G3161442 - Dereito Constitucional e Unión Europea (Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
- Áreas: Dereito Constitucional
- Centro: Facultade de Dereito
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaInformar e dar a coñecer os novos desenvolvementos que afectan tanto á Constitución como a sua relación coa UE como a constitución material desta (o que pode implicar a introducción de alteracións no decurso das explicacións).
ContidosCONTIDOS BÁSICOS DA MATERIA
Constitución española e integración europea.
Modelos de organizacións políticas, de constitucións de de integracións.
Modelo constitucional da UE.
Constitucións nacionais e constitución europea.
Outros aspectos salientables.
Conclusións.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
LIBROS RECOMENDADOS, PERO NON OBRIGATORIOS:
Pereira Menaut (ed.) e outros: “Código Constitucional de la UE”, Santiago, Andavira, 2012; Pereira Menaut-Cancela Outeda, “Resetting the EU Constitutional Engine”, Regensburg, 2012; e outros que se facilitarán nas clases.
CompetenciasCompetencias
A) As previstas no vixente plano de estudios para esta materia, accesibles no correspondente sitio web da USC.
B) Coñecer o dereito constitucional da UE e a súa relación có español.
C) Espíritu crítico e sentido común.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía da ensinanza
As clases son casi todas participadas.
Como norma xeral, non se dictan apuntes.
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación da aprendizaxe
A cualificación final compoñeráse de tres partes: 1ª) participacións nas aulas, 2ª) traballos, e 3ª) exame (haberá só un exame final da asignatura completa, a final de curso).
AS PARTICIPACIÓNS nas clases poden sumar ata un máximo de 1.5 puntos sobre 10; os traballos ata 1.5, e o exame ata 7.
OS TRABALLOS deberán ser de ata un máximo de 4.000 palabras (5.000 se son de máis de un autor), escritos necesariamente a mán, impecables de presentación, ortografía e redacción. Cando os autores sexan máis de un deberá facerse constar con toda claridade de qué parte é responsable cada quén. Se pode tomar inspiración de outros autores e usar calquera fontes, pero facendo constar expresamente entre comiñas todo o que se tome de outro (cando non sexa literal haberá que citalo, pero non entre comiñas). Ao final do traballo haberá unha lista con toda a bibliografía, fontes e documentación utilizada, moita ou pouca. Serán valorados polo que sexa traballo personal de quen o firme, e teñen que ser creativos e orixinais. Como para facer os traballos os estudiantes dispoñen de todas as facilidades, a calificación será particularmente dura.
A modalidade de exame será oral pero se pode facer tamén escrito, neste caso con libros abertos. Pódense utilizar, para respostar ás preguntas, os libros que desexen, pero non fotocopias de ningún tipo, apuntes (de ningún tipo), nin textos constitucionais demasiado comentados. Ainda que o groso do exame será esa parte que se debe repostar con libros abertos e na que se valorará sobre todo o razonamento, haberá tamén antes de nada unha parte máis breve e fácil pero eliminatoria destinada a valorar os coñecementos mínimos que todo estudiante debe ter (común a oral e escrito). Quen non supere eses coñecementos mínimos, que se publicitarán con antelación, non poderá aprobar.
En todo caso poderán facer o exame oral voluntariamente todos os que o desexen, e terán que facelo necesariamente todos os que aspiren a 9 ou 10.
Cando un estudiante non se presente ó exame final, as prácticas e traballos que teña feito non se evaluarán, e a nota será "non presentado".
A nota de prácticas, interactivas e traballos non se manterá para ulteriores convocatorias
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
O estudio universitario é libre por definición.
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións para o estudo da materia
Cognitio causarum.
Pensar cada un pola súa conta.
Estar atento a realidade tanto europea como española como galega.
Utilizar a xurisprudencia.
ObservaciónsObservacións
O programa do apartado “Contidos”, supra, recolle só os grandes temas. Ao escomenzar o curso poñeráse ó dispor dos estudiantes na fotocopiadora da Facultade un programa impreso có máximo detalle posible, de xeito que se facilite ao máximo o seguemento das clases.
Este programa pode alterarse se os acontecimientos políticos e constitucionais en España e na UE o impoñen así.