Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161327 - Dereito de Sucesións (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Común
  • Áreas: Dereito Civil
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Nieto Alonso, Antonia.SI
PARDO PUMAR, MARIA JOSE.NON
Rebolledo Varela, Angel Luis.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo A1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A3OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo B1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo B2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Dominio da linguaxe xurídica.
    - Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos básicos de interpretación e aplicación das normas.
    - Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil, da existencia en Galicia dun sistema sucesorio propio e do consecuente carácter subsidiario do Código Civil.
    - Capacidade de análise crítica das decisións xurisprudenciais e percepción das orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
    - Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito do Dereito de Sucesións e dos grandes principios que informan o sistema sucesorio galego fronte ao sistema sucesorio do Código civil (maior liberdade dispositiva formal e material, reforzamento da posición do viúvo, etc....).

    Contidos
    PROGRAMA:
    Lección 1.- Sucesión mortis causa. 1. Concepto e recoñecemento constitucional. 2. Clases de sucesións. 3. A herdanza. 4. Os sucesores: o herdeiro e o legatario. 5. Momentos do fenómeno sucesorio: apertura da sucesión, vocación e delación da herdanza. 6. Transmisión do ius delationis. 7. Capacidade para suceder. Incapacidades relativas e indignidade. 8. Acrecemento na sucesión mortis causa. 9. O dereito de representación.
    Lección 2.- Sistemas de adquisición da herdanza. 1. A herdanza xacente. 2. Aceptación da herdanza. 3. O dereito de deliberar. 4. O beneficio de inventario. 5. Efectos da aceptación. 6. A acción de petición de herdanza.7. Responsabilidade do heredeiro por débedas e cargas da herdanza. 8. Alleación da herdanza. 9. A repudiación. O artigo 1101 do Código civil. 10. A comunidade hereditaria: réxime xurídico.
    Lección 3.- A partición da herdanza. 1. Partición: concepto e natureza xurídica. 2. Clases de partición no Código civil e na Lei de Dereito civil de Galicia 3. Operacións particionais: inventario, valoración, liquidación, formación de lotes e adxudicación de bens. 4. A colación. 5. Efectos da partición. 6. Evicción e saneamento. 7. Modificación e ineficacia da partición.

    A SUCESIÓN TESTADA
    Lección 4.- A sucesión testada. 1. Testamento: concepto, contido e caracteres. 2. Capacidade para testar. 3. Clases de testamentos. 5. Testamentos comúns: aberto, pechado, hológrafo. 6. O testamento mancomunado. 7. O testamento por comisario. 8. O Rexistro de Actos de Derradeira Vontade.
    Lección 5.- Institución de herdeiro. 1. Formas de designación. 2. Substitucións hereditarias: concepto e tipos: as substitucións vulgar, pupilar e exemplar. 3. Substitución fideicomisaria. O fideicomiso de residuo.
    Lección 6.- O legado. 1. Elementos persoais e reais do legado. 2. Tipos de legados regulados polo Código civil. 3. A adquisición do legado. 4. A entrega do legado. 5. Responsabilidade do legatario. 6. Ineficacia do legado. 7. O modo testamentario. 8. Disposicións testamentarias especiais na Lei de dereito civil de Galicia.
    Lección 7.- Execución testamentaria. 1. A testamentaría: concepto, caracteres e clases. 2. Facultades, deberes, prohibicións e responsabilidade do testamenteiro. 3. Interpretación do testamento: criterios legais, interpretación integrativa e proba extrínseca. 4. Ineficacia do testamento. 5. Nulidade do testamento: causas, acción e efectos. 6. Revogación. 7. Caducidade dos testamentos.

    LÍMITES Á LIBERDADE DE DISPOR MORTIS CAUSA

    Lección 8.- Lexítimas e reservas. 1. A lexítima no Código Civil e na Lei de Dereito civil de Galicia: diferencias. 2. A lexítima dos descendentes no Código civil. A mellora e a delegación da facultade de mellorar. 3. A lexítima dos ascendentes no Código civil. 4. A lexítima do cónxuxe viúvo no Código civil. 5. A lexítima dos descendentes e o cónxuxe viúvo na Lei de Dereito civil de Galicia. 6. Cálculo da lexítima. 7. Imputación de doazóns e legados. 9. As reservas e o dereito de reversión.

    Lección 9.- Protección da lexítima. 1. A indispoñibilidade da lexítima: prohibición da renuncia anticipada. 2. Intanxibilidade cualitativa: prohibición de cargas e gravames. 4. O usufructo universal do cónxuxe viúvo. 5. Estudo dos supostos de pagamento en metálico. 6. Intanxibilidade cuantitativa. Accións de suplemento e de redución de doazóns e legados. 7. Preterición. 8. Desheredación.

    SUCESIÓN LEGAL E CONTRACTUAL
    Lección 10.- A sucesión legal e a sucesión contractual. 1. Sucesión legal, intestada ou ab intestato: concepto e fundamentos. 2. Supostos de apertura da sucesión intestada. 3. Orde de suceder e principios reitores. 4. Sucesión intestada a favor do Estado e das Comunidades Autónomas. 5. O contrato sucesorio: concepto e clases. 6. A prohibición dos pactos no Código civil. 7. A sucesión contractual no Dereito civil de Galicia. 8. O pacto de mellora e a mellora de labrar e posuír. 9 A apartación.


