G3161222 - Dereito Constitucional II - Os Dereitos e as Liberdades e a súa Protección (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Constitucional
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPARA O GRUPO B (Profesores Gude Fernández, Sanjurjo Rivo y López Portas):
- Explicar o sistema constitucional español, con especial incidencia nos contidos propios de Dereito Constitucional II.
- Aportar os instrumentos de razonabilidad oportunos para a comprensión do sistema público
- Aportar materiais de discusión sobre dereitos fundamentais.
- Transmitir a importancia dos dereitos fundamentais na sociedade actual, desde unha perspectiva crítica e constructiva
————————————————————————————————
GRUPO C, SEGUNDO CURSO (Prof. Ruiz Miguel):
Que o alumno coñeza o Dereito Constitucional relativo á protección dos dereitos fundamentais.
————————————————————————————————
OBXECTIVOS DA MATERIA NO GRUPO A, Prof. Pereira Menaut 2013-2014:
Dentro do que atinxe aos dereitos fundamentais e a súa protección, os obxectivos son coñecer a fondo a Constitución española, escomenzando polas teorías básicas e polos seus antecedentes tanto históricos como de Dereito Comparado.
Dar a coñecer ó estudiante os novos desenvolvementos que están a ter lugar e que afectan tanto o Titulo VIII da Constitución como á relación coa Unión Europea (o que pode implicar a introducción de alteracións no decurso ordinario das explicacións), como a esta última.
Desenvolver unha ensinanza activa e crítica de modo que o estudiante non só aprenda cousas senon que aprenda a pensar por si mesmo.
Poñer os estudiantes en contacto coas novas tendencias constitucionais en España e fora de ela.
ContidosPARA O GRUPO B (Profesores Gude Fernández, Sanjurjo Rivo y López Portas):
Lección 1: TEORÍA XERAL DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS
Lección 2: INTERPRETACIÓN E LÍMITES DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS
Lección 3: Os DEREITOS E DEBERES DOS ESPAÑOIS
3.1. A sistemática do Título Primeiro da Constitución
3.2. O Capítulo I e o principio de igualdade
Lección 4: Os DEREITO «PERSOAIS»
Lección 5: Os DEREITOS QUE ASEGURAN O EXERCICIO DE ACTIVIDADES SOCIAIS
Lección 6: Os DEREITOS POLÍTICOS
Lección 7: Os DEREITOS QUE PROTEXEN O EXERCICIO DE ACTIVIDADES LABORAIS
Lección 8: Os DEBERES DOS ESPAÑOIS
Lección 9: O SISTEMA DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS E LIBERDADES (I)
9.1. Os dereitos constitucionais como dereitos fundamentais
9.2. O réxime das garantías normativas
Lección 10: O SISTEMA DE PROTECCIÓN DOS DEREITOS E LIBERDADES (II)
10.1. O réxime da defensa jurisdiccional e o de vixilancia
10.2. O réxime regulador da suspensión dos dereitos
Lección 11: O TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
1. Os sistemas de control da constitucionalidade: antecedentes e estado actual.
2. O Tribunal Constitucional español. Natureza Composición e Funcionamento.
3. O recurso de inconstitucionalidade e a cuestión de inconstitucionalidade: obxeto, lexitimación, procedemento, as sentencias.
4. O recurso de amparo: obxeto, actos recurribles, lexitimación, procedemento, as sentencias.
5. Os conflictos de competencias. Os conflictos de atribucións
————————————————————————————————
GRUPO C, SEGUNDO CURSO (Prof. Ruiz Miguel):
CONTIDOS BÁSICOS DA MATERIA
PRIMEIRA PARTE
Teoría xeral dos dereitos fundamentais (DF)
