Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161329 - Dereito Penal, parte especial - Delitos contra a Orde Socioeconómica e contra a Comunidade (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Penal
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
REBOLO SANCHEZ, JOSE MANUEL.NON
REBOLO SANCHEZ, JOSE MANUEL.NON
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo A1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A3OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo B1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo B2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Fronte á formulación xeral de conceptos e principios que debe caracterizar a ensinanza do Dereito Penal, parte xeral, a docencia que se impartirá na materia Dereito Penal, parte especial, dedícase á análise sistemática e singularizada dos concretos tipos delituosos. Pode afirmarse que teñen carácter concreto e fragmentario e que representa a materia e o complemento daquela. Trátase, pois, de ofrecerlle ao alumnado unha visión clara e sistemática dos diversos delitos e faltas contidos nos Libros II e III do Código penal español. Naturalmente, isto non significa que se deba sufocar o alumno cunha análise exhaustiva de todos e cada un dos delitos que compoñen a materia. Para previr un perigoso afastamento da realidade social do coñecemento do Dereito Penal, haberá de aludirse tamén á tarefa aplicativa levada a cabo polos órganos xurisdicionais. Coñecer e entender o sistema penal significa coñecer e entender a forma na que a xurisprudencia aplica os concretos preceptos legais. Os pronunciamentos xurisprudenciais non son –obvio é decilo– “lei” en sentido formal, pero si representan un importante complemento da produción lexislativa; de feito, cando os termos legais veñen redactados con excesiva vaguidade, a sentenza (que debe mirar as circunstancias sociais do momento no que se dita) pode chegar a asumir, incluso, o papel de fonte substantiva. A comprensión dos problemas prácticos e político-criminais que suscitan as principais figuras delituosas, así como dos concretos mecanismos dos que dispoñen o lexislador, o xuíz e o intérprete á hora de resolvelos constitúen, pois, así mesmo, obxectivos primordiais da materia.

    Contidos
    DELITOS CONTRA A ORDE SOCIOECONÓMICA

    1.- Delitos relativos á propiedade intelectual. Delitos relativos á propiedade industrial. Delitos relativos ao mercado e aos consumidores. Delito de subtracción de cousa propia á súa utilidade social ou cultural. Delitos societarios. Receptación e condutas afíns. Delitos contra a Facenda Pública e contra a Seguridade Social. Delitos contra os dereitos dos traballadores. Delitos contra os dereitos dos cidadáns estraxeiros
    2.- Delitos relativos á ordenación do territorio. Delitos sobre o patrimonio histórico. Delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente. Delitos relativos á protección da flora e a fauna. Delitos de risco catastrófico. Incendios. Delitos contra a saúde pública. Delitos contra a seguridade do tráfico

    DELITOS CONTRA A COMUNIDADE

    3.- Falsidades. Falsificación de moeda e efectos timbrados. Falsificación de documentos públicos, oficiais e mercantís e de despachos transmitidos por servizos de telecomunicación. Falsificación de documentos privados. Falsificación de certificados. Usurpación de estado civil. Usurpación de funcións públicas e intrusismo
    4.- Delitos contra a Administración Pública. Prevaricación e outros comportamentos inxustos. Abandono de destino e omisión do deber de perseguir delitos. Desobediencia e denegación de auxilio. Infidelidade na custodia de documentos e violación de segredos. Suborno. Tráfico de influencias. Fraudes e exaccións ilegais. Negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos e abusos no exercicio da súa función. Delitos de corrupción nas transaccións comerciais internacionais
    5.- Delitos contra a Administración de Xustiza. Prevaricación. Omisión do deber de impedir delitos ou de promover a súa persecución. Encubrimento. Realización arbitraria do propio dereito. Acusación e denuncia falsas e simulación de delitos. Falso testemuño. Obstrución á xustiza. Deslealdade profesional. Quebrantamento de condena
    6.- Delitos contra a Constitución. Rebelión. Delitos contra a coroa. Delitos contra as institucións do Estado. Usurpación de atribucións. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidas pola Constitución. Delitos contra a liberdade de conciencia, os sentimentos relixiosos e o respecto aos defuntos. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais
    7.- Delitos contra a orde pública. Sedición. Atentados contra a autoridade, os seus axentes e os funcionarios públicos, resistencia e desobediencia. Desordes públicas. Tenza, tráfico e depósito de armas, municións ou explosivos. Terrorismo
    8.- Delitos de traizón, contra a paz ou a independencia do Estado, e relativos á defensa nacional. Traizón. Delitos que comprometen a paz ou a independencia do Estado. Delitos relativos á defensa nacional. Descubrimento e revelación de segredos e informacións relativas á defensa nacional
    9.- Delitos contra a comunidade internacional. Delitos contra o dereito de xentes. Xenocidio. Delitos contra as persoas e bens protexidos no caso de conflito armado
    10.- Faltas. Faltas contra as persoas. Faltas contra o patrimonio. Faltas contra os intereses xerais. Faltas contra a orde pública

    Bibliografía básica e complementaria
    * Muñoz Conde, Francisco, Derecho Penal. Parte Especial, 18ª edición, Tirant lo blanch, Valencia, 2010.

