Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Dereito  »  Información da Materia

G3161428 - Traballo Fin de Grao (Traballo Fin de Grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 255.00
  • Horas de Titorías: 850.00
  • Total: 1105.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Mercantil e do Traballo, Dereito Mercantil e do Traballo, Dereito Común, Dereito Común, Dereito Común, Dereito Común, Dereito Público Especial, Dereito Público Especial, Dereito Público Especial, Dereito Público Especial, Economía Aplicada, Filoloxía Francesa e Italiana, Filoloxía Francesa e Italiana, Ciencias da Comunicación, Ciencias da Comunicación, Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, Dereito Público Especial, Filoloxía Inglesa e Alemá, Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Dereito Constitucional, Dereito Administrativo, Dereito Mercantil, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Romano, Dereito Internacional Privado, Dereito Eclesiástico do Estado, Dereito Civil, Dereito Penal, Dereito Procesual, Dereito Financeiro e Tributario, Historia do Dereito e das Institucións, Economía Aplicada, Filoloxía Italiana, Filoloxía Francesa, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Xornalismo, Toxicoloxía, Medicina Legal e Forense, Filosofía do Dereito, Filoloxía Inglesa, Filoloxía Alemá
  • Centro: Facultade de Dereito
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ABEL SOUTO, MIGUEL.NON
Abel Vilela, Fernando Adolfo D.NON
ALMEIDA CERREDA, MARCOS.NON
BRAGE CENDAN, SANTIAGO BERNARDO.NON
CARBALLEIRA RIVERA, Ma TERESA.NON
CASTILLEJO MANZANARES, RAQUEL.NON
DUARDO SANCHEZ, ALIUSKA.NON
García Nóvoa, César.NON
GONZALEZ MENDEZ, AMELIA PAZ.NON
Guinarte Cabada, Gumersindo.NON
IGLESIAS CASAIS, JOSE MANUEL.SI
LORENZO SALGADO, JOSE MANUEL.NON
MIGUEZ MACHO, LUIS.NON
Nieto Montero, Juan José.NON
NOGUEIRA LOPEZ, MARIA DA ALBA.NON
REBOLO SANCHEZ, JOSE MANUEL.NON
SANTIAGO IGLESIAS, DIANA.NON
VAZQUEZ-PORTOMEÑE SEIJAS, FERNANDO ANTONIO.NON
VILLAVERDE GOMEZ, MARIA BEGOÑA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A Memoria verificada da titulación de graduado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela sinala no seu apartado 5.1, relativo á planificación das ensinanzas, que “ao traballo de fin de Grao asígnaselle unha carga de 6 ECTS. Os alumnos deberán realizar un traballo no que demostren as competencias adquiridas ao longo da titulación. A Facultade fará cada curso unha oferta de traballos, tendo en conta os contidos formativos incluídos no plan de estudos, e de titores. Os alumnos seleccionarán o tema do traballo dentro desa oferta e o titor ou titores serán designados a cada alumno en función do contido do traballo e da capacidade docente do profesorado. A avaliación levarase a cabo sobre a base dun informe de valoración emitido polo titor. Para poder matricularse do traballo de fin de Grado, os alumnos deberán ter superados 150 ECTS da titulación, entre eles todos os da primeira metade da mesma”.
    Contidos
    O traballo de fin de Grao supón a elaboración por parte de cada estudante e de forma individual dun traballo académico orixinal no que debe demostrar as competencias adquiridas ao longo da titulación e que inclúe, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa.

    O traballo de fin de Grao será un traballo escrito dun mínimo de 35 e dun máximo de 50 páxinas, excluídos, de ser o caso, os anexos documentais, en tamaño DIN A4, marxes de 2,5 centímetros, tipo de letra Times New Roman 12 para o texto e 10 para as notas ao pé da páxina, e interliñado de espacio e medio.

    A estrutura do traballo debe conter:

    a) Título.
    b) Palabras chave.
    c) Resumo.
    d) Índice completo.
    e) Introdución.
    f) Desenvolvemento debidamente epigrafiado.
    g) Conclusións.
    h) Relación da bibliografía e dos demais materiais e fontes documentais empregados na súa elaboración.

    No traballo seguirase calquera dos sistemas de citacións de entre os aceptados no eido das ciencias sociais e xurídicas.