1. Orixe e evolución das declaracións de dereitos.
2. Interpretación das normas constitucionais sobre DF.
3. Natureza xurídica dos DF
4. Os suxeitos dos DF.
5. Os límites dos DF.
6. As garantías dos DF.
SEGUNDA PARTE
Teoría especial dos DF
1. Clasificación dos DF.
2. O principio de dignidade humana
3. O principio e dereito á igualdade.
4. Os dereitos do individuo illado.
5. Os dereitos do individuo en relación con outros.
6. Os dereitos do individuo en relación co Estado.
7. Os dereitos a prestacións do Estado.
8. Os deberes constitucionais.
————————————————————————————————
Contidos
GRUPO do Prof. Pereira Menaut (grupo A, 2013-2014):
CONTIDOS BÁSICOS DA MATERIA
A REFORMA CONSTITUCIONAL E O PODER CONSTITUINTE (TEORIA XERAL)
A REFORMA CONSTITUCIONAL E O PODER CONSTUINTE (CASO ESPAÑOL HOXE)
TEORÍA XERAL DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS E DA SÚA PROTECCIÓN
O IMPERIO DO DEREITO COMO MECANISMO DE PROTECCION DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS
A XURISDICCION CONSTITUCIONAL COMO MECANISMO DE PROTECCION DOS DEREITOS E LIBERTADES
TEORIA DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS (1)
TEORIA DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS (2): OS DEREITOS SOCIAIS
PRECEDENTES NO DEREITO COMPARADO (breve referencia)
ALEMANIA
ESTADOS UNIDOS, REINO UNIDO, FRANCIA
OS DEREITOS FUNDAMENTAIS E A SUA PROTECCION NA CONSTITUCION ESPAÑOLA
A VERSIÓN ESPAÑOLA DO ESTADO DE DEREITO
OS DEREITOS FUNDAMENTAIS DOS ESPAÑOIS (1)
OS DEREITOS FUNDAMENTAIS DOS ESPAÑOIS (2)
OS DEREITOS FUNDAMENTAIS DOS ESPAÑOIS (3)
OS DEREITOS FUNDAMENTAIS DOS ESPAÑOIS (4). O IMPACTO DOS NOVOS ESTATUTOS DE AUTONOMIA
OS DEREITOS FUNDAMENTAIS DOS ESPAÑOIS (5). IMPACTO DA CONSTITUCIONALIZACION EUROPEA, DA CARTA EUROPEA, E DO TRATADO DE LISBOA
A XURISDICCION CONSTITUCIONAL (1)
A XURISDICCION CONSTITUCIONAL (2)
PROBLEMAS E PERSPECTIVAS ENCOL DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS E DA SUA PROTECCION
Bibliografía básica e complementariaPARA O GRUPO B (Profesores Gude Fernández, Sanjurjo Rivo y López Portas):
- Roberto Blanco Valdés: La Constitución española de 1978, Alianza, Madrid, 2011.
- Javier Pérez Royo: Curso de Derecho Constitucional, Marcial Pons, Madrid, última edición.
————————————————————————————————
GRUPO C, SEGUNDO CURSO (Prof. Ruiz Miguel):
O máis importante é coñecer e manexar o Dereito positivo, contido na Constitución, tratados internacionais e leis, asi como a jurisprdencia sobre estes instrumentos.
Xunto a isto, recoméndase a consulta de calquera manual de Dereito Constitucional español ou de Teoría dos dereitos fundamentais.
————————————————————————————————
GRUPO do PROF. PEREIRA MENAUT (grupo A, 2013-2014).
Non sendo as grandes leis —a Constitución española, o Tratado de Lisboa (ou o TUE e o TFUE), os Estatutos de Autonomía, a LOTC, a Carta Europea de Dereitos Fundamentais, etc.— ningún libro é obrigatorio, formándose cada quén o seu propio criterio.
HAI LIBROS RECOMENDADOS, PERO NON OBRIGATORIOS
Para superar esta asignatura ninguén ten que seguir ningunha teoría en particular. Abonda con que os estudiantes sexan quen de responder ás preguntas do programa, calquera que sexa o libro ou libros polos que teñan estudiado. O propio do estudio universitario, conforme ao Plan de Bolonia, é considerar diversas teorías e a seguido producir a propia. Por outra banda, para respostar ó programa enteiro compre usar en todo caso varios libros.
Repetimos que, ademáis dos libros de texto que cada quen use, débese estudiar directamente pola Constitución e as demáis normas importantes. O millor material para estudiar é a xurisprudencia (sentencias constitucionais e do Supremo, así como tamén algunhas sentencias europeas). Son moi útiles os Códigos Constitucionais concordados e con xurisprudencia.
Principais manuais recomendados: PEREIRA MENAUT, Antonio-Carlos, "Política, Estado y Derecho", "Lecciones de Teoría Constitucional" e "Derecho Constitucional Español"; TORRES DEL MORAL, Antonio, "Principios de Derecho Constitucional Español", "Estado de Derecho y Democracia de Partidos" e "Prácticas y esquemas de Derecho Constitucional"; ÁLVAREZ CONDE, Enrique, “Curso de Derecho Constitucional”; PEÑA GONZÁLEZ, José, “Derecho y Constitución”; FERNÁNDEZ SEGADO, Francisco, “El sistema constitucional español”, etc.
