Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161325 - Dereito Penal, parte especial - Delitos contra a Persoa e contra o Patrimonio (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Penal
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO.NON
REBOLO SANCHEZ, JOSE MANUEL.SI
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo A1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A3OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo B2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Fronte á formulación xeral de conceptos e principios que debe caracterizar a ensinanza do Dereito Penal, parte xeral, a docencia que se impartirá na materia Dereito Penal, parte especial, dedícase á análise sistemática e singularizada dos concretos tipos delituosos. Pode afirmarse que teñen carácter concreto e fragmentario e que representa a materia e o complemento daquela. Trátase, pois, de ofrecerlle ao alumnado unha visión clara e sistemática dos diversos delitos e faltas contidos nos Libros II e III do Código penal español. Naturalmente, isto non significa que se deba sufocar o alumno cunha análise exhaustiva de todos e cada un dos delitos que compoñen a materia. Para previr un perigoso afastamento da realidade social do coñecemento do Dereito Penal, haberá de aludirse tamén á tarefa aplicativa levada a cabo polos órganos xurisdicionais. Coñecer e entender o sistema penal significa coñecer e entender a forma na que a xurisprudencia aplica os concretos preceptos legais. Os pronunciamentos xurisprudenciais non son –obvio é decilo– “lei” en sentido formal, pero si representan un importante complemento da produción lexislativa; de feito, cando os termos legais veñen redactados con excesiva vaguidade, a sentenza (que debe mirar as circunstancias sociais do momento no que se dita) pode chegar a asumir, incluso, o papel de fonte substantiva. A comprensión dos problemas prácticos e político-criminais que suscitan as principais figuras delituosas, así como dos concretos mecanismos dos que dispoñen o lexislador, o xuíz e o intérprete á hora de resolvelos constitúen, pois, así mesmo, obxectivos primordiais da materia.

    Contidos
    DELITOS CONTRA AS PERSOAS

    1.- Delitos contra a vida. Homicidio. Asasinato. Indución e auxilio ao suicidio. Eutanasia
    2.- Aborto
    3.- Delitos contra a saúde individual. Lesións. Lesións ao feto
    4.- Delitos relativos á manipulación xenética
    5.- Delitos contra a liberdade. Detencións ilegais. Secuestros. Ameazas. Coaccións
    6.- Torturas e outros delitos contra a integridade moral
    7.- Delitos contra a liberdade e indemnidade sexuais. Agresións sexuais. Abusos sexuais. Acoso sexual. Exhibicionismo e provocación sexual. Delitos relativos á prostitución
    8.- Omisión do deber de socorro
    9.- Delitos contra a intimidade, o dereito á propia imaxe e a inviolabilidade do domicilio. Violación de morada, domicilio de persoas xurídicas e establecementos abertos ao público
    10.- Delitos contra a honra. Calumnia. Inxuria
    11.- Delitos contra as relacións familiares. Celebración de matrimonios ilegais. Suposición de parto e alteración da paternidade, estado ou condición do menor. Quebrantamento dos deberes de custodia. Indución de menores ao abandono de domicilio. Subtracción de menores. Abandono de familia, menores ou incapaces

    DELITOS CONTRA O PATRIMONIO

    12.- Consideracións xerais sobre os delitos contra o patrimonio e contra a orde socioeconómica. Furto. Roubo: roubo con forza nas cousas e roubo con violencia ou intimidación nas persoas
    13.- Extorsión. Roubo e furto de uso de vehículos. Usurpación
    14.- Defraudacións: a) estafa; b) apropiación indebida; c) defraudacións de fluído eléctrico e análogas
    15.- Insolvencias punibles. Danos
    Bibliografía básica e complementaria
    * Muñoz Conde, F.: Derecho Penal. Parte Especial, 18ª edición, Tirant lo blanch, Valencia, 2010.

    * Queralt Jiménez, J. J.: Derecho Penal español. Parte Especial, 6ª edición, Bosch, Barcelona, 2010.

    * Quintero Olivares, G. e outros: Comentarios a la parte especial del Derecho penal, 8ª edición, Aranzadi, Pamplona, 2009.

