G3161324 - Dereito Mercantil I (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo
- Áreas: Dereito Mercantil
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer o concepto, a historia e as perspectivas actuais do Dereito Mercantil.
- Coñecer o estatuto xurídico do empresario (responsabilidade, colaboradores, rexistro mercantil, contabilidade do empresario, etc).
- Coñecer o sector do Dereito mercantil denominado Dereito industrial.
ContidosINTRODUCCIÓN
LECCIÓN 1.ª
HISTORIA, CONCEPTO E PERSPECTIVAS DO DEREITO MERCANTIL
1. Xénese e evolución.
2. Concepto e características do Dereito Mercantil
3.Tendencias na evolución do Dereito Mercantil
LECCIÓN 2ª
FONTES DO DEREITO MERCANTIL
1.- Fontes do Dereito Mercantil
1.1. A Constitución: as competencias do Poder Central e das Comunidades Autónomas en materia xurídico-mercantil
1.2.A lei mercantil: Os Código de comercio de 1829 e 1885. Outras leis
1.3. Os usos de comercio: concepto, clases, alcance e proba.
2. O Dereito comunitario e a súa incidencia no Dereito Mercantil español.
3. A aplicación do Dereito Mercantil: xurisdicción e arbitraxe.
O ESTATUTO XURÏDICO DO EMPRESARIO
LECCIÓN 3ª
O EMPRESARIO E A EMPRESA
1.Concepto e caracteres do empresario.
2. Clases de empresario.
3. Responsabilidade do empresario. Especial referencia á responsabilidade civil por danos causados por productos defectuosos.
4.- A empresa na esfera mercantil
4.1. Concepto.
4.2.- A empresa como obxecto de negocios xurídicos
a) A compravenda de empresa
b) O arrendamento de empresa. Diferencias co arrendamento de local de negocio.
c) Usufructo, hipoteca e transmisión mortis causa
LECCIÓN 4.- TIPOS DE EMPRESARIO
1.- O empresario individual.
1.1. Capacidade e prohibicións
1.2. Adquisición, proba e pérdida da condición de empresario.
1.3.O exercicio de actividades mercantiles por persona casada.
1.4.-O empresario individual extranxeiro.
2.- O empresario social.
2.1. Delimitación.
2.2. Tipoloxía das sociedades mercantiles.
2.3. Distinción entre sociedades civiles e mercantiles: sociedades civiles con forma mercantil.
2.4. O contrato de sociedad.
2.5. Personalidade xurídica das sociedades mercantiles.
2.6.Réxime xurídico das sociedades extranxeiras e das sociedades españolas con participación extranxeira.
LECCIÓN 5ª
COLABORADORES DO EMPRESARIO
1.Os Colaboradores do Empresario: tipoloxía.
2.O factor ou apoderado xeral
2.1.- Concepto
2.2.- A relación xurídica que media entre o empresario e o factor
2.3.- O ámbito de apoderamento do factor.
2.4.- Deberes do factor
2.5.- Duración do poder
3.Dependentes e Mancebos.
4.Colaboradores independientes.
LECCIÓN 6ª
O REXISTRO MERCANTIL
1.O Rexistro Mercantil como institución da publicidade legal do empresario.
1.1.Organización estructural e funcional.
1.2. Os principios rectores da publicidade rexistral.
1.3.Eficacia da inscripción sobre o feito inscrito.
2. O Rexistro Mercantil Territorial. Funcións.
3. O Rexistro Mercantil Central. Funcións
LECCIÓN 7ª.
A CONTABILIDADE DO EMPRESARIO
1. Sentido e fin da contabilidade mercantil.
2. Forma de levar a contabilidade.
2.1. Libros do empresario obligatorios e potestativos.
2.2.Levanza e conservación dos Libros.
2.3.Valor xurídico dos asientos contables. Eficacia probatoria dos Libros.