Cando se precise bibliografía específica complementaria ou para facer algún traballo, recoméndase consultar có profesor.
CompetenciasPARA O GRUPO B (Profesores Gude Fernández, Sanjurjo Rivo y López Portas):
- Aportar capacidade analítica da realidade xurídica-pública
- Aportar as claves explicativas da jursprudencia constitucional dos dereitos fundamentais
- Dotar ao alumno de capacidade crítica, interpretativa e valorativa con relación ao sistema constitucional español
————————————————————————————————
GRUPO C, SEGUNDO CURSO (Prof. Ruiz Miguel):
COMPETENCIAS:
A) As previstas no vixente plan de estudos para esta materia, que están accesibles no correspondente sitio web da USC.
B) Saber argumentar xuridicamente calquera caso relativo aos dereitos fundamentais.
————————————————————————————————
Competencias
Grupo do Prof. Pereira Menaut (grupo A, 2013-2014).
COMPETENCIAS.— A) As previstas no vixente plano de estudios para esta materia, que están accesibles no correspondente sitio web da USC. B) Saber en profundidade o Dereito Constitucional español cunha visión aberta á realidade europea e global, con espíritu crítico e, sobre todo, con sentido común.
Metodoloxía da ensinanza PARA O GRUPO B (Profesores Gude Fernández, Sanjurjo Rivo y López Portas):
Clases teóricas. Ao fío das mesmas suscitaranse problemas prácticos para a súa discusión.
————————————————————————————————
GRUPO C, SEGUNDO CURSO (Prof. Ruiz Miguel):
Aparte do establecido pola normativa vixente:
- as clases teóricas son fundamentais.
- no curso das clases teóricas valórase a participación en forma de preguntas sobre aspectos non explicados da materia ou en forma de respostas ás preguntas expostas polo profesor.
Aínda que a normativa establece un número determinado de clases para casos prácticos ou debates no canto da exposición teórica, estes clases prácticas tratarase en todo caso que estean ao servizo da mellor comprensión das categorías explicadas nas clases teóricas.
————————————————————————————————
Metodoloxía da ensinanza
GRUPO do Prof. Pereira Menaut (grupo A, 2013-2014).
METODOLOXÍA DA ENSINANZA.— Aparte do que xa ven predeterminado polo Plan de Bolonia, tal como está en vigor nesta Facultade:
As clases son casi todas participadas, e un certo número de elas, dacordo ao plan do grao, son interactivas. Presentaránse casos, sentencias e outros conflictos reais para a discusión.
Nas partes nas que sexa doado estudiar por libros, a correspondente lección non se desenvolverá nas aulas con detalle, remitíndonos aos libros, a menos que os estudiantes teñan algún problema para seguir a materia.
Haberá seminarios, debates e comentarios. Pode haber un certo número de clases ou conferencias en outros idiomas.
Dictaránse apuntes só cando sexa necesario; como norma xeral, non se dictan. Pero existen hoxe tantos manuais de Dereito Constitucional Español que cada quén pode elexir os que millor lle parezan, sen depender dos apuntes. No plan de Boloña, por outra banda, está previsto adicar un certo número das aulas a casos prácticos, seminarios debates e similares actividades no canto de desenvolver explicacións teóricas, o que aumenta o protagonismo do estudiante pero tamén lle obriga a traballar máis pola súa conta.
Sistema de evaluaciónPARA O GRUPO B (Profesores Gude Fernández, Sanjurjo Rivo y López Portas):
-Exame final, avaliación de casos prácticos e traballos solicitados polo profesor, asistencia e participación en clase.
-En virtude da normativa de permanencia aprobada polo Consello Social da
Universidade o 5 de xuño de 2012 só se considerará a efectos da cualificación da asignatura a nota obtida no exame final.Cando un estudiante non se presente ó exame final, as prácticas e traballos que teña feito non se evaluarán, e a nota será "non presentado".
————————————————————————————————
GRUPO C, SEGUNDO CURSO (Prof. Ruiz Miguel):
FORMA DE AVALIACIÓN
A cualificación é a suma de tres subconceptos:
1º. exame
2º. un traballo
3º. participación.
1º. O exame terá a máxima puntuación posible de acordo coa normativa vixente.
