Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161427 - Sistema Tributario (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público Especial
  • Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
García Nóvoa, César.NON
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL.NON
VILLAVERDE GOMEZ, MARIA BEGOÑA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo A1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo A3OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo B1OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo B2OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Interpretación e aplicación das normas xurídicas tributarias
    Análise e resolución de supostos de feito reais
    Redacción de documentos xurídicos
    Utilización de novas tecnoloxías no campo xurídico-tributario
    Traballo colaborativo.
    Profundización no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
    Coñecer a incidencia do Sistema Tributario sobre os negocios xurídicos.
    Coñecer e comprender as consecuencias tributarias das opciones negociais que ofrece o ordenamiento xurídico
    Coñecementos das fontes para:
    o Argumentar loxicamente.
    o Profundizar no coñecemento.
    o Actualizar e auto-xestionar o propio coñecemento.
    Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento.
    Plasmación práctica das soluciones aos problemas (escritos, formularios, etc.)


    Contidos
    O sistema tributario español: evolución e estrutura
    A tributación sobre a renda no Dereito español:
    Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
    Imposto sobre Sociedades
    Imposto sobre a Renda de Non Residentes
    A imposición patrimonial no Ordenamento español
    Imposto sobre o Patrimonio: regras de valoración.
    Imposto sobre Sucesións e Doazóns
    Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados
    A tributación sobre o consumo no Dereito Español
    Imposto sobre o Valor Engadido
    Impostos Especiais
    Impostos das alfándegas
    Os tributos autonómicos. En especial, os tributos da Comunidade Autónoma de Galicia.
    Os tributos locais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Grupo A
    MANUAIS RECOMENDADOS.
    O manual básico de estudo será o facilitado oola profesora Villaverde Gómez a través de la USC Virtual.
    Coma material complementario, na data de aprobación da programación, están publicados os seguintes manuais adaptados aos estudos de Grao que se recomendan:
    Derecho financiero y tributario Parte Especial: lecciones adaptadas al EEES Por: Merino Jara, Isaac; Lucas Durán, Manuel; Editorial Tecnos, ultima edición
    MARTÍN QUERALT, TEJERIZO LÓPEZ y CAYÓN GALIARDO (Directores): Manual de Derecho Tributario. Parte especial, 9.a edición, Aranzadi, Cizur Menor, 2012.
    Posteriormente, poderán recomendarse novos manuais
    É imprescindible contar cun código de lexislación actualizado a setembro de 2013
    Recoméndase o publicado pola ed. Thomson- Aranzadi
    Direccións de interese:
    http://www.aeat.es/ Agencia Estatal de Administración Tributaria.
    http://www.boe.es/ Boletín Oficial del Estado.
    http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
    http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscales.
    http://www.europa.eu.int/ Información sobre la Unión Europea
    http://www.europa.eu.int/eur-lex/es/index.html Repertorio de Derecho de la Unión Europea

    Grupo B
    MANUAIS RECOMENDADOS.
    -MERINO JARA e LUCAS DURÁN, Derecho Financiero y Tributario Parte Especial: lecciones adaptadas al EEES,Tecnos, Madrid, ultima edición.
    - FERREIRO LAPATZA, CLAVIJO HERNÁNDEZ, MARTÍN QUERALT, PÉREZ ROYO e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Tributario, Marcial Pons, Madrid, última edición.
    - CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT e TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición.
    - CAYON GALIARDO, A. (dir.), Los Impuestos en España, Aranzadi, Pamplona, última edición.
    - GARCÍA AÑOVEROS y otros, Manual del sistema tributario español, Civitas, Madrid, 2005.
    - MARTÍN QUERALT/LOZANO SERRANO/POVEDA BLANCO, Derecho Tributario, Thomson-Aranzadi, Pamplona, última edición.
    COLECCIÓNS LEXISLATIVAS:
    - Código Tributario, Aranzadi, Pamplona, ultima edición
    - Derecho Financiero y Tributario español. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid, ultima edición
    - Legislación básica del sistema tributario español, Civitas, Madrid, ultima edición
    - Derecho Financiero y Tributario, Ariel, Barcelona, ultima edición


    Competencias
    Competencias xerais
    Capacidade de comprensión, análise e síntese
    Capacidade de organización e planificación
    Capacidade de obtención e xestión da información
    Capacidade de resolución de problemas
    Capacidade de decisión
    Razoamento crítico
    Compromiso ético e deontolóxico
    Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
    Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
    Liderado
    Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade
    Aprendizaxe autónoma
    Adaptación a novas situacións
    Creatividade
    Iniciativa e espírito emprendedor
    Motivación pola calidade e a excelencia profesional
    Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
    Espírito de superación
    Competencias específicas:
    Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
    Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
    Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
    Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
    Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
    Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
    Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
    Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
    Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
    Adquirir a capacidade de redatar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluida e técinica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
    Adquirir a capacidade de analisar e resolver os problemas que xere a practica e a aplicación do Dereito

    Metodoloxía da ensinanza
    A actividade docente presencial a desenvolver na aula consistirá fundamentalmente en:
    Presentacións teóricas: Seguindo formato de lección maxistral para:
    -Introdución teórica de cada tema.
    -Presentación de supostos prácticos a resolver.
    -Presentación de temas a debater e dos traballos a realizar..
    -Posta en común de resolucións aos supostos prácticos, e realización de debates.

