Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten o esclarecemento das dúbidas relacionadas coa parte xeral do Dereito penal.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases teóricas, clases prácticas, seminarios, traballos tutelados e lecturas recomendadas.
    - Emprego da páxina web de Dereito Penal, Parte Xeral , que a área posúe no Campus virtual da USC, para facilitar o acceso do alumno ás últimas modificacións penais e a outros contidos da disciplina, así como fomentar o uso dos foros de debate sobre cuestións actuais relacionadas coa parte xeral do Dereito Penal.

    Sistema de evaluación
    Consistirá nunha proba final escrita (no grupo A o sistema será de preguntas a desenvolver, entre as que, no seu caso, se poderá incluír a resolución dun suposto práctico; e nos grupos B e C consistirá nun exame tipo test). Dita proba final escrita versará sobre as materias impartidas durante o curso, na que se ponderarán os coñecementos do alumno sobre o contido das tres partes das que consta o Programa da disciplina, e representará un 80% da nota final. O restante 20% obterase pola participación nas actividades e a realización de tarefas académicas que se vaian fixando polo profesor. A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Horas de docencia expositiva: 36.
    - Horas de docencia interactiva: 36.
    - Total de horas presenciais: 72.

    - Horas non presenciais de estudo individual ou en grupo: 63.
    - Horas non presenciais para a resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas, preparación de presentacións orais, debates e similares, así como outras tarefas propostas polo profesor: 45.
    - Total de horas non presenciais: 108.

    Volume de traballo global mínimo: 180 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase, para a asimilación da materia, un estudo diario da disciplina, o uso de titorías e o emprego de materiais didácticos complementarios cos que a materia de Dereito Penal I conta no Campus virtual da USC.