2º. A partir do dato anterior o traballo pode engadir ata un máximo de 1 punto, segundo a calidade. Un traballo que non reúna a calidade suficiente terá calificacion de "0". Xa que logo, non se pode obter puntuación dun traballo inferior a 5. Po suposto o traballo debe ser integramente creativo e orixinal.
3º. A participación en clase terá unha puntuación máxima de 1 punto.
Aplícase o criterio do número 2º: unha participación que non reúna a cualificación suficiente non obterá un número positivo inferior a 5. A súa cualificación é "0".
Cando un estudiante non se presente ó exame final, as prácticas e traballos que teña feito non se evaluarán, e a nota será "non presentado".
————————————————————————————————
Sistema de avaliación da aprendizaxe
GRUPO do Prof. Pereira Menaut (grupo A, 2013-2014).
FORMA DE AVALIACIÓN.— A cualificación final compoñeráse de tres partes: 1ª) participacións nas aulas, 2ª) traballos, e 3ª) exame (haberá só un exame final da asignatura completa, a final de curso).
AS PARTICIPACIÓNS nas clases poden sumar ata un máximo de 1.5 puntos sobre 10; os traballos poden sumar ata un máximo de 1.5, e o exame pode sumar ata 7. De esta maneira, se unha persona desexa estudiar a asignatura como tradicionalmente se facía (polo tanto, como se non seguíramos o plan de Boloña, simplemente examinándose ao final, mesmo sen asistir a clase en absoluto), pode facelo e obter ata un notable (7). Se outra desexa —por exemplo— facer o exame e intervir nas clases, pero sin facer traballos, pode levar ata 8.5. E se outra desexa —por exemplo— facer o exame e máis un traballo pero non quere intervir nas clases, pode igualmente levar ata 8.5.
OS TRABALLOS deberán ser de ata un máximo de 4.000 palabras (5.000 se son de máis de un autor), escritos necesariamente a mán, impecables de presentación e sen faltas de ortografía nin de redacción. Cando os autores sexan máis de un deberá facerse constar con toda claridade de qué parte é responsable cada quén. Se pode tomar inspiración de outros autores e usar outras fontes, tantas como desexe quen faga o traballo (libros, artículos, internet, etc.), pero facendo constar expresamente entre comiñas todo o que se tome de outro (cando o que se tome non sexa literal haberá que citalo, pero non entre comiñas). Ao final do traballo haberá unha lista con toda a bibliografía, fontes e documentación utilizada, moita ou pouca. Serán valorados polo que sexa traballo personal de quen o firme, e teñen que ser creativos e orixinais. Como para facer os traballos os estudiantes dispoñen de todas as facilidades, a calificación será particularmente dura.
A modalidade de exame será oral pero se pode facer tamén escrito, neste caso con libros abertos, o que significa que os estudiantes poden utilizar, para respostar ás preguntas, todos os libros que desexen, pero non fotocopias de ningún tipo (tampouco de libros), apuntes (de ningún tipo), nin textos constitucionais comentados. Ainda que o groso do exame será esa parte que se debe repostar con libros abertos e na que se valorará sobre todo o razonamento, haberá tamén antes de nada unha parte máis breve e fácil pero eliminatoria destinada a valorar os coñecementos mínimos que todo estudiante debe ter nunha asignatura de Dereito Constitucional español (común a oral e escrito). Quen non supere eses coñecementos mínimos, que se publicitarán con antelación, non poderá aprobar.
En todo caso poderán sempre facer o exame oral voluntariamente todos os que o desexen, mesmo antes da data do exame (previo acordo có profesor e só se é posible), e terán que facelo necesariamente todos os que aspiren a 9 ou 10.
Cando un estudiante non se presente ó exame final, as prácticas e traballos que teña feito non se evaluarán, e a nota será "non presentado".
A nota de prácticas, interactivas e traballos non se manterá para ulteriores convocatorias.
-En virtude da normativa de permanencia aprobada polo Consello Social da
Universidade o 5 de xuño de 2012 só se considerará a efectos da cualificación da asignatura a nota obtida no exame final. Cando un estudiante non se presente ó exame final, as prácticas e traballos que teña feito non se evaluarán, e a nota será "non presentado".
Tempo de estudo e traballo persoalPARA O GRUPO B (Profesores Gude Fernández, Sanjurjo Rivo y López Portas):
- dúas horas á semana de preparación de clases prácticas e seminarios de discusión
- cinco horas á semana de estudo persoal
Total: 75 horas de estudo no cuatrimestre, 30 horas de preparación de prácticas e seminarios de discusión
————————————————————————————————
GRUPO C, SEGUNDO CURSO (Prof. Ruiz Miguel):
O alumno dedicará o máximo tempo e esforzo posible a esta cuestión.
