G3161225 - Dereito Administrativo I - Fundamentos de Dereito Administrativo (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Administrativo
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEn primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, prioritariamente perséguese que o alumno, empregando a terminología e vocabulario técnico pertinente sexa capaz de:
- Describir as bases histórico-dogmáticas e constitucionais do Dereito Administrativo.
- Describir os Ordenamentos xurídico-administrativos e as súas relacións.
- Identificar os suxeitos do Dereito Administrativo e describir os seus réximes xurídicos.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ao desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumno:
- Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios legislativos e xurisprudenciais, fontes doctrinales, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- Sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- Estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia na que os contidos e fontes cambian a gran velocidade.
- Resolva supostos prácticos de dificultade media.
- Emita informes técnicos.
Contidos- As bases do Dereito Administrativo: delimitación conceptual, evolución histórica e configuración constitucional.
- O Ordenamento administrativo e a interconexión entre Ordenamentos.
- Os suxeitos do Dereito Administrativo: a Administración Pública como persoa xurídica, a organización administrativa, e a teoría do administrado.
Bibliografía básica e complementariaCOSCULLUELA MONTANER, Luis: Manual de Derecho Administrativo. Parte general, Thomson-Civitas, Madrid, última edición.
ESTEVE PARDO, José: Lecciones de Derecho administrativo, Marcial Pons, Madrid, última edición.
GARCÍA DE ENTERRÍA, Eduardo, y FERNÁNDEZ, Tomás-Ramón: Curso de Derecho Administrativo, I, Thomson-Civitas, última edición.
PARADA VÁZQUEZ, Ramón: Derecho Administrativo, I, Marcial Pons, Madrid, última edición.
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel: Derecho Administrativo. Parte general, Tecnos, Madrid, 2011, última edición.
SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso: Principios de Derecho Administrativo General, I, Iustel, Madrid, última edición.
Base de datos de legislación y jurisprudencia Westlaw-Aranzadi (http://www.bugalicia.org)
Martín Rebollo, L., Leyes administrativas. Thomson-Aranzadi, Cizur Menor, última edición.
CompetenciasA) Competencias xerais (CG):
CG1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
CG2.- Capacidade de organización e planificación
CG5.- Capacidade de obtención e xestión da información
CG6.- Capacidade de resolución de problemas
CG7.- Capacidade de decisión
CG8.- Razonamiento crítico
CG9.- Compromiso ético e deontológico
CG10.- Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CG12.- Capacidade de relación interpersonal nun contexto profesional
CG13.- Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad
CG14.- Aprendizaxe autónoma
CG15.- Adaptación a novas situacións
CG16.- Creatividade
CG17.- Liderado
CG19.- Iniciativa e espírito emprendedor
CG20.- Motivación pola calidade e a excelencia profesional
CG21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CG22.- Espírito de superación
B) Competencias específicas (CE):
CE1.- Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamiento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
CE2.- Percibir o carácter unitario do Ordenamiento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
CE4.- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
CE8.- Adquirir a capacidade de razonamiento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando términos xurídicos precisos, claros e comprensibles
CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
Metodoloxía da ensinanza Na impartición da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- Lección magistral programada con implicación dos alumnos.
- As clases prácticas.
Sistema de evaluaciónA avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
- A realización dun exame teórico-práctico, que supoñerá un 70% da cualificación final.
- A memoria de prácticas e o control da asistencia ás sesións presenciales, que poderán supoñer, respectivamente, ata un 20% e un 10% da cualificación final, sempre que se superase o exame.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula:
Docencia expositiva 30
Docencia interactiva 10
Tutorías en grupo reducido 5
Total horas de traballo presencial na aula:45
Traballo persoal do alumno:
Estudo individual ou en grupo 45
Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15
Preparación de presentacións orais, debates e similares 2,5
Asistencia a conferencias 5
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir á clase regularmente.
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.