G3161422 - Dereito Mercantil III (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo, Ciencias da Comunicación
- Áreas: Dereito Mercantil, Xornalismo
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecemento do réxime xurídico dos títulos valor e outros medios de pagamento e de crédito, así como dos principais contratos do tráfico mercantil.
- Estudo do Dereito Concursal.
ContidosA ACTIVIDADE EXTERNA DO EMPRESARIO
INTRODUCCIÓN.- A empresa e a súa actividade económica: perspectiva xurídica da actividade externa da empresa. Os contratos do empresario. Medios e instrumentos de pago das operacions mercantis. Crisis na actividade do empresario: o Dereito concursal.
PARTE PRIMEIRA: OS CONTRATOS DO EMPRESARIO
TEMA 1.-A contratación empresarial. Caracteis xerais. Naturaleza xurídica dos contratos do empresario. A contratación mercantil: peculiaridades. A contratación cos consumidores: rasgos básicos.
TEMA 2.- A compraventa mercantil. Concepto e caracteres. Delimitación da compraventa mercantil. Transmisión do riesgo. Contido do contrato. O incumplimento e os seus efectos. Ventas mercantiles especiais. A venta con expedición.
TEMA 3.- Contratos de xestión de intereses. O contrato de mediación. O contrato de comisión mercantil. O contrato de axencia.
TEMA 4.- Contratos de distribución.- Rasgos xerais. A distribución exclusiva: o contrato de concesión mercantil. A distribución selectiva: o contrato de establecimiento autorizado. O contrato de franquicia. Outros contratos de distribución: suministro e contrato estimatorio.
TEMA 5.- Os contratos de transporte e depósito. Concepto e clases de transporte. O transporte terrestre de mercancías: elementos, contido e responsabilidade. O transporte marítimo de mercancías. O transporte aéreo. Pluralidade de transportistas. O contrato de depósito.
TEMA 6.- Os contratos de financiación e garantía. O préstamo mercantil . O contrato de conta corriente. Contratos bancarios de financiación : préstamo, crédito e desconto. Outros contratos de financiación: leasing, renting e factoring. Os contratos de garantía.
TEMA 7.- Contrato de seguro. Concepto e caracteres. Elementos do contrato de seguro. Obligacións das partes. Seguros de danos. Seguros de persoas.
TEMA 8.- Contratos cos consumidores. Venta en establecemento aberto ó público: actividades de promoción de ventas. Contratos celebrados fora dos establecementos mercantiles. Ventas a distancia. Garantías nas ventas aos consumidores. Outros contratos cos consumidores.
PARTE SEGUNDA: MEDIOS E INSTRUMENTOS DE PAGAMENTO
TEMA 9.- O pagamento das operacións mercantis. Plantexamento. Especialidades temporais: puntualidade, aprazamentos, e mora nos pagos mercantís. Especialidades modáis: pagos en diñeiro, especie e signo representativo do diñeiro
TEMA 10.- O pagamento a través de efectos mercantiles. Os efectos mercantiles: encadramento sistemático. A categoría dos títulos-valor: rasgos básicos e significación. Réxime do pago mediante efectos mercantís.
TEMA 11.- A letra de cambio. Concepto. Función económica: perspectiva histórica e función presente. Marco normativo: sistemas cambiarios e o proceso de unificación internacional. Dereito cambiario español. As declaracións cambiarias: declaración a través de representante.
TEMA 12.-Libramento da letra. Emisión da letra: a declaración cambiaria de libramento. Requisitos formais da letra. O modelo oficial de letra de cambio: problemática fiscal. Cláusulas potestativas .
TEMA 13.-A circulación da letra. O endoso da letra. Concepto, natureza e caracteres do endoso. Efectos do endoso: traslación, lexitimación e garantía. Endosos limitados. Outras formas de circulación da letra.
TEMA 14.-A aceptación da letra. A presentación á aceptación. A aceptación: concepto, clases e forma. Efectos da aceptación. Falta de aceptación da letra: o regreso anticipado.
TEMA 15.- O aval da letra de cambio. Concepto e natureza xurídica. Elementos personais do aval. Forma do aval. Responsabilidade do avalista. Posición do avalista tralo pago da letra.
TEMA 16.- O pago da letra de cambio. Clases de pago. Pagamento ordinario da letra: presentación da letra ó pagamento. Efectos do pagamento ordinario. Impago da letra: o pagamento extraordinario. Responsabilidade cambiaria.
TEMA 17.- Accións e excepcións. Accións cambiarias: a acción directa e a acción de regreso. Importes a reclamar. O procedemento cambiario. Excepcións á acción cambiaria. Outras accións: accións causais e de enriquecemento.
TEMA 18.- Outros títulos cambiarios. O pagaré cambiario. O cheque: concepto e función económica. Requisitos formais do cheque. Circulación. Pagamento do cheque. Accións do tenedor do cheque. Cheques especiais.