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    DÍEZ-PICAZO, L. e GULLÓN, A. Sistema de Derecho Civil. Vol. IV. Derecho de Familia/Derecho de Sucesiones. Tecnos. Madrid, última edición.
    LACRUZ BERDEJO, J. L. Elementos de Derecho Civil V. Sucesiones. Dykinson. Madrid, última edición.
    LASARTE ÁLVAREZ, C. Principios de Derecho Civil. Tomo VII. Derecho de Sucesiones. Marcial Pons. Madrid, última edición.
    RIVAS MARTÍNEZ, J.J. Derecho de Sucesiones: Común y Foral. Dykinson, 2009.
    AA. VV. Derecho de Sucesiones y Régimen económico familiar de Galicia: comentarios a los Títulos IX y X y Disposición Adicional Tercera de la Ley de Derecho Civil de Galicia. Colegio Notarial de Galicia, 2007.
    AA. VV. Comentarios a la Ley de Derecho Civil de Galicia. Ley 2/2006, de 14 de junio (Coordinados por REBOLLEDO VARELA, Á. L.). Thomson Aranzadi. Cizur Menor (Navarra) 2008.
    AA. VV., Tratado de Derecho de Sucesiones. Código Civil y normativa autonómica. Dir. C. Gete-Alonso y Calera. Civitas-Thomson, 2011

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
    CARBALLO FIDALGO, M., La legítima en la Ley de Derecho Civil de Galicia, Estudios jurídicos en memoria del Prof. José Manuel Lete del Río. MP: García Rubio (coord). Thomson Civitas, 2009
    ESPEJO LERDO DE TEJADA, M., La legítima en la sucesión intestada en el Código Civil, Pons, 1996.
    GARCÍA-BERNARDO LANDETA, A. La legítima en el Código Civil. Colegios Notariales de España, 2006.
    GARCÍA RUBIO, M.P, La distribución de toda la herencia en legados. Civitas, 1989
    GONZÁLEZ PORRAS, J.M., Manual de sucesión intestada, Tirant lo Blanch, 2011
    HERRERO OVIEDO, M., El renacer de los pactos sucesorios, en Estudios de Derecho de Familia y Sucesiones. Editor, Santiago Álvarez González, 2009.
    JORDANO BAREA, J.B., Interpretación del testamento. Bosch, 1958
    JORDANO FRAGA, F., Indignidad sucesoria y desheredación (algunos aspectos conflictivos de su recíproca interrelación), Comares, 2004.
    MADRIÑÁN VÁZQUEZ, M., El derecho de representación en la sucesión testada, Thomson, 2009
    TORRES GARCÍA, T., La legítima en el Código Civil, en Estudios de Derecho de Familia y Sucesiones. Editor, Santiago Álvarez González, 2009.

    Competencias
    - Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
    - Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
    - Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
    - Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
    - Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
    - Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
    - Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
    - Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
    - Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles
    - Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
    Metodoloxía da ensinanza
    Co manexo nas clases dos textos legais e da xurisprudencia recaída nestas materias, analizaranse os contidos mínimos da materia, nun intento de trasladar o coñecemento das institucións cunha visión práctica delas. Neste sentido, resaltarase a ausencia de respostas unívocas nas materias máis discutidas e as argumentacións que sosteñen as diversas teses defendibles ante os Tribunais.
    Fomentarase a participación agrupando os alumnos e polarizando a súa intervención como representantes das partes en conflito.
    Impartiranse técnicas de redacción de documentos característicos das institucións sucesorias, como testamentos, pactos sucesorios ou escrituras particionales.
    Sistema de evaluación
    Participación activa nas clases prácticas e exame final.

    Valorarase a evolución da aprendizaxe dos alumnos día a día, atendendo ás súas intervencións e aos traballos realizados, o que se complementará coa cualificación obtida nun exame onde se avaliarán os coñecementos finais sobre a materia.
    Ao longo do cuadrimestre recolleranse os escritos xurídicos redactados polos alumnos a demanda dos profesores.

    O exame final pode ter unha parte teórica e unha práctica, consistente, xa na elaboración dun ditame sobre unha sucesión aberta, xa na resolución dun caso práctico, dando resposta ás cuestións formuladas, xa nun comentario xurisprudencial.
    Os profesores/ás fixarán na guía docente anual a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final. En todo caso, o exame final supoñerá un 70% da cualificación final, e aprobalo será requisito para superar a materia.

    Para os efectos da Normativa de permanencia nas titulacións de Grao e de Máster, todas as actividades realizadas ao longo do curso durante as clases interactivas así como a asistencia ás clases serán valoradas; por tanto,para que o alumno figure como non presentado na correspondente convocatoria será necesario que non asistise as clases, non realizase as actividades interactivas nin realizase o exame.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Considéranse necesarias 45 horas de presenza do alumno na aula á que haberá que sumar 67.5 horas de traballo persoal do alumno para resolver os casos prácticos que se formulen, elaborar as presentacións de traballos e preparar o exame.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para facilitar o estudo desta materia é recomendable contar con coñecementos en materia de Dereito Procesual Civil e Dereito Rexistral, así como ter superado as materias de Introdución ao Dereito Civil e Dereito da persoa, Dereitos Reais, Dereito de Obrigas e Responsabilidade Civil, Dereito de contratos e Dereito de Familia.
    Ademais, tamén é recomendable:
    - A asistencia regular a clase
    - A participación activa dos alumnos na clase
    - O estudo diario da materia.
    - Utilización do horario de titorías para solucionar dúbidas sobre a explicación teórica e sobre a resolución dos problemas prácticos

    É imprescindible dispoñer dos materiais necesarios (manuais, lexislación e xurisprudencia) e asistir ás clases co material lexislativo correspondente á lección impartida.