Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161326 - Organización Xudicial e Proceso (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Procesual
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VALIÑO CES, ALMUDENA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo A1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A3OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo B2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Na materia de Organización Xudicial preténdese que o alumno coñeza os principios básicos e os conceptos fundamentais que serven de base dogmática ao moderno Dereito Procesual. Tres son os conceptos sobre os que se estrutura a materia: Xurisdición, Acción e Proceso. O Dereito Procesual é “un Dereito para o Dereito, é dicir, un Dereito que serve para que se poidan tutelar os dereitos que teñen non só os cidadáns senón todos os integrantes dunha determinada comunidade social organizada”. En definitiva, que “o proceso é o instrumento encargado de garantir que a norma material que define un dereito se cumpra efectivamente -de forma coercitiva se fixese falta- a través do proceso”. O alumno vai coñecer as leis procesuais básicas, sobre todo a Lei Orgánica do Poder Xudicial, de 1 de xullo de 1985, que constitúe a base fundamental da materia.

    No marco da Xurisdición o obxectivo fundamental é a análise da organización xurisdicional española, a súa estrutura interna e o estatuto do Poder Xudicial, desde unha perspectiva tanto orgánica como constitucional, así como o persoal colaborador e ao servizo da función xurisdicional.

    Préstase especial atención ao estudo dos distintos métodos de resolución de conflitos ten un especial interese o coñecemento de métodos alternativos á resolución dos conflitos. As formas heterocompositivas para as resolución de conflitos previstas nos modernos ordenamentos xurídicos son dous: a arbitraxe e o proceso xurisdicional. Tanto nun como noutro caso a imparcialidade do terceiro permitirá a composición “desinteresada” do conflito mediante a aplicación do Dereito obxectivo. Con todo, na actualidade cobran cada día máis importancia as fórmulas autocompositivas de resolución de conflitos, nas que son as partes en litixio, ben por un sacrificio unilateral, ben por mutuo acordo, as que poñen fin ao conflito. Estas vías autocompositivas, do mesmo xeito que a arbitraxe, preséntanse como unha alternativa ao proceso. Entre estas vías alternativas destacan a negociación, a conciliación e a mediación.

    Dentro do concepto de Acción centrarémonos de xeito detido no estudo do dereito fundamental á tutela xudicial efectiva (art. 24.1 CE), así como no dereito á asistencia xurídica gratuíta. O contido e alcance do art. 24.1: “Todos teñen dereito á tutela xudicial efectiva sen que en ningún caso poida producirse indefensión”, debe ser coñecido polo alumnado. Analizaremos tamén de forma detida o dereito á xustiza gratuíta respecto daquelas/es que acrediten insuficiencia de recursos para litigar, recoñecido no art. 119 CE, que malia non atoparse dentro dos dereitos fundamentais entronca directamente co dereito á tutela xudicial efectiva do art. 24.1 CE. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional vincula de forma absoluta o dereito á tutela efectiva e o de defensa coa posibilidade de exercicio da acción aínda naqueles supostos nos que non se poida facer fronte aos gastos que iso ocasione.

    No relativo ao Proceso estudaranse os aspectos comúns e básicos que servirán de soporte á hora de abordar o ensino das distintas ramas procesuais. Para iso, estudaremos tanto a estrutura básica do proceso no sistema español como os principios que o informan.

    Contidos
    1.- A Xurisdición.
    2.- A Acción: O dereito á tutela xudicial efectiva e o dereito á asistencia xurídica gratuíta.
    3.- O Proceso: os principios do proceso, a estrutura do proceso, actos procesuais, actos de comunicación, tipoloxía de procesos e o Dereito Procesual.
    4.- A arbitraxe: convenio arbitral, arbitraxe como xurisdición alternativa, clases de arbitraxe, os árbitros, procedemento arbitral, laudo arbitral, recursos contra o laudo
    5.- A conciliación.
    6.- A mediación: a necesidade de cambios nos modelos de solución de conflitos, a mediación extraxudicial e intraxudicial, mediación familiar e penal.