    A redacción do traballo de fin de Grao, así como a súa presentación e defensa, pódense efectuar en calquera dos idiomas que se utilizaron na impartición do Grao conforme ao disposto na memoria de verificación do título, sempre que se poidan establecer tribunais de avaliación competentes nas devanditas linguas. En todo caso, garantirase o dereito a elaborar e defender os traballos en calquera dos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma.
    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografía básica será indicada polo titor de cada traballo.
    Competencias
    A) Competencias xerais (CG)

    CG1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
    CG2.- Capacidade de organización e planificación
    CG3.- Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiales e nunha ou varias linguas estranxeiras
    CG4.- Coñecementos de informática aplicados ao ámbito do estudo
    CG5.- Capacidade de obtención e xestión da información
    CG6.- Capacidade de resolución de problemas
    CG7.- Capacidade de decisión
    CG8.- Razonamiento crítico
    CG9.- Compromiso ético e deontolóxico
    CG10.- Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
    CG11.- Traballo nun contexto internacional
    CG12.- Capacidade de relación interpersonal nun contexto profesional
    CG13.- Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad
    CG14.- Aprendizaxe autónoma
    CG15.- Adaptación a novas situacións
    CG16.- Creatividade
    CG17.- Liderado
    CG18.- Coñecementos doutras culturas
    CG19.- Iniciativa e espírito emprendedor
    CG20.- Motivación pola calidade e a excelencia profesional
    CG21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
    CG22.- Espírito de superación

    B) Competencias específicas (CE):

    CE1.- Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
    CE2.- Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
    CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
    CE4.- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
    CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
    CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
    CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
    CE8.- Adquirir a capacidade de razonamiento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamiento
    CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
    CE10.- Adquirir o coñecemento de todos os mecanismos de resolución de conflitos admitidos en Dereito
    CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando términos xurídicos precisos, claros e comprensibles
    CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo de fin de Grao é elaborado de xeito individual por cada un dos alumnos e alumnas matriculados en forma e prazo.

    A titularidade dos dereitos de propiedade intelectual corresponde ao autor ou autora do traballo de fin de Grao. Pode ser compartida co titor o titora académica ou entidades públicas ou privadas colaboradoras de conformidade coa normativa vixente sobre a materia.

    Son obrigas específicas do estudantado en relación cos traballo de fin de Grao:

    a) Informar ao titor ou titora da evolución do traballo de fin de Grao.
    b) Asistir ás titorías programadas polo titor ou titora.
    c) Elaborar e presentar un traballo de fin de Grao orixinal e inédito, polo que o estudante responde da autoría e orixinalidade da obra.

    O traballo de fin de Grao debe ter un titor ou titora que asista ao alumno ou alumna na elaboración do traballo. Por motivos xustificados, e se a Comisión dos Traballos de Fin de Grao o estima oportuno, poderá designarse un cotitor ou, excepcionalmente, dous cotitores.

    O titor ou titora será ordinariamente persoal docente e investigador das áreas de coñecemento que teñan adscrito o traballo de fin de Grao na titulación de graduado en Dereito.

    As tarefas de titorización, avaliación e cualificación dos traballo de fin de Grao forman parte das obrigas docentes do profesorado.

    Son obrigas específicas do titor ou titora do traballo de fin de Grao:

    a) Fixar o tema concreto do traballo dentro das liñas temáticas propostas para a súa área de coñecemento.
    b) Expoñerlle ao alumno ou alumna as características do traballo de fin de Grao e orientalo na súa elaboración.
    c) Realizar un seguimento da elaboración do traballo de fin de Grao e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados.
    d) Emitir o informe preceptivo para a defensa do traballo de fin de Grao.
    Sistema de evaluación
    Requisitos para a presentación:

    Cada estudante solicitará a presentación do traballo de fin de Grao en instancia dirixida ao Coordinador ou Coordinadora dos Traballos de Fin de Grao, no prazo fixado para tal fin na convocatoria anual dos traballos. A solicitude irá acompañada de tres copias en papel do traballo de fin de Grao, xunto cunha copia electrónica en formato PDF, que se poderá enviar previamente por correo electrónico á Secretaría do Decanato e quedará arquivada no Centro.

    Recibida a solicitude, comunicarase ao titor ou titora e requiriráselle o preceptivo informe, que se porá a disposición do tribunal de avaliación.

    Requisitos para a avaliación:

    Os traballos de fin de Grao só poden ser avaliados unha vez que se teña constancia de que o alumno ou alumna superou todas as materias restantes do plan de estudos e dispón, xa que logo, de todos os créditos necesarios para a obtención do título de graduado en Dereito, agás os correspondentes ao propio traballo.

    O Coordinador ou Coordinadora dos Traballos de Fin de Grao verificará que se cumpren estes requisitos para autorizar a súa presentación. Para estes efectos, no caso de que na data de presentación aínda non se recepcionasen todas as actas de exame das materias, o Secretario ou Secretaria da Facultade solicitará do profesorado encargado das materias que informe sobre as cualificacións do alumnado que vaia presentar os traballos na mesma convocatoria. Estes informes teranse en conta no momento da avaliación dos traballo de fin de Grao.