    * Queralt Jiménez, Joan Josep, Derecho Penal español. Parte Especial, 6ª edición, Bosch, Barcelona, 2010.

    * Quintero Olivares, Gonzalo e outros, Comentarios a la parte especial del Derecho penal, 8ª edición, Aranzadi, Pamplona, 2009.

    * Vives Antón, Tomás Salvador, Derecho Penal. Parte especial, 3ª edición Tirant lo blanch, Valencia, 2010.

    Competencias
    - Distinguir os diferentes elementos dos tipos penais da parte especial, así como ponderar as críticas tanto doutrinais como xurisprudenciais vertidas sobre eles.

    - Resolución de casos reais previamente xulgados polos nosos tribunais penais, co obxecto de adecuar os coñecementos teóricos adquiridos nas aulas sobre as diferentes figuras delituosas á práctica xurisprudencial.

    - Empregar monografías, revistas científicas e internet como ferramentas de información que faciliten o esclarecemento das dúbidas relacionadas coa parte especial do Dereito penal.
    Metodoloxía da ensinanza
    O carácter cuadrimestral da materia “Dereito Penal, parte especial-Delitos contra a Orde socioeconómica e contra a Comunidade" no plan de estudos vixente na Universidade de Santiago de Compostela, obriga a sintetizar nas leccións teóricas o contido básico desta disciplina, substituíndo a exposición detallada dos manuais e monografías por unha explicación máis áxil e participativa. A ensinanza de cada un dos temas do programa discorrerá por unha serie de elementos comúns: antecedentes históricos da figura delituosa en cuestión, ben ou bens xurídicos que se aspira a protexer con ela, aspectos obxectivos e subxectivos que presenta a súa redacción típica, relacións con outras figuras delituosas, así como as concretas sancións penais previstas para elas. As aulas prácticas revisten unha especial importancia nunha disciplina que, como o Dereito Penal, parte especial, posúe un considerable grao de abstracción teórica. Para o efecto, recorrerase, na explicación da materia, a expedientes como a achega do maior número posible de exemplos e a posta á disposición dos alumnos da xurisprudencia máis representativa na materia. O “caso” como método de explicación, ademais de servir de elo entre o problema práctico e a explicación teórica, persegue como obxectivo fundamental desenvolver a capacidade argumentativa e de crítica dos alumnos, ao propio tempo que lles ofrece a posibilidade de avaliar, por si mesmos, o grao de comprensión do contido de cada materia que van alcanzando. Ademais, a clase práctica representa o instrumento idóneo para evitar que a ensinanza do Dereito Penal caia nun puro exercicio especulativo, sobre todo se os supostos cos que se traballa se afastan dos “casos de laboratorio” e se toman da praxe xurisprudencial, que proporciona non poucas mostras de ata que punto os sucesos reais, cando menos na nosa materia, poden superar en complexidade aos ficticios.
    Empregarase o Campus Virtual.
    Sistema de evaluación
    Consistirá nunha proba final, ben oral ben escrita, sobre as materias impartidas durante o Curso, na que se ponderarán os coñecementos do alumno sobre o contido das dúas partes das que consta o Programa da disciplina. Esta proba final será puntuada cunha calificación máxima de 9 puntos. O punto restante obterase cos casos prácticos realizados nas aulas interactivas, cuxa participación nos mesmos será obxeto de avaliación.

    A proba escrita consistirá nun examen tipo test ou de preguntas a desenvolver.

    Os exames orais constarán de preguntas curtas ou de desenvolvemento relativas ás diversas partes do programa. A nota final será a media aritmética das notas obtidas en cada unha delas, se ben, para poder compensar a nota conseguida nunha das partes do programa coa correspondente á outra, esixirase que o alumno acade un mínimo de dous (2) puntos na que esté suspensa.


    A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade avaliable é o exame.


    As datas e horas da revisión dos exames fixaranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Docencia expositiva: 30 horas.
    - Docencia interactiva: 10 horas.
    - Titorías en grupo reducido: 5 horas.
    - Total de horas presenciais: 45 horas.

    - Estudo individual ou en grupo: 60 horas.
    - Resolución de casos prácticos ou traballos: 7,5 horas.
    - Total de horas non presenciais: 67,5 horas.

    - Volume de traballo global mínimo: 112,5 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase, para a asimilación da materia, un estudo diario da disciplina, o uso das titorías e o emprego de materiais didácticos complementarios cos que a disciplina conta