G3161321 - Dereito de Familia (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Común
- Áreas: Dereito Civil
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecemento especializado do Dereito de familia.
- Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito das relacións familiares (matrimonio, crises matrimoniais e filiación).
- Correcto manexo das normas legais vixentes e das orientacións xurisprudenciais actuais ao redor dos problemas básicos propios da disciplina.
- Adquisición de coñecementos prácticos básicos sobre a intervención do xurista nos conflitos familiares: desenvolvemento dos procesos matrimoniais, problemática ao redor das accións de filiación...
- Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo, en materia de familia, singularmente con textos legais (en particular o Código civil; pero tamén coa Lei de Axuizamento civil e a Lei de Dereito civil de Galicia) e as decisións xurisprudenciais.
ContidosPROGRAMA DEREITO DE FAMILIA
INTRODUCIÓN
Lección 1.- Familia e Dereito
1. O Dereito de Familia: concepto e carácteres.
2. Evolución do Dereito de Familia.
3. A familia na Constitución española de 1978.
4. Modificación do Código civil en materia de Dereito de familia.
5. Desenvolvemento autonómico do Dereito de familia.
O MATRIMONIO
Lección 2.- O matrimonio
1. Matrimonio: concepto, natureza e carácteres.
2. O sistema matrimonial español vixente.
3. Promesa de matrimonio.
4. Requisitos do matrimonio: capacidade e impedimentos.
5. A celebración do matrimonio e as súas modalidades.
6. Efectos do matrimonio: dereitos e deberes dos cónxuxes.
A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DO MATRIMONIO
Lección 3.- Sistema de organización económica do matrimonio
1. Determinación do réxime económico no Dereito español.
2. O réxime económico no Código Civil.
3. O réxime matrimonial primario.
4. Capitulacións matrimoniais: concepto e significado, forma e contido.
5. Doazóns por razón de matrimonio.
Lección 4.- Sociedade de gananciais
1. Bens comúns e privativos: a presunción de ganancialidade.
2. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.
3. Responsabilidade fronte a terceiros.
4. Responsabilidade por débedas privativas.
Lección 5.- Xestión e administración da sociedade de gananciais
1. Xestión e administración.
2. Disolución e liquidación.
3. O réxime de separación de bens.
4. O réxime de participación nas ganancias: liquidación.
INEFICACIA, DISOLUCIÓN E CRISES MATRIMONIAIS
Lección 6.- As crises matrimoniais
1. Nulidade do matrimonio.
2. Separación do matrimonio.
3. Disolución do matrimonio.
4. Disolución por divorcio.
5. Efectos comúns á separación, nulidade e divorcio: medidas na fase preliminar e medidas durante o procedemento.
6. Efectos das sentencias: convenio regulador e medidas xudiciais supletorias.
7. Dereito de compensación económica e indemnización.
8. A mediación familiar.
AS UNIÓNS DE FEITO
Lección 7.- As unións extramatrimoniais ou de feito (a convivencia more uxorio)
1. As unións de feito: desenvolvemento lexislativo autonómico e tratamento xurisprudencial.
2. Efectos persoais e patrimoniais da convivencia.
3. Cesamento da convivencia: efectos.
RELACIÓNS PATERNO-FILIAIS
Lección 8.- A Filiación
1. Nocións fundamentais e clases.
2. Atribución da filiación e a súa proba.
3. Determinación da filiación matrimonial.
4. Determinación da filiación non matrimonial.
5. Accións de filiación
Lección 9.- Filiación adoptiva e técnicas de reprodución asistida
6. Filiación e técnicas de reprodución asistida.
7. Adopción: requisitos persoais e procedemento.
8. Efectos: impugnación e extinción da adopción.
Lección 10.- Patria potestade
1. Concepto, evolución histórica e natureza.
2. Suxeitos.
3. Exercicio.
4. Contido persoal e patrimonial.
5. Perda, modificación, suspensión e extinción da patria potestade.
6. Patria potestade prorrogada e rehabilitada.
GARDA DE MENORES E INCAPACITADOS
Lección 11.- Principios xerais da protección de menores e incapacitados
1. Tutela ex lege, garda e acollemento.
2. A tutela, a curatela, o defensor xudicial e a garda de feito: diferenzas e réxime xurídico aplicable.
3. A Lei 41/2003, do 18 de novembro, de protección patrimonial das persoas con discapacidade.
ALIMENTOS ENTRE PARENTES
Lección 12.- A obriga de alimentos entre parentes
1. Concepto, natureza e carácteres.
2. Contido: suxeitos e obxecto da prestación alimenticia.
3. Nacemento, modificación e extinción da obriga de alimentos.
Bibliografía básica e complementariaÚLTIMAS EDICIÓNS:
- DIEZ-PICAZO, L. e GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho civil, vol. IV: Derecho de familia. Derecho de sucesiones. Ed. Tecnos. Madrid,
- LACRUZ BERDEJO, J. L. e outros, Elementos de Derecho civil, tomo IV: Derecho de familia, Dykinson, Madrid.
