G3161223 - Dereito de Obrigacións e Responsabilidade Civil (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Común
- Áreas: Dereito Civil
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Transmitir e fomentar o coñecemento no campo do Dereito civil, en especial no Dereito de Obrigas e de responsabilidade civil.
2. Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo en materia de Obrigas e de responsabilidade civil., singularmente cos textos legais e as decisións xurisprudenciais.
3. Proporcionar ao estudante unha información e unha formación sobre o contido da materia que lle permitan resolver con corrección teórica e argumentación axeitada os problemas xurídicos reais.
4. Proporcionar ao estudante as habilidades necesarias para afrontar de forma axeitada os problemas da práctica xurídica real, tanto na elaboración das normas, coma na resolución de casos prácticos ou no consello profesional.
5. Conseguir un primeiro nivel na preparación de profesionais especializados no ámbito do Dereito de Obrigas e de responsabilidade civil.
Contidos TEORÍA XERAL DA OBRIGACIÓN
Lección 1. - O Dereito de obrigacións na sistemática do Dereito civil. - Concepto de obrigación. - O dereito de crédito e a débeda. - Débeda e responsabilidade como elementos da obrigación. - As obrigacións naturais.
Lección 2. - A constitución da relación obrigatoria: as fontes das obrigacións. - As fontes do Código Civil: as obrigacións ex lege, os contratos, os cuasicontratos, a responsabilidade civil. - A declaración unilateral de vontade. -O enriquecemento inxusto ou sen causa.
Lección 3. - Estrutura da relación obrigatoria. - Os suxeitos: determinación do acredor e do debedor. - Pluralidade de suxeitos: a distinción entre solidariedade e mancomunidade. - A regra de non presunción de solidariedade. - A pluralidade de acredores. - A pluralidade de debedor: débedas mancomunadas e débedas solidarias.
Lección 4. - O obxecto da relación obrigatoria: a prestación. - Clases de obrigacións. - Obrigacións de dar, facer e non facer. - Obrigacións de medios e de resultado. - Obrigacións de tracto único e de tracto sucesivo. - Obrigacións específicas e xenéricas. - Obrigacións alternativas. - Obrigacións facultativas. - Obrigacións divisibles e indivisibles. - Obrigacións puras, condicionais e a prazo. - Obrigacións pecuniarias.
Lección 5. - A dinámica da obrigación: o pago ou cumprimento. - Os suxeitos do pago. - O pago por terceiro. - Persoas que poden recibir o pago: o pago ao acredor aparente e o pago a un terceiro.- O pago do indebido. - Os requisitos do cumprimento: a exactitude da prestación. - Circunstancias e destino do pago: lugar e tempo do cumprimento, proba do pago, gastos e a imputación do pago.
Lección 6. -Os subrogados do cumprimento. - A dación en pago - O pago por cesión de bens: clases e efectos. - O ofrecemento do pago e a consignación.- A compensación.
Lección 7. - O incumprimento da obrigación. - A mora do debedor. - O incumprimento definitivo. - A imposibilidade da prestación. - A prestación non conforme. - Os criterios de imputación e a responsabilidade contractual. - A imputación do incumprimento ao debedor: a culpa e o dolo. - O risco a cargo do debedor. - A exoneración do debedor: o caso fortuíto e a forza maior.- As cargas de colaboración do acredor.
Lección 8. - As consecuencias e remedios do incumprimento. - A pretensión de cumprimento e a de indemnización de danos e prexuízos. - O deber do acredor de mitigar o dano. - O dereito a resolver o contrato: concepto e presupostos da resolución. Exercicio da facultade resolutoria e efectos da resolución. - A responsabilidade do debedor pola actividade dos seus auxiliares. - A modificación convencional da responsabilidade do debedor.
Lección 9. - Protección do dereito de crédito. - O principio de responsabilidade patrimonial universal. - As garantías da obrigación: concepto, natureza e tipos de garantía. - A cláusula penal. - As arras. - A fianza e outras garantías persoais. - A acción subrogatoria: concepto, natureza, presupostos do exercicio e efectos. - A acción directa. - A fraude de acredores e a acción revogatoria ou pauliana.
Lección 10. - A realización do crédito e a insolvencia. - A modificación das obrigacións: tipoloxía. - O cambio de acredor e as súas formas: cesión de créditos e subrogación no crédito. - Os cambios de debedor: a asunción da débeda. - As causas de extinción das obrigacións. - A remisión da débeda. - A confusión. - A novación.
RESPONSABILIDADE CIVIL EXTRACONTRACTUAL
Lección 11. - O acto ilícito como fonte de obrigación. A responsabilidade contractual e extracontractual. - O fundamento da responsabilidade civil. - As funcións da responsabilidade civil. -A responsabilidade civil derivada de delito.