————————————————————————————————
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
GRUPO do Prof. Pereira Menaut (grupo A, 2013-2014)
TEMPO DE ESTUDIO NECESARIO.— Por unha banda, está o previsto no vixente plano de estudios para esta materia. Por outra banda, cada persona procederá dun "background"e terá necesidades diferentes, así que deberá autogobernarse con sentido común, sen depender do que lle suxira o profesor, como é propio de personas maduras e maiores de edade. O estudio universitario é libre por definición.
Recomendacións para o estudo da materiaPARA O GRUPO B (Profesores Gude Fernández, Sanjurjo Rivo y López Portas):
Tomar notas das explicacións teóricas, uso dos manuais de consulta recomendados, estudo da lexislación pertinente e consulta da jurisprudencia relacionada co ámbito de estudo. Participación activa no aula e preocupación por aqueles temas de actualidade relacionados co sistema xurídico institucional que serán obxecto de debate e discusión.
————————————————————————————————
GRUPO C, SEGUNDO CURSO (Prof. Ruiz Miguel):
É fundamental a asistencia a clase.
É moi importante a lectura da prensa escrita ou da prensa electrónica de carácter político.
É conveniente que o alumno habitúese á lectura dos boletíns oficiais e, no seu caso, que busque e lea as sentenzas relacionadas coa materia.
————————————————————————————————
Recomendacións para o estudo da materia
GRUPO do Prof. Pereira Menaut (grupo A, 2013-2014).
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDIO DA MATERIA: Estudiar seriamente dende o primeiro día de clase o manual ou manuais que se precisen.
Preguntarse polas causas profundas das cousas; a ciencia é cognitio causarum.
Comparar con outras constitucións.
Non pensar con clichés predeterminados.
Pensar cada un pola súa conta.
Estar atento a realidade social, constitucional, cultural e política, tanto europea como española como galega.
Asistir ás aulas e estudiar con espiritu crítico.
Non caer no formalismo legalista nin conceptual.
Utilizar a xurisprudencia.
ObservaciónsPARA O GRUPO B (Profesores Gude Fernández, Sanjurjo Rivo y López Portas):
-O coñecemento previo do Dereito Constitucional I é recomendable.
-Os traballos e prácticas non presentados en prazo e forma no serán obxecto de recuperación e no serán cualificados
————————————————————————————————
GRUPO C, SEGUNDO CURSO (Prof. Ruiz Miguel):
Todos poden libremente cambiarse de grupo.
Xunto aos procedementos oficiais, non hai problema pola miña banda para que haxa cambios de entrada ou saída de grupo a condición de que o profesor do outro grupo o acepte.
————————————————————————————————
Observacións
INFORMACIÓNS DE INTERESE PARA O GRUPO do PROF. PEREIRA MENAUT (grupo A, 2013-2014).
Este programa é para o grupo do Prof. Pereira Menaut. Todos os estudiantes que o desexen pódense libremente cambiar a calquera outro grupo, pero sempre polos procedementos oficiais previstos pola Facultade, de maneira que a fin de curso, ó facer as actas non haxa problemas, pois o programa informático está feito de tal xeito que cada profesor pode únicamente calificar aos estudiantes que figuran na súa acta.
As tres materias de Dereito Constitucional Español I, II e III son, en realidade, unha única asignatura, que se divide tres dacordo á programación académica e o plano de grao, en dous cursos. Primeiro ocupará, coas dúas asignaturas, aproximadamente o setenta por cento do programa, e segundo, o resto, pero eso pode alterarse se os acontecimientos políticos e constitucionais en España e na UE o impoñen así. Si se adiantan as eleccións ou se produce algún outro feito significativo dende o punto de vista constitucional, introduciranse no programa inmediatamente os cambios que proceda. Como ese tipo de acontecementos constitucionais poden alterar o normal desenvolvemento da materia, o profesor informará nas clases no momento oportuno.
O programa do apartado “Contidos”, supra, recolle só os grandes temas da materia. Ao escomenzar o curso poñeráse ó dispor dos estudiantes na fotocopiadora da Facultade un programa impreso có máximo detalle posible, de xeito que se facilite ao máximo o seguemento das clases.