TEMA 19.- Pagos a través de diñeiro bancario. Intermediación bancaria nos pagos. Principais operacións: tarxetas bancarias, transferencias de fondos, domiciliacións. Pagos en operacións de comercio exterior: o crédito documentario. Outras operacións.
PARTE TERCEIRA: DEREITO CONCURSAL
TEMA 20 .- O Dereito concursal. Problemática xurídica da crise económica do empresario. O Dereito concursal español: evolución e situación actual. Rasgos xerais da vixente regulación: o procedemento concursal.
TEMA 21.- Fase de apertura do concurso. Presuposto obxetivo do concurso: a insolvencia do deudor. Solicitude da declaración de concurso: concurso voluntario e concurso necesario. A declaración de concurso. Efectos da declaración de concurso.
TEMA 22.- Fase de tramitación do concurso. a administración concursal. Informe da administración concursal. Determinación da masa activa: reintegración e reducción da masa activa. Determinación da masa pasiva: créditos concursais e créditos contra a masa. Clasificación dos créditos concursales.
TEMA 23.- Fase de solución do concurso. O convenio cos acreedores. A proposta de convenio. A xunta de acreedores. Aprobación xudicial do convenio. Eficacia do convenio. A liquidación do patrimonio do deudor. Calificación e conclusión do concurso.
Bibliografía básica e complementaria- Bibliografía básica:
Código de Comercio y Legislación Mercantil Complementaria, edición actualizada
- Bibliografía complementaria:
- Sánchez Calero, Instituciones de Derecho Mercantil, Vol. II. Thomson Aranzadi.
- Jiménez Sánchez, Coordinador, Derecho Mercantil, Vol. II, Ariel.
- Vicent Chuliá, Introducción al Derecho Mercantil, Tirant lo Blanch.
- Uría / Menéndez, Curso de Derecho Mercantil II, Civitas.
Broseta Pont/Martinez Sanz, Manual de Derecho Mercantil, II, Tecnos
É preciso que os alumnos utilicen edicións actualizadas.
Competencias-Comprensión e resolución dos distintos problemas xurídicos do tráfico externo da empresa, tanto na súa referencia ao emprego de títulos e documentos mercantís como dos contratos do empresario.
-Capacidade para asesorar os empresarios durante a fase de negociación dun contrato.
-Capacidade para asesorar os empresarios nunha situación de insolvencia ou durante un proceso concursal.
-Capacidade para elaborar e presentar una decisión xuridicamente fundamentada.
Metodoloxía da ensinanza O profesor desenvolverá a explicación teórica das diferentes leccións do programa nas clases expositivas. Nembargantes, alomenos un tercio das leccións do programa poderán ter que ser preparadas polo estudante sen explicación previa.
Nas clases interactivas os alumnos resolverán casos prácticos e outras actividades propostas polo profesor, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos nas clases teóricas.
Sistema de evaluación1.- A nota virá determinada pola cualificación obtida nun único exame final escrito (90% da nota final; un 9 sobre 10 polo tanto) e a cualificación obtida mediante a asistencia e participación nas clases interactivas (10% da nota final, polo tanto, un 1 sobre 10)
2.- O exame final escrito consistirá nun test sobre o conxunto do programa e nun caso práctico sobre letra de cambio.
A puntuación máxima que se poderá obter en cada unha das partes será de 4, 5 puntos. Para superar o exame será preciso obter 2,25 puntos en cada unha das partes do exame (4,5 puntos en total).
O exame tipo test constará de 25 preguntas. Das posibles respostas de cada unha das preguntas so unha será verdadeira. Por cada resposta acertada obteranse 0,18 puntos. As preguntas que non se contesten non restarán puntuación algunha. As preguntas que se respondan mal restarán entre 0,9 e 0,045 (anunciarase antes do exame a contía exacta dos descontos).
3.- Durante o exame non se poderá empregar o programa, nin a guía docente, nin ningún outro material.
4.- A asistencia e participación nas clases interactivas terá unha valoración dun 10% sobre a nota final total, polo que a nota máxima a obter coas mesmas será de 1 punto sobre 10.
Conforme á normativa da USC, a cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non alcanza os obxectivos establecidos será a de “suspenso”, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso no que constará como “non presentado” (art. 5.2 da normativa de permanencia aprobada polo Consello social da USC). Dado que a asistencia e participación nas clases interactivas desta asignatura é avaliable, eso implica que o alumnos que asistan ás clases interactivas non poderá figurar como non presentados (incluso aínda que só asistan a unha soa sesión).
5. Para superar a asignatura será preciso obter a lo menos 2,25 puntos en cada unha das partes.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno. Non obstante, calcúlase como media, que será necesario dedicar 67.5 horas de traballo propio, que se sumarán ás horas de clase.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase encarecidamente o manexo directo do Código de Comercio e da lexislación mercantil complementaria.