4. Formulación polo empresario das contas anuais.
O DEREITO DA COMPETENCIA Y DA PROPIEDADE INDUSTRIAL
LECCIÓN 8ª
A LIBRE COMPETENCIA COMO MARCO DE DESSENROLO DA ACTIVIDADE DO EMPRESARIO
1.O principio de libertad de empresa y a libre competencia.
2.Protección xurídica da libre competencia.
2.1.Conductas prohibidas.
a) Conductas colusorias
b) Abuso de posición dominante
c) Falseamento da libre competencia por actos desleais
2.2. Conductas exentas por ley, conductas de menor importancia e declaracións de inaplicabilidade.
2.3. Control das Concentracións económicas.
2.4. Control de Axudas Públicas.
2.5.Órganos de defensa da competencia
3. A aplicación do Dereito da competencia polas Comunidades Autónomas.
4. O Derecho Comunitario dla libre competencia.
LECCIÓN 9ª
A PROTECCIÓN XURÍDICA CONTRA A COMPETENCIA DESLEAL
1. Orixe e lexislación vixente
2. Fins e ámbito do réxime en vigor.
3. Cláusula xeral prohibitiva.
4. Análise dos concretos actos de competencia desleal legalmente tipificados.
5. Accións nacidas da competencia desleal.
6. Protección contra a publicidade ilícita.
LECCIÓN 10ª.
OS DEREITOS DE PROPIEDADE INDUSTRIAL (I)
1.Consideracións xerais
2.As patentes de invención.
2.1.Requisitos de patentabilidade
2.2.O dereito á patente; as invencións laborais.
2.3.O procedemento de concesión de patente.
2.4.Contido do dereito de patente. Límites.
2.5. A patente como obxecto de negocios xurídicos. As Licencias de explotación: contractuales, de pleno dereito e obrigatorias.
2.6. Nulidade y Caducidade.
2.7. Peculiaridades das invencións biotecnolóxicas.
3. Os Modelos de Utilidade.
3.1.Concepto e rasgos distintivos.
3.2. Réximen jurídico.
4. O Deseño industrial.
4.1. Concepto e requisitos de protección.
4.2. Réxime xurídico.
4.3. Os Debuxos e Modelos Comunitarios.
5. A protección xurídica das Obtencións vexetais
LECCIÓN 11ª.
OS DEREITOS DE PROPIEDADE INDUSTRIAL (II)
1. A Marca.
1.1. Concepto, funcións e clases.
1.2. Adquisición, contido e protección do dereito de marca.
1.3. Transmisión da marca.
1.4. Nulidade e caducidade da marca.
1.5. Protección das marcas internacionales.
1.6. Principios informadores do réximen da Marca Comunitaria.
2. O Nome Comercial: concepto e régxmen xurídico.
3. As denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas: concepto, clases e contido da protección.
5.- Os nomes de dominio.
Bibliografía básica e complementaria- Bibliografía básica:
Código de Comercio y Legislación Mercantil Complementaria, edición actualizada
- Bibliografía complementaria:
Sánchez Calero, F., Instituciones de Derecho Mercantil, Vol 1, Aranzadi, última edición.-
- Broseta Pont, Manual de Derecho Mercantil, Tecnos, última edición.
- Jiménez Santos, G. (coordinador), Derecho Mercantil, vol. I, Ariel, última edición.
- Menéndez, Lecciones de Derecho Mercantil, última edición.
- Uría, R., Derecho Mercantil, Marcial Pons, última edición.
- Uría e Menéndez, Curso de Derecho Mercantil I, Civitas, última edición.
- Vicent Chuliá, F., Introducción al Derecho Mercantil, Tirant lo Blanch, última edición.
Competencias- Resolver supostos de feito nos que entren en xogo institucións mercantís.
- Resolver problemas xurídicos de Dereito industrial (patentes, marcas, deseño industrial, etc).
- Posibilidade de resolver cuestións xurídicas referentes aos empresarios..
- Capacidade para asesorar sobre as posibles resolucións dun caso e para deseñar estratexias alternativas conducentes as distintas solucións.