    * Vives Antón, T. S.: Derecho Penal. Parte especial, 3ª edición, Tirant lo blanch, Valencia, 2010.

    Competencias
    - Distinguir os diferentes elementos dos tipos penais da parte especial, así como ponderar as críticas tanto doutrinais como xurisprudenciais vertidas sobre eles.

    - Resolución de casos reais previamente xulgados polos nosos tribunais penais, co obxecto de adecuar os coñecementos teóricos adquiridos nas aulas sobre as diferentes figuras delituosas á práctica xurisprudencial.

    - Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten o esclarecemento das dúbidas relacionadas coa parte especial do Dereito penal.
    Metodoloxía da ensinanza
    O carácter cuadrimestral da materia “Dereito Penal, parte especial- Delitos contra a persoa e contra o patrimonio" no plan de estudos vixente na Universidade de Santiago de Compostela obriga a sintetizar nas leccións teóricas o contido básico desta disciplina, substituíndo a exposición detallada dos manuais e monografías por unha explicación máis áxil e participativa. A ensinanza de cada un dos temas do programa discorrerá por unha serie de elementos comúns: antecedentes históricos da figura delituosa en cuestión, ben ou bens xurídicos que se aspira a protexer con ela, aspectos obxectivos e subxectivos que presenta a súa redacción típica, relacións con outras figuras delituosas, así como as concretas sancións penais previstas para elas. As aulas prácticas revisten unha especial importancia nunha disciplina que, como o Dereito Penal, parte especial, posúe un considerable grao de abstracción teórica. Para o efecto, recorrerase, na explicación da materia, a expedientes como a achega do maior número posible de exemplos e a posta á disposición dos alumnos da xurisprudencia máis representativa na materia. O “caso” como método de explicación, ademais de servir de elo entre o problema práctico e a explicación teórica, persegue como obxectivo fundamental desenvolver a capacidade argumentativa e de crítica dos alumnos, ao propio tempo que lles ofrece a posibilidade de avaliar, por si mesmos, o grao de comprensión do contido de cada materia que van alcanzando. Ademais, a clase práctica representa o instrumento idóneo para evitar que a ensinanza do Dereito Penal caia nun puro exercicio especulativo, sobre todo se os supostos cos que se traballa se afastan dos “casos de laboratorio” e se toman da praxe xurisprudencial, que proporciona non poucas mostras de ata que punto os sucesos reais, cando menos na nosa materia, poden superar en complexidade aos ficticios.
    Empregarase o Campus Virtual.
    Sistema de evaluación
    Consistirá nunha proba final, ben oral ben escrita, sobre as materias impartidas durante o Curso, na que se ponderarán os coñecementos do alumno sobre o contido das dúas partes das que consta o programa da disciplina. Esta proba final será puntuada cunha calificación máxima de 9 puntos. O punto restante obterase cos casos prácticos realizados nas aulas interactivas, cuxa participación nos mesmos será obxeto de avaliación, polo que a nota final do estudante que os cumpra en ningún caso será a de NON PRESENTADO, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art.º 5.2).

    A proba escrita consistirá nun examen tipo test ou de preguntas a desenvolver.

    Os exames orais constarán de preguntas curtas ou de desenvolvemento relativas ás diversas partes do programa. A nota final será a media aritmética das notas obtidas en cada unha delas, se ben, para poder compensar a nota conseguida nunha das partes do programa coa correspondente á outra, esixirase que o alumno acade un mínimo de dous (2) puntos na que esté suspensa.

    A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame.

    As datas e horas da revisión dos exames fixaranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Docencia expositiva: 30 horas.

    - Docencia interactiva: 10 horas.

    - Titorías en grupo reducido: 5 horas.

    - Total de horas presenciais: 45 horas.

    - Estudo individual ou en grupo: 60 horas.

    - Resolución de casos prácticos ou traballos: 7,5 horas.

    - Total de horas non presenciais: 67,5 horas.

    - Volume de traballo global mínimo: 112,5 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase, para a asimilación da materia, un estudo diario da disciplina, o uso das titorías e o emprego de materiais didácticos complementarios cos que a disciplina conta no Campus virtual da USC.