    Bibliografía básica e complementaria
    • CORTÉS DOMÍNGUEZ, MORENO CATENA, Introducción al Derecho Procesal, Valencia, Tirant lo Blanch, (última edición).
    • ASENCIO MELLADO, Introducción al Derecho Procesal, Valencia, Tirant lo Blanch, (última edición).
    • GIMENO SENDRA, Introducción al Derecho Procesal, Colex, Madrid, (última edición).
    • MARTÍN OSTOS, Introducción al Derecho Procesal, Astigi, Sevilla, (última edición).
    • MONTERO AROCA, GÓMEZ COLOMER, MONTÓN REDONDO, BARONA VILAR, Derecho Jurisdiccional, Parte General, Valencia, Tirant lo Blanch, (última edición).


    Competencias
    • Capacidade de análise e síntese
    • Capacidade de xestión da información
    • Capacidade de organización e planificación
    • Resolución de problemas
    • Traballo en equipo
    • Razoamento crítico
    • Aprendizaxe autónoma
    • Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais)


    Metodoloxía da ensinanza
    Cada unha das sesións lectivas ten unha duración aproximada dunha hora e media. O desenvolvemento e afondamento no contido dos distintos temas farase ben a través de clases teóricas, de clases prácticas, exposicións do alumnado ou seminarios. Estes últimos realizaranse fóra do horario lectivo, e avisaranse coa suficiente antelación para que o alumnado poida organizarse. Unha correcta metodoloxía do Dereito Procesual trata de conseguir a participación activa do alumnado (motivación do estudantado), que non pode limitarse a desempeñar un papel pasivo, como mero receptor de datos, senón que debe contar cos medios necesarios para que a Universidade se converta no medio idóneo no que manifestar as súas inquietudes formativas, co que se propicia tamén que a relación profesorado-alumnado sexa máis estreita e enriquecedora para ambos. Ademais, neste materia perséguese que o alumnado manexe axeitadamente as fontes da disciplina, profunde nelas e complete e aclare as dúbidas con apoio na doutrina xurisprudencial. Trátase de mostrar os camiños polos que ha de discorrer posteriormente un coñecemento máis detallado e concreto da materia, e cuxo coñecemento lle será de utilidade ao longo da súa vida profesional.
    Perséguese un adecuado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumnado poida adquirir unha perspectiva suficientemente ampla e completa da materia. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia do alumnado ás clases, de modo que as explicacións teóricas poidan servir de guía para o estudo do programa e comprensión axeitada da materia. Nas clases teóricas exporanse os diferentes temas do programa, sen prexuízo de que existan determinados apartados que se deixen para a preparación individual do alumnado.
    As clases prácticas teñen como obxectivo completar os coñecementos adquiridos nas clases teóricas, coa finalidade de comprobar se o alumnado é quen de aplicar os devanditos coñecementos aos problemas que na práctica se formulan. As prácticas requiren un traballo individual do alumnado (en ocasións tamén en grupo) fóra do horario lectivo, e constituirán un elemento fundamental para a valoración final do traballo e coñecementos adquiridos polo alumnado durante o curso.

    Sistema de evaluación
    Consistirá nunha proba final, ben oral ben escrita (a elección do alumnado e tendo en conta a dispoñibilidade do profesorado), sobre as materias impartidas durante o curso e que constitúen o programa. Nesta proba valorarase o coñecemento e a forma de expresar e desenvolver as preguntas que constitúan o exame. A cualificación máxima deste exame será de 8 puntos. Os dous puntos restantes poderá obtelos o alumnado coas prácticas que se foron realizando ao longo do curso.
    A efectos da normativa de permanencia so se considera actividad avaliable o exame final.
    Tanto o exame escrito como o exame oral constarán dunha serie de preguntas a desenvolver.
    As datas e horas da revisión dos exames fixaranse e desenvolverán de acordo coa normativa interna da USC.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Docencia expositiva: 22,5 horas
    Docencia interactiva: 17,5 horas
    Titorías grupo reducido: 5 horas
    Total horas de traballo presencial aula: 45 horas
    Estudo individual ou en grupo: 55 horas
    Resolución de casos prácticos ou outros traballos. Lecturas recomendadas: 7,5 horas
    Preparación de traballos e exposicións: 5 horas
    Total horas de traballo persoal do alumnado: 67,5 horas
    Volume de traballo global mínimo: 112,5 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase para a preparación e superación da materia o estudo diario, o uso das titorías e a realización das prácticas.