- Capacidade para decidir se as circunstancias de feito son suficientemente claras para unha decisión fundada en dereito.
-Capacidade para elaborar e presentar una decisión xuridicamente fundamentada.
Metodoloxía da ensinanza O profesor desenvolverá a explicación teórica das diferentes leccións do programa nas clases expositivas. Nembargantes, alomenos un tercio das leccións do programa poderán ter que ser preparadas polo estudante.
Nas clases interactivas os alumnos resolverán casos prácticos e outras actividades propostas polo profesor, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos.
Sistema de evaluación PARA TODOS OS GRUPOS
1.- A nota virá determinada pola cualificación obtida nun único exame final escrito (90% da nota final, polo tanto un 9 sobre 10) e a cualificación obtida mediante a asistencia e participación nas clases interactivas (10% da nota final, polo tanto, un 1 sobre 10)
2.- O exame final escrito poderá consisitir, segundo o grupo de que se trate: a) Nun test, ou b) Nun test e dúas preguntas, ou c) Nun test e un caso práctico.
- No primeiro caso (exame composto por unha única proba tipo test), o test terá 36 preguntas (con catro alternativas, de resposta única), e para a súa realización disporase dun tempo de 60 minutos. Cada pregunta ben contestada terá unha puntuación de 0,25 puntos. Cada pregunta mal contestada restará 0.15 puntos. As preguntas en branco nen suman nen restan puntuación. A puntuación máxima con todas as respostas correctas será de 9 puntos.
- Non segundo e no terceiro caso (proba tipo test combinada con preguntas ou caso prácticos), a primeira parte do exame consistirá nun test de 28 preguntas (con catro alternativas, de resposta única), para o que se otorgará un tempo de 45 minutos. Cada pregunta ben contestada terá unha puntuación de 0,25 puntos. Cada pregunta mal contestada restará 0,15 puntos. As preguntas en blanco nen suma nen resta puntuación. A puntuación máxima con todas as respostas correctas será de 7 puntos. A segunda proba –de realización voluntaria-poderá consistir: a) en dúas preguntas (cada unha das cales puntuará, como máximo, 1 punto) formuladas con carácter teórico ou en forma de cuestión prática; ou b) na resolución dun caso práctico empregando textos legais (O caso práctico será puntuado, sempre que se respondan correctamente todas as cuestión plantexadas, cun máximo de 2 puntos). Para a realización da proba voluntaria disporase de 45 minutos. As persoas que non obteñan polo menos 3,75 puntos no test xa se entenderán suspensos, e a súa cualificación será a obtida no test, con independencia de que realicen ou non a proba voluntaria (que xa non se lles correxirá).
3.- Non se poderá empregar o programa, nen a guía docente, nen ningún outro material, nin na realización do exame, salvo o uso da lexislación na proba voluntaria consistente en un caso práctico (para o caso de que a modalidade de exame aplicable inclúa dita proba).
4.- A asistencia e participación nas clases interactivas terá unha valoración dun 10% sobre a nota final, polo que a nota máxima a obter coas mesmas será de 1 punto sobre 10. Só se terá en conta a valoración das clases interactivas cando no exame se acade, alomenos, unha puntuación de 4.5 puntos.
Conforme á normativa da USC, a cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será a de “suspenso”, salvo que o estudante non realice nengunha actividad académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso no que constará como “non presentado” (art. 5.2 da normativa de permanencia aprobada polo Consello social da USC). Dado que a asistencia e participación nas clases interactivas desta asignatura é avaliable, eso implica que o alumnos que asista ás clases interactivas non poderá figurar como non presentado (incluso aínda que só asista a unha soa).
5.- Para superar a asignatura será preciso alcanzar alomenos unha nota de 5 puntos (entre o exame e, no seu caso, a valoración das clases interactivas).
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno. Non obstante, calcúlase como media, que será necesario dedicar 67.5 horas de traballo propio, que se sumarán ás horas de clase.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase encarecidamente o manexo directo do Código de Comercio e da lexislación mercantil complementaria.