    Procurarase desenvolver un programa de titorías personalizado en grupos reducidos.
    A actividade presencial complementarase con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
    -Ofreceranse materiais docentes elaborados por la profesora Villaverde Gómez referidos aos contidos e a supostos prácticos.
    Ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
    Realizaranse probas de autoavaliación
    Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.
    Aplicación de novas tecnoloxías específicas da materia

    Grupo B
    A. Teoría e actividades interactivas segundo o calendario. Nas horas teóricas abordaranse os problemas esenciais das diversas cuestións básicas da disciplina e nas horas interactivas afondarase nos aspectos concretos a través da solución de diversos casos prácticos, da presentación de traballos e da realización de actividades grupais que permitan aproximarse á realidade da aplicación práctica dos distintos impostos estudados; ao mesmo tempo que se realizan as súas liquidacións e se cualifican xuridicamente os diversos supostos de feito presentados.
    B.Como complemento á actividade docente presencial ofrecerase un aula virtual na que os alumnos atoparán materiais de estudo complementarios, actividades adicionais para axudar á comprensión da materia, autoevaluacións do seu grao de coñecemento da asignatura, etc.

    Sistema de evaluación
    GRUPO A
    Realizarase combinando os seguintes criterios:
    -Asistencia participativa
    -Participación en debates ou resolución de cuestións expostas polo profesor
    -Desenvolvemento e presentación de traballos
    -proba de contidos teóricos

    En canto a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final, fixase o seguinte baremo:
    -Exame final: 6 puntos
    -Actividades das clases interactivas: 3,5 puntos
    Participación activa, de xeito oral, nas aulas interactivas, segundo a súa pertinencia: ata 0,25 puntos/sesión. Aplicase o mesmo criterio para os exercicios de autoavaliación: ata 0,25. (valor máximo do ítem: 2,5 puntos).
    • Valoración dos traballos entregados ao profesor e elaborados para a resolución dos casos propostos nas aulas interactivas: ata 0,15 puntos/traballo (valor máximo do ítem 0,5)
    • Asistencia ás sesións: ata 0,5 puntos (asistencia ao 80% das sesións).
    -Valoración global da actividade do alumno: 0,5 puntos. Terase en conta a participación activa na aula e a pertinencia das intervencións.

    En todo caso, aprobar o exame será requisito para superar a materia.

    Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos

    Grupo B
    Realizarase combinando algúns dos seguintes criterios:
    - Asistencia participativa (1 punto)
    - Participación en debates, resolución de cuestións suscitadas polo profesor, desenvolvemento e presentación de traballos (1 punto)
    - Proba de contidos teóricos (7 puntos).
    -Proba práctica (1 punto).
    Será necesario superar cada un dos apartados valorativos anteriores para poder superar a asignatura. Non basta, xa que logo, con sumar 5 puntos para superar a materia, senon que é preciso que eses 5 puntos se obteñan de xeito repartido en cada unha das pautas valorativas recollidas superando cada unha delas. Así, para aprobar a asignatura deberá obterse, como mínimo unha puntuación repartida do seguinte xeito: asistencia 0.5, proba de coñecementos teóricos 3.5, proba práctica 0.5 e participación e resolución de casos 0.5.
    Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ademais do traballo na aula, calcúlase que o alumno deberá investir
    - 60 horas en actividades de estudo persoal ou en grupo;
    -15 horas na resolución de casos practicos ou outros traballos
    -5 horas en realizar as lecturas recomendadas
    -5 horas en preparar debates, intervencións orais, seminarios ou similares
    -5 horas para realizar outras actividades propostas polo profesor

    Recomendacións para o estudo da materia
    Resulta recomendable coñecer os conceptos xurídicos básicos, especialmente os do campo do Dereito Público e do Dereito Privado (especialmente civil e mercantil) e os fundamentos económicos da Facenda Pública.
    Resulta recomendable facer cursado as asignaturas Derecho Financeiro e Procedementos tributarios.

    É aconsellable o traballo diario do alumno para o seguimento adecuado das actividades presenciais

    Observacións
    As clases do Prof. García Novoa impartiranse en castelán.
    As clases da profesora Villaverde Gómez impartiranse en galego.
    As clases do Prof. Iglesias Casais impartiranse en castelán.