Lección 12. - Os presupostos da responsabilidade civil. - O comportamento danoso. - O dano: concepto, tipoloxía, valoración e deber de mitigalo - A relación da causalidade. - As interferencias no nexo causal. A pluralidade de responsables e o dano causado por un membro indeterminado do grupo. - A culpa do axente. A imputabilidade como elemento da culpabilidade e as causas xustificativas.
Lección 13. - A responsabilidade obxectiva: concepto e evolución. - Supostos de responsabilidade obxectiva no Código civil. - Supostos de responsabilidade obxectiva nas leis especiais. Especial referencia á responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas.
Lección 14. - A responsabilidade por feito doutro. - A responsabilidade civil de pais e titores. - A responsabilidade civil do empresario por actividades dos seus auxiliares. - A responsabilidade civil dos titulares ou directores de centros docentes.
Lección 15. - A responsabilidade por danos causados polos produtos defectuosos. - A Directiva 85/374, a súa trasposición ao dereito español e posteriores vicisitudes. - Concepto de produto.- Suxeitos responsables. - Suxeitos protexidos. - Concepto de produto defectuoso.- Danos resarcibles. - Causas de exoneración: especial referencia aos riscos de desenvolvemento. - Problemas de internormatividade.
Lección 16. A responsabilidade civil profesional. -A responsabilidade civil dos profesionais sanitarios. - A responsabilidade civil dos profesionais xurídicos.
Bibliografía básica e complementariaExiste un número abundante de manuais da materia. É altamente aconsellable que o/a estudante utilice un deles diariamente (segundo a recomendación do profesor/a) para o seguimento da materia.
Ademais é necesario que o/a estudante teña e leve a clase o Código civil e a lexislación complementaria.
O/a profesor/a poderá engadir lecturas recomendadas de traballos monográficos relativos á materia, publicados en libros ou en revistas especializadas.
Con carácter orientativo, indícanse os Manuais máis coñecidos na materia.
- Albaladejo García. M., Derecho civil, t. II, vols. 1 y 2.- Badosa Coll, F. Dret d’obligacions, Barcelona, Barcanova.
- Castán Tobeñas, J., Derecho civil español común y foral, t. III y IV, ed., Madrid, Reus.
- Díez - Picazo, L., Fundamentos de Derecho civil patrimonial, vol. 1 (Introducción. Teoría del contrato) y 2 (Teoría general de la obligación), V (Responsabilidad extracontractual). Thomson-Civitas.
- Díez - Picazo L/Gullón Ballesteros A., Sistema de Derecho civil, 2. vol. I. El contrato en general. La relación obligatoria. vol. II. Contratos en especial. Cuasi contratos. Enriquecimiento sin causa.
Responsabilidad extracontractual. Thomson_Civitas, 2012.
- Lacruz Berdejo, J.L/ y otros, Elementos de Derecho civil, t. II, vols. 1º y 2º, Nueva Edición revisada y puesta al día por F. Rivero Hernández, Madrid, Dykinson.
- Lasarte Alvarez, C., Principios de Derecho civil, t. II y III, Madrid, Marcial Pons.
- Lete del Río, J.M./Lete Achirica, J., Derecho de obligaciones, vol. I, Cizur Menor (Navarra), Thomson/Aranzadi.
- Martínez de Aguirre y Aldaz, De Pablo Contreras, Pérez Álvarez, Parra-Lucán, "Derecho Civil II. Derecho de obligaciones", Madrid, Colex.
- Puig Ferriol L/Gete Alonso M.C./Gil Rodríguez J./Hualde J.J. Manual de Derecho civil, Derecho de obligaciones. Responsabilidad civil, Teoría general del contrato, Madrid, Pons.
- Reglero Campos, L. F., Tratado de responsabilidad civil, 3 vols., Cizur Menor (Navarra), Thomson-Aranzadi,
- Roca Trías, E., Derecho de daños: textos y materiales, 4ªed., Tirant lo Blanch, Valencia.
- Valpuesta M.R y otros, Derecho de obligaciones y contratos Valencia, Tirant lo Blanch.
CompetenciasCX1: Capacidade de comprensión, análise e síntese
CX2: Capacidade de organización e planificación
CX5: Capacidade de obtención e xestión da información
CX6: Capacidade de resolución de problemas
CX7: Capacidade de decisión
CX8: Razoamento crítico
CX9: Compromiso ético e deontolóxico
CX10: Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CX12: Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
CX14: Aprendizaxe autónoma
CX15: Adaptación a novas situacións
CX16: Creatividade
CX17: Liderazgo
CX19: Iniciativa
CX20: Motivación pola calidade á excelencia profesional
CX21: Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CX22: Espíritu de superación
Metodoloxía da ensinanza GRUPO A (María Paz García Rubio/Marta Otero Crespo):
A docencia inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, segundo calendario
CLASES EXPOSITIVAS.