- DOMÍNGUEZ LUELMO, A. (Dir.), Comentarios al Código civil, Lex Nova, Valladolid, 2010.
- REBOLLEDO VARELA, Á. L. (Coord.), Comentarios a la Ley de Derecho civil de Galicia. Ley 2/2006, de 14 de junio, Thomson Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2008.
No seu caso, as profesoras proporcionarán aos estudiantes material complementario a través da aula virtual.
Competencias- Dominio da linguaxe xurídica.
- Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos
básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil e as súas consecuencias na ordenación das relacións familiares.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciáis e percepción das
orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflictivas no ámbito do dereito de familia e dos grandes principios que o informan (igualdade entre cónxuxes, liberdade, interese do menor...).
Metodoloxía da ensinanza Co manexo nas clases dos textos legáis e da xursiprudencia recaída na materia, analizaranse os contidos mínimos da materia, nun intento de trasladar o coñecemento das institucións con unha visión práctica das mesmas
Neste senso, resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas materias máis dicutidas e as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os tribunáis.
Fomentarase a participación agrupando aos alumnos e polarizando a súa intervención como representantes das partes en conflicto.
Ensinarase a redacción de documentos característicos das institucións familiares, como capitulacións matrimoniáis, convenios reguladores, escritos de formalización de acollementos familiares...
Sistema de evaluaciónParticipación activa nas clases prácticas e exame final escrito.
Se o número de alumnos matriculados que asisten habitualmente as clases o permite, valorarase a evolución da súa aprendizaxe día a día, atendendo as suas intervencións e aos traballos realizados, o que se complementará coa cualificación obtida nun exame onde se evaluarán os coñecementos finais sobre a materia.
ACTIVIDADES AVALIABLES: Ao longo do cuadrimestre recolleranse os escritos xurídicos redactados polos alumnos a demanda do profesor, aínda que a súa entrega non será requisito sine qua non para a superación da disciplina, senón que será tida en conta, no seu caso, para mellorar a cualificación final.
O exame final pode ter unha parte teórica e unha parte práctica, consistente, xa na elaboración dun dictame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, dando resposta as cuestións prantexadas, xa nun comentario xurisprudencial.
Os profesores fixarán na guía docente anual a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final. En todo caso, o examen final no suporá menos dun 70% da cualificación final, e aprobalo será requisito para superar a asignatura.
NOTA IMPORTANTE:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
Asemade, e aos efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e Máster, advírtese que todas as actividades realizadas ao longo do curso serán valoradas. Xa que logo, para que o alumno figure como non presentado na correspondente convocatoria será necesario que non asistise as clases, non realizase as actividades encargadas nin o exame final da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalDocencia expositiva 22,5/30 Estudio individual ou en grupo: 55
Docencia interactiva: 17,5/10
Preparación de presentaciones orais, debates e similares: 5
Titorías grupo reducido: 5
Resolución de casos prácticos e outros traballos: 7,5
Total horas de traballo presencial na aula: 45.
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5/69
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia regular ás aulas como medio para obter un enfoque práctico da materia e simplificar o seu estudo.
No mesmo sentido, recoméndase a asistencia ás clases para aclarar os conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaran e interiorizaran.
Lectura das fontes bibliográficas e xurisprudenciais recomendadas.
Dedicación especial á análise do Dereito positivo, en particular da normativa contida no Código civil, a Lei de Axuizamento Civil e a Lei de Dereito Civil de Galicia. Aconséllase asistir á clase co material lexislativo correspondente a cada lección.
ObservaciónsÉ moi importante que o alumno se familiarice cos textos legáis, neste senso, cómpre insistir en que ao tempo que se estudia o Código civil é moi relevante o manexo da Lei de Dereito civil de Galicia nos asuntos que atinxen ao dereito de familia, sen prexuizo da importancia que para o Dereito de familia ten o estudo da Lei de Axuizamento civil
Asemade e ao longo do curso estudarase a materia dende a perspectiva práctica, xa que logo, procederá o axeitado manexo das bases de datos para a busqueda e análise da xurisprudenica recaída na materia.