    O informe do titor ou titora:

    O titor ou titora emitirá en todo caso informe no que indicará se se cumpren os requisitos formais establecidos, se existen defectos substantivos insubsanables e calquera outra incidencia producida ao longo da titorización que considere oportuno reflectir para os efectos da avaliación do traballo de fin de Grao.

    O informe entregarase na Secretaría do Decanato con polo menos cinco días lectivos de antelación con respecto á data de presentación do traballo.

    O tribunal de avaliación:

    Todo o persoal docente e investigador das áreas de coñecemento que teñan adscrito o traballo de fin de Grao da titulación de graduado en Dereito está obrigado a formar parte dos tribunais de avaliación destes traballos.

    A determinación do número de tribunais en cada convocatoria e a designación dos seus membros é competencia da Xunta de Facultade, por proposta dos Departamentos aos que pertenzan as áreas de coñecemento que teñan adscrito o traballo de fin de Grao.

    Cada tribunal está formado por tres titulares e tres suplentes. Os titores e titoras dos traballos de fin de Grao non poden formar parte dos tribunais de avaliación dos traballos que titoricen. A participación nos tribunais é obrigatoria para as persoas nomeadas, agás causa de forza maior debidamente acreditada.

    Conformarase polo menos un tribunal de avaliación por cada Departamento con sede na Facultade de Dereito. Os Departamentos, antes do final do mes de novembro de cada ano, propoñen os membros do correspondente tribunal de avaliación, procurando a rotación dos docentes dun curso a outro e dando preferencia a aqueles que non teñan asignada tutela académica de traballos de fin de Grao.

    O Coordinador ou Coordinadora dos Traballos de Fin de Grao distribuirá os traballos entre os tribunais de avaliación de acordo coa temática dos mesmos e procurando o equilibrio entre o número de traballos asignados a cada tribunal. De seguido publicará o listado coas asignacións, indicando así mesmo a data, hora e lugar de defensa de cada un dos traballos.

    Presentación dos traballos de fin de Grao:

    O acto de presentación é realizado polo alumno ou alumna en sesión pública na data e hora asignada.

    A presentación do traballo consiste nunha exposición oral na que se indicará o tema desenvolto, o método seguido e as principais conclusións, cunha duración máxima de quince minutos. De seguido, o Presidente do tribunal de avaliación abrirá un debate entre os membros deste e o alumno ou alumna sobre o traballo presentado e a exposición realizada, por un tempo máximo de quince minutos.

    Criterios de avaliación:

    Celebrado o acto de presentación pública do traballo de fin de Grao, o tribunal de avaliación valora de 0 a 10 os seguintes aspectos do traballo de fin de Grao:

    a) Contido do traballo, o que inclúe o cumprimento dos obxectivos propostos, a orixinalidade, a adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, as dificultades e as conclusións, entre outros aspectos.
    b) Presentación escrita do traballo de fin de Grao, o que inclúe a estruturación, a redacción e a corrección ortográfica, entre outros aspectos.
    c) Exposición oral e debate co tribunal de avaliación, o que inclúe a concisión, a claridade, o cumprimento do tempo establecido e a defensa do traballo, entre outros aspectos.

    A cualificación final outorgada polo tribunal de avaliación ao traballo de fin de Grao obtense de acordo coa seguinte ponderación:

    Contido do traballo: 40%.
    Presentación escrita: 35%.
    Exposición oral e debate co tribunal de avaliación: 25 %.

    Para outorgar a cualificación final a cada traballo de fin de Grao os tribunais de avaliación terán en conta o informe do correspondente titor ou titora.

    A cualificación final é a resultante da media aritmética das cualificacións atribuídas por cada un dos membros do tribunal de avaliación.

    Publicación das cualificacións:

    O profesor ou profesora que actúe como secretario do tribunal de avaliación fará públicas as cualificacións nun prazo máximo de sete días lectivos desde a data de defensa dos traballos.

    Revisión das cualificacións:

    No momento de facer públicas as cualificacións, o tribunal de avaliación fixará as datas de revisión das mesmas consonte o establecido na normativa da Universidade de Santiago de Compostela sobre esta materia.

    Matrículas de honra:

    Unha vez rematada a última convocatoria para a presentación dos traballo de fin de Grao do curso académico, e tendo en conta os traballos presentados, a Comisión dos Traballos de Fin de Grado pode outorgar “Matrícula de Honra” a aqueles traballos que obtivesen unha cualificación superior a 9, sen que o número de matrículas de honra poida exceder do límite establecido pola normativa da Universidade.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O traballo de fin de Grao forma parte do plan de estudos da titulación de graduado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela cunha carga lectiva de 6 ECTS, o que equivale a 150 horas de traballo persoal do alumno, incluidas as horas de titorías e a presentación do traballo ante o tribunal de avaliación.