Impartiranse ao grupo completo
Consistirán na explicación do tema pola profesora, co soporte dun cadro resume que posteriormente será posto a disposición dos estudantes na aula virtual.
Requirirase a participación activa dos estudantes, que poden ser chamados en calquera momento pola profesora.
CLASES INTERACTIVAS.
Impartiranse co grupo dividido en dous subgrupos. Á súa vez, en cada un destes formaranse equipos de traballo máis pequenos.
Nestas clases realizaranse algunha das seguintes actividades_
1. Resolución dun ou varios casos segundo o método socrático
2. Resolución de hipóteses e problemas.
3. Redacción dunha demanda e dunha contestación á demanda.
4. Exposición dun tema previamente preparado por un grupo de estudantes, que non teña sido obxecto de explicación pola profesora.
5. Redacción dun pequeno ensaio sobre unha lectura recomendada, un comentario dunha sentenza ou un problema xurídico concreto.
GRUPOS B e C (Javier Lete Achirica):
A docencia inclúe clases expositivas, clases interactivas e titorías, según calendario.
CLASES EXPOSITIVAS.
Impartiranse so grupo completo.
Consistirán na explicación do tema polo profesor sobre a base de algúns dos manuales recomendados.
Requerirase a participación activa dos estudantes, que poden ser chamados en calquer momento polo profesor.
CLASES INTERACTIVAS.
Impartiránse co grupo dividido en dous subgrupos.
Nestas clases realizaránse algunha das seguintes actividades_
1. Resolución dun o varios casos según o método socrático.
2. Resolución de hipótesis e problemas.
3. Exposición dun tema previamente preparado polo estudante, pero que non haia sido obxecto de explicación polo profesor.
5. Redacción dun pequeño ensaio sobre unha lectura recomendada, un comentario dunha sentencia ou un problema xurídico concreto.
Sistema de evaluaciónGRUPO A (María Paz García Rubio/Marta Otero Crespo):
Todas as actividades realizadas ao longo do curso serán medibles e avaliables de acordo cos seguintes criterios:
1. Asistencia e participación activa nas clases, 10 % da nota final.
2. Realización das actividades programadas e cualificación, 20% da nota final
3. Exame escrito, combinando unha parte obxectiva tipo test cunha ou máis preguntas de desenvolvemento, 70 % da nota final.
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera dos tres grupos de actividades referidos será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
GRUPOS B e C (Javier Lete Achirica):
Todas as actividades realizadas ao longo do curso serán medibles e avaliables de acordo cos seguintes criterios:
1. Asistencia e participación activa nas clases, 10 % da nota final.
2. Realización das actividades programadas e cualificación, 15% da nota final
3. Exame final oral, 75 % da nota final.
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera dos tres grupos de actividades referidos será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
Tempo de estudo e traballo persoalGRUPO A (María Paz García Rubio/Marta Otero Crespo):
Clases expositivas, interactivas e exame: 48 horas.
Traballo individual e en grupo para a realización de actividades: 24 horas.
Traballo de estudo individual: 60 horas.
GRUPOS B e C (Javier Lete Achirica):
- Traballo presencial na aula (clases expositivas, interactivas, titorías e exames): 50 h.
- Traballo persoal do alumno (estudo individual ou en grupo, resolución de casos prácticos ou outros traballos, lecturas recomendadas): 80 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- O/A estudante debe utilizar dende o comezo de curso os materiais da disciplina, en especial os textos legais e un manual de consulta que actúe como referencia teórica.
- A asistencia ás clases é necesaria para aclarar os conceptos, incluir as novedades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas expostas.
- Recoméndase a utilización da Aula Virtual, onde se publicarán os materiais complementarios que o/a profesor/a considere de utilidade.
- O tempo dedicado ao estudo debe ser o máis continuo posible. Recoméndase facer un seguimento, polo menos semanal, do explicado nas clases, e realizar as tarefas sinaladas polo profesor con dedicación e continuidade.
- Débese preguntar nos horarios de titorías ou, preferiblemente, na clase, todas as dúbidas ou problemas de comprensión que se susciten ao redor dos temas estudados.
- Debe evitarse a aprehensión memorística de cuestións que previamente non sexan comprendidas de xeito correcto.
- O traballo en equipo debe ser solidario e construtivo. Lémbrase que tamén é unha actividade evaluable.
ObservaciónsÉ moi importante que o/a estudante teña superado as materias de Dereito civil correspondentes aos semestres anteriores.
Os temas especialmente complexos ou formativos serán indicados polo profesor/a e terán un tratamento mais detallado.
É imprescindible levar a clase o Código civil e os materiais que o profesor/a recomende.